Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de enero de 2018

BENQUERIDOS REIS MAGOS!!



Todos os anos me pasa o mesmo, espero ata ó último momento para escribir a carta ás nosas Maxestades de Oriente. Será por eso que non todo o que pido, poden traelo.

Fai dous anos fixen unha carta ó estilo twitter, pensando que os Reis Magos tiñan conta nesta rede social e que así chegaríalles enseguida, pero non deberon de ter tempo de ver o meu chío, e todo quedou en auga de castañas. 

Quedei tan amolada que o ano pasado non lles pedín nada, de nada... e co conto da famosa reválida pois aínda peor ... porque me parecía que iba ser equilicuá..  

Este ano, fixen un debuxo para ver se o meu soño se convirte en realidade. En realidade, tan só pido unha cousa, para ver se así hai sorte e tamén,  para que non me pase o mesmo  ca cando a escribín da outra vez. Debeu de ser porque puxen demáis...

Así que, queda dito... e ademáis tamén se dice que unha imaxe vale máis ca 1000 palabras.

sábado, 30 de diciembre de 2017

OS MEUS FIRMES PROPÓSITOS

Todos os anos cando chegan estas datas, lembrámonos de marcar unhas metas, uns obxectivos. Debe de ser por aquelo que dí o refrán de " ano novo, vida nova" A verdade é, que no meu caso, acórdome máis en setembro, cando empezamos o curso. Aínda así, aí van os meus firmes propósitos

A ver se os dou cumprido!!! A ver se non me pasa o mesmo ca cos típicos tópicos como: 

Deixar de fumar.
Empezar unha dieta.
Estudar inglés.
Facer deporte dúas veces á semana.
Ir a clases de yoga.



miércoles, 6 de diciembre de 2017

SON MÁIS FORTES AS MULLERES POR CALAR COS HOMES POR BERRAR

O luns 13 de novembro, publiquei unha entrada sobre a violencia de xénero. Neste artigo animaba ós titores para que abordasen este tema, con algunha proposta de actividades para desenvolver nas aulas.
A resposta e a alta participación do alumnado non se fixo esperar,  grazas á colaboración das titoras e titores.  
O encabezamento que leva este texto, está recollido nunha das ilustracións que aparece no percorrido virtual que podes facer máis abaixo, para observar como o noso alumnado quixo expresar a súa rabia e indignación ante o maltrato, despois de tratalo nas hora de titoría. 
Merecen tamén mención, as seguintes ideas, destacadas polas nosas alumnas e alumnos:
  • "Ni golpes que hieran, ni palabras que duelan"
  • "Ni una menos"
  • "El maltrato no cabe en una sociedad justa"
  • "Aunque la disfracen con amor sigue siendo violencia"
  • "Que el miedo no te impida denunciar"
  • "No a la violencia de género porque eres libre, y callada no estás más guapa"
  • "¿Qué haces así vestida? ¿Que pasa, no había ropa de tu talla?
  • "¿A dónde vas maquillada? Pareces un payaso.
  • "Si te pega, no te quiere. Los únicos que pueden hacerle daño a una mujer son sus tacones".
  • "El único que puede darle patadas a una mujer es su hijo, antes de nacer"
  • "Ponte fin para tener un principio"
  • "No hagas trato con el maltrato"
Powered by emaze

viernes, 10 de marzo de 2017

AS MULLERES E OS HOMES BAIXO O MESMO SOL



Hoxe tiven, como cada venres, clase de valores en 1º ESO B. Xa levamos algún tempo traballando sobre o papel que desempeñan as mulleres nas nosas vidas. Moitas delas estiveron anuladas ou invisibles ó longo da historia. 

O alumnado estivo a facer unha labor de investigación sobre as mulleres nas súas familias. Tiveron que confeccionar unha árbore xenealóxica e escoller algunha antepasada que destacase pola súa contribución á sociedade ou a súa dedicación e entrega á familia. 

Analizamos porqué unha gran maioría adicouse a coidar da familia, ese rol tradicional que a sociedade esperaba delas, eses estereotipos de xénero, que aínda hoxe están moi arraigados na nosa sociedade.

