sábado, 23 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 3ª ENTREGA


Sofía Álvarez Fernández de 3º de ESO tamén quixo facer a súa contribución, explicando a materia de Cultura Clásica,  para o alumnado de 2º de ESO.


Merece a pena vela! Sofía nos dá outro enfoque, que complementa o que nos explica Guada, no seu video

Parabéns, Sofía! Dígoche o mesmo que a  Guada: Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!

jueves, 21 de mayo de 2020

VIDEOS DOS GRAOS UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


A Universidade de A Coruña  levou a cabo unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais, nas que os visitantes ( estudantes e familiares) coñeceron por dentro a UDC e puideron interactuar cos responsables das titulacións, os pasados 23 e 24 de abril.

Tamén coñeceron os servizos e unidades, que lles van facer máis fácil e atractiva, a VIDA UNIVERSITARIA
  • UDC Internacional
  • residencias públicas, 
  • centro de linguas
  • cultura
  • deporte
  • cooperación e voluntariado
  • atención á diversidade
  • acción titorial
  • asociacións estudantís
  • emprego...
Unha gran parte destas videoconferencias están grabadas como repositorio de contidos na páxina da UDC.

Nesta ligazón pódese consultar o listado xeral con todas as gravacións:
Nesta outra ligazón aparecen as videoconferencias organizadas por ramas de coñecemento:


miércoles, 20 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 2ª ENTREGA


Velaquí temos a Guadalupe Ghosn, explicando a materia de Cultura Clásica. A súa forma de presentar, con tanto entusiasmo, os contidos desta materia optativa, aportan un valor engadido á mesma. Dalle moita cor e sabor! 
A axuda entre iguais tamén ten cabida na orientación académico-profesional!!
Parabéns, Guada! Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 1ª ENTREGA

Esta vez foi Hugo Alonso Agulló, alumno de 2º de ESO, quen quixo contribuir a explicar a materia de Educación Financieira para o alumnado de 1º de ESO

Xa vedes, en tempos de confinamento, a aprendizaxe entre iguais tamén é posible poñéndolle gana, como fixo este benquerido alumno.

Moitas grazas Hugo!

domingo, 17 de mayo de 2020

¿QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2020. A VOZ DE GALICIA

A Voz de Galicia, publicou hoxe  17 de maio,  a segunda edición da guía de estudos superiores. 

CONTIDOS:
  • Graos universitarios e ciclos de F.P. de grao superior  agrupados por cores  para unha fácil identificación, segundo a rama de coñecemento.
  • Estudos de Artes Plásticas e Artes Escénicas 
  • Másteres
  • Na explicación de cada grao universitario aparece:
  1. Centros universitarios de Galicia onde se poden cursar
  2. Nota de corte en cada universidade 
  3. Plazas libres no curso anterior se é o caso 
  4. Se se trata dun doble grao 
  5. Materias de Bacharelato que ponderan para cada grao
  6. Características e salidas profesionais de cada título.
  • Na explicación de cada ciclo superior de Formación Profesional figura:
  1. Centros educativos onde se poden cursar
  2. Características do ciclo e saídas profesionais
  3. Nota de corte de Bacharelato se é o caso.

Fai click para a descarga en PDF

Aquí podes atopar un visión interactiva que facilita a búsqueda dos diferentes estudos. 

lunes, 11 de mayo de 2020

GRAO ABERTO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

No próximo curso, dará comezo un grao aberto no campus de Lugo. O nome que lle dá a Universidade é  5USC Enxeñarías porque permite ao alumnado escoller libremente materias de 5 graos diferentes durante o primeiro e segundo ano de carreira para despois decidirse por unha carreira concreta no ámbito da enxeñaría.
Os graos son:
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Robótica
Aquí tes o díptico con máis información.

domingo, 10 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CUN VIDEO SOBRE AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

Velaquí tes o video interactivo con preguntas.

jueves, 7 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE O PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE

Poñámonos na situación de que superaches as ABAU e tes que solicitar praza na Universidade. Que tes que facer? Velaquí tes este video no que che explico o procedemento. Contesta ás preguntas para comprobar que che queda claro.

martes, 5 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO EN 1º DE BACHARELATO


Mira este video respondendo ás preguntas que van aparecendo. Fíxate ben nas materias que vas  escoller en 2º de Bacharelato. Faino vendo que posibiliades che dá de cara a Universidade.
Tamén che falo doutros aspectos que precisas saber:
  • Notas de corte e prazas que se ofertan neste curso para cada grao.
  • Graos internacionais na universidade de A Coruña
  • Grao abertos na universidade de A Coruña
  • Sistema de créditos
  • Dobre graos en Galicia
  • Graos de nova implantación para o curso vindeiro.

lunes, 4 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE AS ABAU


Velaquí tes este video sobre as ABAU, no que che explico:

  • Materias das cales te examinarás na fase obrigatoria e voluntaria.
  • Cualificación das mesmas
  • Cálculo de nota de admisión á Universidade
  • Peso de cada materia para cada grao universitario segundo os grados de ponderación
  • Ligazóns de interese.
No video aparecerán preguntas para, de cando en vez, para ir comprobando o que sabes...

TELEORIENTANDO CUN SEGUNDO VIDEO EN 3º DE ESO

Neste segundo video explicareiche a relación que teñen as materias de cuarto de ESO con cada modalidade de Bacharelato.

OLLO: Fíxate ben en como escolles en de ESO,  porque dependendo de como o fagas estarás definindo un tipo de bacharelato.

Ponlle sentidiño e escolle con cabeza.


GRAOS ABERTOS NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


Se estás indeciso sobre que estudo universitario escoller, estes son os graos indicados para ti. Trátase de adquirir unha formación en diferentes aspectos que forman parte dunha rama de coñecemento. A oferta é a seguinte:
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas: Neste grao participan:
    • Administración e Dirección de Empresas
    • Economía
    • Empresariais
    • Dereito
    • Turismo
    • Socioloxía
    • Educación Social
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial. Neste grao participan:
    • Tecnoloxía Industrial
    • Mecánica
    • Electrica
    • Electrónica Industrial e Automática
Consulta este documento para saber número de plazas e outros aspectos de interese.

viernes, 1 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DAS MATERIAS OPTATIVAS EN 2º DE ESO

Dalle ó rato para saber máis e AUTOAVALÍATE respondendo ás preguntas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...