Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 2º bach. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 2º bach. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE O PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE

Poñámonos na situación de que superaches as ABAU e tes que solicitar praza na Universidade. Que tes que facer? Velaquí tes este video no que che explico o procedemento. Contesta ás preguntas para comprobar que che queda claro.

lunes, 4 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE AS ABAU


Velaquí tes este video sobre as ABAU, no que che explico:

  • Materias das cales te examinarás na fase obrigatoria e voluntaria.
  • Cualificación das mesmas
  • Cálculo de nota de admisión á Universidade
  • Peso de cada materia para cada grao universitario segundo os grados de ponderación
  • Ligazóns de interese.
No video aparecerán preguntas para, de cando en vez, para ir comprobando o que sabes...

GRAOS ABERTOS NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


Se estás indeciso sobre que estudo universitario escoller, estes son os graos indicados para ti. Trátase de adquirir unha formación en diferentes aspectos que forman parte dunha rama de coñecemento. A oferta é a seguinte:
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas: Neste grao participan:
    • Administración e Dirección de Empresas
    • Economía
    • Empresariais
    • Dereito
    • Turismo
    • Socioloxía
    • Educación Social
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial. Neste grao participan:
    • Tecnoloxía Industrial
    • Mecánica
    • Electrica
    • Electrónica Industrial e Automática
Consulta este documento para saber número de plazas e outros aspectos de interese.

miércoles, 22 de abril de 2020

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


  • A UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario, a Universidade da Coruña quere amosarche nestas Xornadas de Portas Abertas: como é, que fai e que pode ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. 

Outros anos, puido abrir literalmente as  portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríga a facelo de forma virtual, mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o seu agarimo. Achégate!

  • A quen vai dirixida ?
Tanto estudantes como familiares poderán coñecer como é a Universidade por dentro e poderase interactuar cos responsables das diferentes titulacións

  • Cando será ?
Xoves 23 e venres 24 de abril

  • Que podes ver?
Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Esta é a ligazón para acceder: 


E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporedes de:
  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado
Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.
Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

  • Que outras cousas podes descubrir?

Tamén se darán a coñecer os servizos e unidades dos que dispón a Universidade: 
  • Residencias universitarias
  • Centro de Linguas
  • Cooperación e voluntariado
  • UDC Internacional
  • Instalacións deportivas
  • Asociacións estudantís
  • UDC saudable


lunes, 20 de abril de 2020

NON DEIXES QUE A CUARENTENA ESTRAGUE OS TEUS PLANS


Se por culpa do Covid-19 non puideches visitar físicamente aquelas universidades que eran do teu interese e aínda nos tes claro que titulación escoller, aquí tes unha iniciativa que se chama " mira, te cuento..."

Trátase dun grupo de estudantes en prácticas, que fai nada estaban preparando as abau coma ti,  e mediante video-conferencias proporcionarán información das súas titulacións e aclararán dúbidas.

Para eso terás que rexistrarte como estudante das ABAU escoller entre unha das cinco ramas de coñecemento e no día e hora indicado conectarte.

As webinars son moi variadas:


Esta é a ligazón para acceder:

  • Grao en Matemáticas
  • Grao en Enxeñaría Técnica de Telecomunicación
  • Grao en Química Orgánica
  • Grao en Periodismo
  • Grao en Odontoloxía
  • Grao en Marketing e Dirección Comercial
  • Grao en Enxeñaría Aeroespacial
  • Grao en Física
  • Grao en Seguridade
  • Grao en Tecnolixías Industriales
  • Grao en Enxeñaría Telemática
  • Grao en Psicoloxía
  • Grao en Lingua e Literatura
  • Grao en Biotecnoloxía
  • Grao en Economía
  • Grao en Relacións Internacionais
  • Dobre grao en Enxeñaría da Enerxía e ambiental
  • Grao en Turismo
  • Grao en Fundamentos da Arquitectura
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Enxeñaría Informática
  • Grap en Animación
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Matemáticas
  • Grao en Mediciña
  • Grao en Química
  • Grao en Ciencias Ambientais
  • Doble grao en Economía e Relacións Internacionais
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Belas Artes
  • Grao en Información e Comunicación en Francia
  • Grao en Antropoloxía Social e Cultural
  • Grao en Ciencias del Trabajo
  • Grao en Deseño Dixital e Multimedia

viernes, 24 de mayo de 2019

APLICACIÓN WEB PARA SABER COMO ESCOLLER NA UNIVERSIDADE


Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Tecnoloxía no IES Chan do Monte de Marín, desarrollaron unha aplicación web, na que será doado acceder a certa información de interese: 
  • Para cantos graos universitarios pondera, cada unha das materias de 2º de Bacharelato, que che permiten subir nota nas probas ABAU
  • Como ponderan en cada un destes grãos
  • Contidos que se imparten en cada unha destas materias
  • Titulacións que se ofertan en Galicia,  nota de corte no presente curso e  plazas que se ofertaron.
  • Ligazón a cada titulación.



sábado, 12 de mayo de 2018

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO


Xa queda moi pouco para que o alumnado de 2º de Bacharelato remate o curso. A Consellería vén de publicar os períodos de reclamación e o procedemento para reclamar as cualificacións . Neste panel podes consultar os períodos de reclamación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como de setembro. OLLO!!!! coas cores para diferenciar os prazos destas dúas convocatorias.