Cada alumno expuxo oralmente quen foron as mulleres da súa familia e en moitos dos casos, que rol lles asignou esta sociedade machista. Eu diría que son mulleres 24/7. Sí , son as que traballaron e traballan as 24 horas do día e os sete días á semana.

Aproveitando que este mércores foi o día da muller traballadora, que mellor que facer unha exposición de todos os traballos feitos polos alumnos, no corredor do centro. FACER VISIBLES A ESAS MULLERES... Só nos faltaba poñer nomes a esos traballos que realzase e lles dese protagonismo. Para iso, púxenos a traballar en grupos cooperativos seguindo unhas recomendacións que atopei no blogue xustifica tu respuesta. (Espero poder poñer esto máis en práctica para sacar as miñas conclusións).

Saíron cousas tan interesantes como o título que fai honor a esta entrada. A consigna foi que pensasen en que as mulleres queríamos ser iguais cos homes, nen máis, nen tampouco menos...

sábado, 18 de febrero de 2017

ESCRITO A  POST-A 


Moitos de nós, grazas a revolución da web 2.0 atopamos un xeito de amosar o que facemos no día a día nos nosos centros, de expresar o que sentimos, de contarlle ó mundo enteiro o que pensamos, de poñer en palabras aquelas experiencias que nos gratifican e tamén,  porqué non,  de manifestar o noso malestar ou cabreo, de berrar ben alto, para ver se así, grazas ó eco-eco das redes sociais, eses alto falantes, lles poida chegar o que aquí quero dicir, ós nosos mandamáis.  

Como moitos de vós sabedes, no día de onte, houbo outra folga para derogar a LOMCE. Seguramente vos dades conta, de que non son devota desta lei por non decir que me dá noxo, pero se a estas alturas temos que rediseñar a organización do ensino, menuda feira... 

Escoitei ou lin, que os nosos xerifaltes, andan a debatir sobre o tan desexado pacto social para unha lei educativa, que sexa para moito tempo, que sexa transformadora, que responda ás necesidades sociais do século XXI... Serán capaces de entenderse? Deixarán de lado os seus intereses partidistas para chegar a un consenso? Daranse conta de que teñen que elborar unha lei, na que todas as alumnas e alumnos teñan cabida?  que sexa inclusiva e non segregadora?, que sexa capaz de dar unha resposta educativa a todos eles? , que non se perdan talentos e potencialidades de tantos alumnos que abandonan ó noso sistema educativo e que poderían ser esenciais para esas futuras profesións, que aínda están por inventar....?

Como dicía máis arriba a web 2.0... bueno agora debemos de ir por unha versión máis... 3.0 ou que sei eu... supuxo unha eclosión ( entre outras cousas ) de blogues de moitos profesionais que traballamos no eido educativo. Para min persoalmente foi algo máxico, por moitas razóns, pero se teño que destacar algunha, sería albiscar o que outros fan, facer o que outros fan, sendo un aprendiz en prácticas que aínda se está formando, aprendendo deses "profesores pico"...

Se escribo toda esta parrafada é, porque moitas veces penso, que se os nosos dirixentes fixeran o mesmo... poderían deixar a un lado todos os seus escarceos políticos e poñerse a ler tantas opinións, experiencias, reflexións, desacougos, debates dos que estamos a pé de obra, para poñerse a falar dun verdadeiro pacto pola educación. No Nadal de fai dous anos,  escribín unha carta os Reis Magos na que lles pedía algo parecido ó que acabades de ler, pero non me trouxeron os agasaios que pedín e máis penso que cumprín coas miñas obrigas...


miércoles, 25 de enero de 2017

UN DÍA COMA UN DE TANTOS...


Fai algún tempo lín un artigo dun orientador ou orientadora (xa non me acordo ben) e contaba o día a día na nosa profesión. Pareceume unha boa idea.  Así que agora eu sinto a mesma necesidade,  contarlle ó mundo enteiro, que diantres fago un dia dos tantos,  que vou ó meu centro de traballo.

