Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
domingo, 26 de febrero de 2023
domingo, 12 de diciembre de 2021
A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS
O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.
Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato.
Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.
jueves, 25 de marzo de 2021
A USC NO NEIRA VILAS
miércoles, 11 de diciembre de 2019
O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO
- Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España.
- Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
- Ten un total de 43 títulos
lunes, 4 de febrero de 2019
A USC FIXO PRESENZA NO NOSO INSTITUTO
Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Universitario de Lugo e coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, estivo no noso centro o pasado venres 1 de Febreiro para presentar a oferta formativa da Universidade de Santiago.
Outro aspecto importante que indica, é a pouca demanda que están tendo na actualidade as enxeñarías, razón pola cal as notas de corte non son moi altas. Todo esto fai pensar que nun futuro, estas titulacións acabarán tendo una boa empregabiliade laboral.
Fixo fincapé en que o alumnado que estuda na USC precisa ter un nivel B1 nun idioma estranxeiro para poder graduarse.
domingo, 26 de marzo de 2017
SEGUIMOS A TER MÁIS RELATORES DA UNIVERSIDADE NO NOSO CENTRO
Como datos interesantes, dicir que unha das razóns polas que Fisioterapia ten poucas prazas e por conseguinte unha nota de corte moi alta, é porque ó ser un grao con moito carga de horas de prácticas, os grupos son moi reducidos. A duración media dos alumnos para terminar este grao é de 4 anos e medio. Teñen un máximo de 12 prazas para alumnos procedentes doutra titulación da mesma rama de coñecemento.
Con respecto o grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foron dous alumnos de prácticas os que presentaron estes estudos. Explicaron como son as probas físicas para acceder a este grao. Tamén fixeron fincapé en que o alumnado de 1º de Bacharelato podía presentarse as devanditas probas porque teñen validez ata dous anos. Outra cuestión de interese é que a súa superación tamén permite acceder a este grao en Pontevedra, non sendo posible ó revés. O prazo para inscribirse remata o 31 deste mes e hai dúas datas de realización: 22 de abril e 20 de xuño.