viernes, 11 de mayo de 2018

OFERTA DE PRAZAS NOS GRAOS UNIVERSITARIOS E OUTRAS NOVAS DE INTERESE


A CIUG vén de publicar a oferta de prazas nos diferentes graos para o vindeiro curso. No taboleiro podes facer a consulta e tamén:
  • Calendario de matrícula da ABAU
  • Calendario de admisión e matrícula nos graos
  • Os parámetros de ponderación
  • Notas de corte
Hecho con Padlet

sábado, 3 de junio de 2017

DENDE Ó BACHARELATO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


Se a túa idea é facer un ciclo superior despois de rematar o bacharelto, mira este taboleiro para ver que modalidades e materias son as axeitadas para cada un deles. 
Hecho con Padlet

viernes, 26 de mayo de 2017

MENTRES NON SON AS ABAU

PARABENS!!!! para todos os que rematastes  2º de Bacharelato . Agora queda dar un repaso a todo,  para ir ben preparado e sacar a máxima nota posible, sobre todo para os que tedes que ter unha cualificación alta para acceder ó grao universitario que queredes. Moita sorte!!! Mentras tanto, bota unha ollada a estas ligazóns,  por se podes atopar algo útil e algún consello práctico para as probas que che quedan por facer, así como axuda para o proceso de solicitude de praza na Universidade.

jueves, 25 de mayo de 2017

CONSULTA AS NOTAS DE CORTE DE TODAS AS UNIVERSIDADES DE ESPAÑA


Neste taboleiro están as notas de corte de todas as Universidades de España, tanto públicas como privadas. Están organizadas por Comunidades Autónomas. Recorda que a nota de corte, non é unha nota que esixa cada Universidade, senón que é a nota do alumno, a quen lle adxudicaron a última praza de cada grao universitario.

Hecho con Padlet

martes, 23 de mayo de 2017

OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO PODEN SER OUTRA POSIBILIDADE

Se aínda non tes moi claro que camiño escoller, os estudos de deseño de moda, de producto,  de interiores e gráfico poden ser outra opción para pensar. Recorda que os títulos son interactivos.

E SE QUERO FACER  ESTUDOS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Sí, esta é outra das alternativas que nos ofrecen as ensinanzas de réxime especial. Na nosa Comunidade Autónoma ofértanse en Pontevedra. Ó ser especiais,  teñen unha proba de acceso. Así que mira esta presentación,  se tes curiosidade por ver como se accede.. 

lunes, 22 de mayo de 2017

COMO É O ACCESO A ARTE DRAMÁTICO?

Se estás pensando en presentarte á proba para acceder o estudos de Arte Dramático que se ofertan en Vigo, sín dúbida, este é o teu post. Non esquezas premer ou pasar o rato polos títulos saber maís...

viernes, 19 de mayo de 2017

OPCIÓNS PARA ESTUDAR FÓRA  DA TÚA   CASA 

Se finalmente tes que ir a vivir fóra do teu domicilio familiar, dalle ó rato para ver que opcións hai na nosa Comunidade Autónoma. A Universiadade de Santiago xa ten publicada a convocatoria para o curso vindeiro 2017/18.

jueves, 18 de mayo de 2017

DENDE A FORMACIÓN PROFESIONAL Á UNIVERSIDADE

Os cambios normativos permiten que a elección da Formación Profesional, sexa un alternativa real para o alumnado que quere completar o seu itinerario formativo nun perfil profesional. 

Se das un paseo virtual por esta presentación descubrirás como dende o primeiro peldaño da Formación Básica podes chegar a ben arriba ata a Universidade, do mesmo xeito, que se cursas o bacharelato.

viernes, 12 de mayo de 2017

HORARIO DAS ABAU E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS

O curso de 2º de Bacharelato está chegando ó seu fin. A CIUG vén de publicar o horario das novas probas de acceso á universidade e o procedemento de matrícula, segundo as diferentes situacións de cada alumno, como é o caso do noso Instituto, no referente a dobre titulación: bacharelato español e Baccaleuréat Francés e alumnado que está cursando por segunda vez 2º curso. 

Hecho con Padlet

jueves, 11 de mayo de 2017

PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓN EN 2º DE BACHARELATO


lunes, 8 de mayo de 2017

VIDEOS DA UNIVERSIDADE DE LA RIOJA

Outra colección máis de videos para orientarse. Son de curta duración. A súa duración, en case todos eles,  é de menos dun minuto. Todos estes graos ofértanse nas universidades galegas, agás o grao de Enoloxía.

  • Grao en Lingua e Literatura
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Xeografía e Historia
  • Grao en Enxeñaría Informática
  • Grao en Química
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica
  • Grao en Educación Infantil
  • Grao en Enxeñaría Electrónica
  • Grao en Dereito
  • Grao en Relacións Laborais
  • Grao en Enxeñaría Agrícola
  • Grao en Enoloxía
  • Grao en Turismo
  • Grao en Enfermaría
  • Grao en Educación Primaria
  • Grao en Traballo Social
  • Grao en Matemáticas
  • Grao en Estudos Ingleses
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
Hecho con Padlet
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...