Dende fai aproximadamente dous meses teño a costume de anotar nun diario todo o que vou facendo. Ás veces non é dotado lévalo ó día, pero máis ou menos vou cumplindo. Cundo empecei pensei que non iba a ser moi sistemática pero co tempo funme dando conta de que para min é como unha especie de memoria externa que, visto o visto,  doulle uso para un sinfín de cousas: reunións de titores, entrevistas con nais/pais, alumnas/os...

Como seguramente moitos de vós,  a primera cousa que fago ó chegar pola mañán, é encender o ordenador e xa de paso abro o arquivo deste diario, que permanece minimizado no escritorio, ata que me marcho. Vou escribindo según vou arranxando as  cousas para que queden rexistradas. 

Pero neste post non quería falar do meu diario e non me quero ir do tema.... Ben... que fago no traballo? Poñamos por caso o día de hoxe: 

O primero que tiven que facer foron esas odiosas labores burocráticas, que de vez en cando a administración nos pide e que por máis que o pense, non lles atopo ningunha explicación e a esta en concreto, menos. Chámase DRADI,  trátase dunha recollida de datos estadísticos do alumnado, que tanto lles gustan ós que nos governan. Como se o ensino , fora tan fácil darlle unha solución cas "catro reglas" que decían antes !! Estas siglas responden a " recollida de datos sobre atención á diversidade, que falando en cristiano son os alumnos que temos con "necesidades específicas de apoio educativo". Hai que poñerlles unha categoría ( eu chámolle o San Benito). Unha etiqueta máis para segregar, excluir e xustificar metodoloxías que deberían de estar no caixón dos recordos e que responden ó diagnóstico clínico. Ou sexa máis números e non é que renegue dos números porque se eso valera, para facerlles ver a quen nos governan, de que as ratios en Secundaria non poden ser de 30 e se traducirá en máis recursos,  benditos sexan os números, como se teño que estar toda a mañán, pero esto non é así , e  xa non son unha nena nesta profesión. 

Mientras estaba co reconto,  tiña  unha alumna no departamento que estaba facendo unhas probas para avaliar as súas capacidades e entre tanto e tanto, co ordenador. Cando fago esta tarefa gústame por os catros ollos, para ter a máxima información posible e sobre todo aquela que non vas a acadar cos resultados das mesmas, pero hoxe,  esto non foi posible,  porque a administración poñía uns plazos para cubrir o DRADI ( e se lle chamamos ADN dos alumnos ...:). Finalmente como xa dixen antes, todo isto quedou grabado nesa memoria extraíble, da que falei antes. 

As chamadas telefónicas tamén son outro frente en orientación. Ás veces síntome como se fose un "call center " e dáme moita rabia porque según me teñen contado, hai xente que non dá contactado conmigo. Cando penso isto, vénseme á cabeza aquelas veces que tiven que chamar a compañías de seguros ou de telefonía móvil... e póñenche a músiquiña en espera... e tanto que se esperas... podes estar toda unha mañán. 

A mediamañán tiven que facer de pano de lágrimas dun alumno,  que non foi capaz de xestionar ben , as relacións cos seus iguais e iso tivo como consecuencia unha trifulca entre eles. A escoita activa é fundamental para o noso traballo. Se sabes facelo ben, tes un 90% de posibilidades de que todo se resolva. Sirve para que a persoa que tes diante, se libere dese torrente de emocións e que  volva á calma  e así pode  analizar a situación,  sen que a amígdala nos xogue unha mala pasada. Por sorte, penso que as augas volveron ó seu cauce. Pero.... imos ver mañán... Entre medias, xa estaba esperando á porta do departamento, a logopeda que tiña citada. para facer labores de coordinación e poñernos dacordo na intervención cunha alumna. 


Teño que confesar que o tema da formación ocupacional nunca foi un dos meus fortes pero chega un momento que tes que encarar a situación e sobre todo porque pode ser unha alternativa paralela e complementaria coa formación profesional reglada. Así que ese día chegou e hoxe pola mañán tiven que poñerme tamén con eso... pero esto será para cando escriba outro post. Aínda así, tampouco puiden poñerlle moita atención porque xa tocaba a nosa reunión semanal co equipo de convivencia e mediación. Por certo, concedéronnos o contrato-programa na modalidade de convivencia e grazas a esa axuda económica, vamos facendo algunha cousa, en pro da resolución pacífica dos conflitos , que forman parte das nosas vidas.

