martes, 20 de marzo de 2018

PROBAS FÍSICAS PARA Ó ACCESO O GRAO DE CIENCIAS DA ACITIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

Accede á información premendo co rato nos distintos apartados. Ten en conta que a superación destas probas, mantense ata o curso 2020-2021 incluído este.

jueves, 15 de marzo de 2018

AS CONVERSAS EDUCATIVAS "TED" NO IES NEIRA VILAS

Combinando (Tecnoloxía+entretemento+deseño) temos as conversas TED que tratando de buscarlle outro significado, tamén poderíamos ter ( Tecnoloxía+Educación+Diversión). De todo esto vos conto agora, pero empezo polo principio.
Xa falei noutro artigo, que no noso centro, estamos a traballar este curso o proxecto de " A Paisaxe".É o equipo da biblioteca quen se encarga de dinamizalo, propoñendo para este segundo trimestre, algo innovador tanto polo seu formato como polo feito de que supuxo un traballo colaborativo. Varios profesores e eu mesma demos unha clase TED cos dous grupos de 3º de ESO, seguindo o formato destas charlas. Como seguramente xa sabedes, son exposicións TED de corta duración. No noso caso procuramos axustalas a un máximo de 10 minutos. As temáticas foron as seguintes: 
  • Introducción
  • Paisaxes musicais
  • A paisaxe máis pequena
  • Paisaxe cerebral das intelixencias múltiples
  • A paisaxe interior
  • Medir edificios con google maps/ feismo arquitectónico
  • Busca de lugares en mapas e ortofotos na contorna de Perillo
  • Paisaxes a través da metereoloxía
  • Dereitos ecolóxicos
  • Paisaxe e poesía: os territorios da lírica
Eu fun a resposable da charla sobre "a apaixoante paisaxe cerebral  das intelixencias múltiples". Aquí tedes a presentación que seguín para ter esa conversa educativa.

O resto de presentacións están recollidas na ligazón á páxina web do meu Instituto, que vos adxunto:
https://iesneiravilas.es/2018/03/neirated/

sábado, 10 de marzo de 2018

XXVI XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (CONCELLO A CORUÑA) 

"Coruña Orienta" leva organizando dende fai nada máis e nada menos 26 anos, estas xornadas anuais. Ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

As Xornadas divídense nas seguintes actividades:

  • Unha semana de presentación de estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas mediante a organización de diversas mesas informativas. Nesta semana tamén se presentan outro estudos profesionais como son os de policía e forzas armadas.
  • Unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos.
  • A presentación dos Estudos Superiores de Deseño e Arte Dramático.

jueves, 8 de marzo de 2018

LOITANDO POR ROMPER ESE TEITO DE CRISTAL


Esta semana estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a "Muller e a Ciencia". A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo. O seu campo de investigación son as fórmulas cosméticas con principios activos galegos. Cito textualmente que lle gusta moito a divulgación científica e despertar vocacións científicas, coa ilusión de que a ciencia mellore o noso mundo.


Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos.
A continuación preguntou ao noso alumnado se alguén coñecía a María Josefa Wonerbunger. Unha vez máis decatámonos con estupor, como unha brillante matemática nada en Montrove ( Oleiros ) non era coñecida por ninguén. Xa vedes, unha mostra máis, do duro que é saber como se sigue silenciando e enmudecendo as mulleres. 

Pero aínda é máis humillante saber que a  GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS, se lles usurpase a autoría dos seus descubrimentos científicos, por mentores e parellas para evitar conflictos nunha sociedade, donde ata fai pouco estaba mal visto que a muller tivese educación e opinións propias. 

Ou non é verdade, que en moitas das familias decidían proporcionarlle formación e educación, ós fillos varóns, negándolles as mulleres esta posibilidade. Aínda é maís espantoso pensar nas dotes que as familias tiñan que pagar para casar as fillas. As mulleres como moeda de cambio.

Neste estracto da película de "Talentos Ocultos" ilústrase o que se acaba de mencionar.




A lista de mulleres é interminable. Algunhas delas están recollidas neste taboleiro nun documento elaborado polo Instituto Monte das Moas. Tamén aparecen varias presentacións, unha delas leva como título "Eu son coma ti" elaborada por Cristina  Corral Soilán , outra "Homenaxe a mulleres inventadas de todos os tempos" polo IES Monte das Moas e a terceira está elaborada polo Equipo de Igualdade e Diversidade do IES Politécnico de Vigo " Son feminista ". E por último un video que amosa 33 cousas que foron inventadas pola mulleres.

Hecho con Padlet

viernes, 2 de marzo de 2018

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Xa vai polo cuarto ano que visitamos as facultades de A Coruña. Asistimos 20 alumnos e dous profesores. É o SAPE ( servizo de asesoramento e promoción do estudante ) quen se encarga de organizar estas visitas. Os alumnos tiveron que escoller entre catro itinerarios distintos:
1. Enxeñaría e Arquitectura: este itinerario abrangue a Escola Técnica Superior de Arquitectrua, Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Escola Técnica Superior de Náutica, a Facultade de Informática e a Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos.
2. Artes e Humanidades: Facultade de Filoloxía
3. Ciencias Sociais e Xurídicas: Facultade de Socioloxía, Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Dereito, Facultade de Económicas e Facultade de Actividades Físicas e Ciencias do Deporte
4. Ciencias e Ciencias da Saúde: Facultade de Ciencias, Facultade de Fisioterapia, e Facultades de Ciencias da Saúde. 
Agás o itinerario de humanidades, no cal tan só unha alumna estivo interesada, o resto de alumnos repartíronse, con igual número, para os tres restantes.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...