Como vedes un ten que ser experto en moitas cousas... pasamos de ser "paquistanís" a ser imprescindibles... esto é bo... significa que se puxo en valor ás orientadoras e orientadores. 


E xa por último, e volvendo ó conto do diario, a miña memoria auxiliar quedou sen completar... cando volva mañán teño que escribir o que me falta... claro que será fácil porque escribir esto vaime axudar....o peor son outros días.


E agora sí que remato, dicindo que o que estou a contar foi o que fixen...sí sí hoxe día 25 de Xaneiro.

lunes, 2 de enero de 2017

 MANNEQUIN CHALLENGE CON VALOR EDUCATIVO


Aproveitando o tirón que os mannequins challenges están a ter na nosa sociedade e por ende o noso alumnado, propúxenlles,  a un grupo de 1º de ESO que está a cursar a materia de valores éticos, que fixéramos como producto final unha gravación de este estilo. A actividade foi moi ben acollida e a producción de ideas foi fantástica. 

Son un total de dezaoito alumnos. Ides ver como se puxo de manifesto a intelixencia colaborativa. O primeiro que lles dixen foi, que tiñamos que representar algo que tivese que ver coa materia que nos ocupa. Dende o primeiro día de clase, todos eles saben, que todo o que traballamos ten que ver cos valores que se proclaman como universais. Enseguida, alguén dixo, que podíamos facer unha perfomance sobre os " refuxiados ". Todo encaixaba moi ben e ademáis tamén se enmarcaba dentro do proxecto, que se está a traballar no centro de xeito interdisciplinar, que leva como título "HUMANO". 


Despois, formos repartindo distintos roles e o material que tiñamos que traer entre todos, para vestir e darlle ambiente as imaxes petrificadas que se iban representar: 
  • Un periodista coa súa cámara fotográfica
  • Os refuxiados que chegan enfermos e deshidratados
  • Os refuxiados que perden a súa vida no intento de atravesar o océano
  • Os refuxiados lisiados con muletas
  • Os nenos famentos
  • Personal das ONGs repartindo auga e alimentos
  • Un refuxiado pedindo auxilio cun cartel SOS
O último que nos quedaba por maquinar era,  donde o podíamos facer,  porque nunha aula non nos parecía o escenario máis axeitado. Así que decidimos, que se o ximnasio non estaba ocupado, sería o mellor sitio para facelo,  por aquilo de que cando os inmigrantes están recén chegados, permanencen en recintos amplos, como os pavillóns. 

Velaquí o video

sábado, 10 de diciembre de 2016

A AMIZADE REPRESENTADA NUN CÓMIC


Antes de nada, o primeiro que debo de  dicir é que a miña fonte de inspiración para este post foi Ada Agrasar Valcárcel e algúns dos seus compañeros e compañeiras da súa clase. 

Veredes, todo empezou cando un día decidín traballar o tema do " respeto ás diferencias" a través da animación dun corto maravilloso que vos recomendo, se é que aínda, non tivestes a ocasión de velo. A temática central é do mesmo estilo , que podedes atopar tamén en "El cazo de Lorenzo" "Por cuatro esquinitas de nada" . 

Todos eles son altamente recomendables para sensibilizar e tomar conciencia de que todos somos diferentes,  pero ó mesmo tempo todos somos iguais , porque aínda que non hai dous individuos iguais,  no fondo todos queremos ser aceptados e estar integrados nun grupo. 

Vénseme á tarabela, cando escribo esto, que ata nós mesmos,  profesionais da educación, non somos coherentes...estámos pedindolle ó alumnado que non segregue, que non aparte, que sexa acolledor, que non discrimine... e paradóxicamente facemos caso omiso do principio de inclusión educativa,  que debe de primar na atención á diversidade do alumnado. Aclaro mellor isto, inclusión educativa: NINGÚN alumno sae da aula dos seus iguais, pola contra, exclusión educativa: determinados alumnos saen a aula de apoio. E quen vos parece que somos os responsables? NÓS MESMOS. Ou sexa, excluímos, separamos, segregamos, ferimos sentimentos. Teño que confesar que algunha vez doeume o corazón cando lle tiven que dicir ás familias e ó propio alumno que tiña que sair unhas horas á semana para que lle axudasen coas mates ou as linguas... e despois enchésenos a boca nas avaliacións cando decimos que ten baixa autoestima.

Deixando esto a un lado, que non é POUCO.... sigo a contar como traballamos o corto do que falaba máis arriba. Supoño que coma moitos  profes, o valor educativo de calquer corto, non é tanto a proxección en sí , como o debate, a análisis e a reflexión que calquer docente tenta a facer co alumnado. Non é doado de facer ou polo menos a mín non me resulta fácil, tamén ten que ver a idade evolutiva dos alumnos. A metodoloxía que sigo é a dos "círculos restaurativos". A disposición como o seu nome o indica é sentados en círculos, e procuro que tódos os alumnos teñan a oportunidade de expresar o que pensan e algo máis difícil " o que sienten".  Pois ben, a lectura ou significado que lle demos ó corto foi en resumen " os lazos de amizade que se establecen entre a protagonista e un neno que vai en cadeira de rodas. 

Unha vez rematada a sesión, pedinlles a cada alumno, que expresanse no formato que quixeran,  a amizade. Todos sabemos que este  aspecto  cobra unha grande importancia na adolescencia. Por certo, esquecín dicir que os alumnos son un grupo  maravilloso de 1º de ESO e que este año tiven a sorte de impartirles a materia de valores éticos. Aquí podedes ver como representa Ada Agrasar Valcárcel a amizade que se establece entre dúas amigas,  que se coñecen a través dun intercambio entre centros educativos e a quen teño que agradecerlle,  que quixese compartir con todos vós este divertido e entrañable cómic. Terán algo que ver os intercambios que organiza o Departamento de Francés? Téñolle que preguntar... 












domingo, 2 de octubre de 2016


UNS APUNTES PARA TER EN CONTA NOS PROCESOS DE MEDIACIÓN

Son da opinión de que non debemos de enconsertarnos nun único enfoque sobre cualquer disciplina ou ámbito do saber. Noutras palabras, gústame levar a práctica eso que se dí “ ser ancho de miras”. Por esto mesmo, cando se me ofreceu a posibilidade de acudir a un encontro de profesionais que traballan en casos de mediación dende o mundo da abogacía, non o pensei dúas veces.

Fixádevos, o nome que levaba como título estes encontros,  era “ 1º Laboratorio de mediación familiar” espacio colaborativo de debate, reflexión e creación conxunta. Estaredes dacordo conmigo  de que,  a pouco que a un lle gusten estos temas, vese tentado a asistir, para escoitar o que dicen,  pensan e aportan outros profesionais.

A asistencia a este laboratorio cumpriu con creces as miñas expectativas. Aprendín cousas, que sería difícil atopalas no mellor dos manuais que hai publicados sobre mediación. E a eso vou...

Quedei estupefacta cando me explicaron o que é un “genograma”. O mellor para algúns pode ser unha simpleza pero para min foi algo novo. É algo así como un árbol xenealógico,  que se utiliza para coñecer a estructura familiar e as relacións que se establecen entre eles pero non só biológicas. É dicir pódenos dar información detallada de cómo é a convivencia entre os membros dunha unidade familiar, tendo un acceso rápido a contidos cunha forte carga emocional. No ámbito da educación temos algo parecido que é o sociograma para avaliar as relacións que se establecen dentro dun grupo-clase. Cando estaba escoitando esto, ocurríuseme que podía ser de utilidade cando nos centros educativos, algún alumno che está describindo unha situación conflictiva na que interveñen varias partes en conflito e ás veces pérdeste entre tantos nomes e como actuou cada quen. Sería algo así como un organizador gráfico que axuda a clarificar o acontecido. Alguén dicía que había ferramentas online que ayudaban a facer esta tarefa

  • Tamén aprendín que un abogado que defende o seu cliente nunca podería desempeñar o rol de mediador entre as dúas partes porque no caso de non chegar a acordo e ir pola vía xudicial, esta información non podería ser utilizada pola confidencialidade dos procesos de mediación. Por outra banda, as partes estarían condicionadas e non se establecería un clima de confianza.

  •  A todos nos pareceu importante que a colocación dos mediados é mediadores  non debe de ser o chou. Sería máis ou menos unha disposición parecida a que se pode observar neste gráfico.


  • A co-mediación ou o que é o mesmo a intervención de dous mediadores facilita os procesos de mediación. Saber facer preguntas abertas é fundamental para acadar a máxima información e resulta máis doado se o peso recae en máis dunha persoa. Tamén facilita a observación da linguaxe non verbal dos mediados proporcionando tantos o máis datos ca linguaxe verbal. É fundamental que os mediadores fagan un "análise de casos", para ver que erros se cometeron, que dificultades atoparon...
  • Foi unha lástima que entre os asistentes só estivera eu como representante do eido educativo, xa que nese caso as aportacións serían máis enriquecedoras. Todos chegamos á conclusión de que implantar nos centros educativos, programas que fomenten a formación de mediadores e o diálogo como ferramenta de resolución pacífica de conflitos, evitaría que moitos casos xudiciais se resolvesen pola vía penal e seguramente se solucionarían dun xeito amistoso.

  • Polo que puiden comprobar, no eido xurídico non hai "cultura de mediación", no sentido de que moitos non teñen un coñecemento en profundidade e confúndena coa negociación. A maiores, non todo o colectivo ten fe cega en que pode ser efectiva. Esto non é moi diferente do que pasa nos centros educativos, amén de que tampouco non hai un apoio institucional, a pesares de que o poñen "bonito" na lei de que convivencia, pero é só para que quede ben, e os centros que arreglan como poidan e mellor, se hai algún que se lle dé por pensar que a educación é algo máis que "as listas de materias top".


miércoles, 25 de mayo de 2016

PROBANDO A ORIENTAR 



Este ano quixen dar un paso adiante na comprometida tarefa de orientar. Para facer isto fíxenme valer dalgunhas ferramentas que os orientadores temos ó noso dispor e que están recollidas en varios blogues de orientación e tamén neste ( vexase esta colección).

Tamén quixen probalas en primera persoa,  co alumnado e non canalizalo a través do titor. Son unha das poucas orientadoras afortunadas, que atende a douscentos e pico de alumnos que este ano hay no centro. 

En concreto, este ano podo falar de dúas probas de orientación vocacional. Unha delas é o GR ou gran recorrido de Educaweb e a outra é o programa Orienta. 

A miña experiencia coa primeira das citadas non é moi positiva. Son varias as razóns que me levaron a pensar isto e a dicir verdade tampouco me quedaron moitas ganas de repetir. Expoño algunhas:

- Para empezar hai que rexistrarse e isto non é un inconvinte en sí mesmo pero constatei  ( xa o sospeitaba de antes ) que o alumnado non utiliza o correo electónico como ferramenta habitual. Unha vez arranxado este asunto, o informe que xenera é dificil de dixerir e explícome: aínda que a información que proporciona é moi completa, este feito fai que o ser demasiado extenso resulta complicado simplificala. Como dí o refraneiro " o breve é bo é dúas veces bo". Aparecen tantas ligazóns a diferentes seccións da páxina de educaweb que se perde un.

- Outro atranco que tiven foi que o gardar o informe en formato *odt non resaltou as cores , nen subliñados que axudaban a entender parte dos datos. Fago unha captura para dar conta do que digo:


- Por último, eu pensaba que posto que inicialmente teñen que rexistrarse coa conta de correo electrónico, unha vez cuberta a enquisa,  automáticamente se faría un envío cos resultados, pero isto non é así. Sí, sí .... xa sei que esta páxina ofrece uns servizos a cambio de fins comerciais.... En fin,  o mellor é posible que eu non fose capaz de sacarlle gran proveito e outros profesionais da orientación sí...

Polo contrario ó Programa Orienta sí que lle vin máis utilidade. Tanto é así,  que con cada alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelto, elaborei un informe individualizado con orientacións concretas. No seguinte documento recollo algúns deles para 1º de Bacharelato ,  mantendo o anonimato. E TI QUE ACONSELLARÍAS.......????    

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...