jueves, 19 de octubre de 2023

miércoles, 20 de septiembre de 2023

PROGRAMA EDUCATIVO " INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS"

Ter competencia dixital implica algo máis que ser competetente dixitalmente. É tamén, adoptar un pensamento crítico e unha convivencia dixital responsable.

As tecnoloxías afectan á educación, á formación e á aprendizaxe. A transformación dixital que experimenta a nosa sociedade ofrécenos unha ampla variedade de opcións, fake news, publicidade... 

Antes estas situaciones,  o desenvolvemento do pensamento crítico é unha necesidade que busca a veracidade e pensar con criterio e reflexión crítica. 

A creatividade é outra capacidade que proporciona solucións flexibles e posibilita alternativas ante os problemas. 

A ética desenvolve un pensamento que está orientado a buscar as consecuencias e efectos que ten o noso comportamento. 

Estas é outras ideas son as que están detrás deste programa convocado pola Consellería de Educación.

domingo, 18 de junio de 2023

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

O pasado venres, día 19 de Xuño, a rapazada de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán, estivo con nós. Viñeron acompañados das súas titoras e titores xunto ca orientadora.

Eles serán a nova promoción, que formarán parte da nosa comunidade educativa, para o novo curso que empezará o 11 de setembro, tal e como marca o calendario escolar do curso 2023/24. 

Como en anos anteriores, o alumnado mediador tivo un especial protagonismo,  ensinándolles as instalacions e facilitando círculos de diálogo para crear vínculos emocionais e fortalecer as relacións interpersoais. O número de alumnas e alumnos que viñeron ás xornadas foron arredor de 60. Dividíronse en 5 grupos acompañados de 3 mediadores en cada un deles. 

O guión, a modo de esquema. que seguiron os mediadores foi este:

NORMAS:

  • Sentarse no chan en círculo.
  • Os mediadores séntase formando un triángulo  para axudar a controlar o grupo.
  • Só pode falar quen ten a pelota na man. 
  • Os demáis teñen que escoitar.
  • Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
PREGUNTAS DO CÍRCULO

  • Dime o teu nome
  • Que foi o que máis che gustou do que pasou  hoxe?
  • Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
  • Que é o que máis che da medo do centro?
  • Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.


viernes, 26 de mayo de 2023

PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE FÓRA DE GALICIA

Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de expediente.

domingo, 21 de mayo de 2023

 ORIENTACIÓN ACADÉMICA EN 2º DE ESO

Pon atención para saber contestar ás fichas de repaso e preguntas de chequeo.

martes, 9 de mayo de 2023

 OBRADOIROS TALENTO MOZO


O noso centro educativo foi un dos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar neste programa educativo. A convocatoria para solicitarlo foi publicada o 24 de febreiro para un máximo de 30 centros de Galicia.

Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación  impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais  como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.

Hai que dicir tamén, que este mismo programa xa se levou a cabo con alumnado de 4º de ESO, pero esta vez, foi o Concello de Oleiros quen o ofertou ós tres Institutos. Razón principal para que este programa da Consellería, estivese dirixido as alumnas e alumnos de 3º de ESO, nesta ocasión.

Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio durante dúas sesión lectivas  no salón de actos.

Uxía Varela é profesora de Lingua Galega. Conta, que desde ben pequena.  xa tiña metido na cabeza o da docencia e lembra que xogaba coas monecas a ser profe. Esto si que é ser " vocacional" perseguindo os seus soños, a pesares de que había xente que lle dicía que non fixera o bacharelato de letras porque non tiña saída.

Jacobo traballa, no departamento de recursos humanos,  nunha empresa onde se fabrican pezas led. Cando cursaba o bacharelato, pensaba en estudar algo relacionado co deporte porque era o que lle gustaba. Acabou estudando relacións laborais e está moi contento porque traballar coas persoas é outra das cousas que tamén lle gusta.

Tanto Uxía  como Jacobo insistiron en:
  • Estudar o que a un lle guste
  • Petar nas portas e que non lle poñan barreiras a nada
  • Estudar idiomas
  • Formación continua ó longo de toda a vida
  • Aportar experiencias e formación non formal ( por exemplo voluntariado no caso de Uxía ) nunha entrevista laboral, porque todo o que corresponde a parte académica, xa figura no currículum que ten o entrevistador.
  
Destacar que o alumnado foi moi participativo. Este foi o repertorio de preguntas que lles fixeron ós relatores:
  • Cómo afectan os avances tecnológicos ó mercado laboral?
  • Qué é o que máis e menos lles gusta do seu traballo?
  • A Uxia preguntarónlle, que cousas cambiaría do sistema educativo?
  • A Jacobo, como aborda os despidos laborais cando ten que facelo con algún trabajador? 



 


jueves, 4 de mayo de 2023

 MÁS INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU


Todo sobre a matrícula e algunha cousa mais...

jueves, 27 de abril de 2023

 BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Tal e como se pode comprobar na presentación, hai un prazo amplo para presentar a documentación no centro. Sen embargo, a miña recomendación é non deixar os trámites para o último día. Principalmente, porque despois de cubrir o impreso, vía electrónica, hai que imprimilo para que no Instituto se cubra a parte que corresponde a orientación, secretaría, dirección e inspección.

domingo, 23 de abril de 2023

 ITINERARIOS EDUCATIVOS LOMLOE

É costumbre no noso centro facer unha prematrícula. Principalmente, nos cursos nos que aumenta a optatividade ou posibilidades para escoller. Véxase 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Nestas materias a normativa esixe en algún caso xuntar ata 10 alumnas/os, e noutros casos,  algo menos,  5
Chegado o caso, e se os números non chegan a eses mínimos, no prazo oficial de matrícula, algunha destas materias non se ofertaría ou quedaría modificada a súa oferta.
Aquí podedes ver os distintos itinerarios que se deseñaron na Comisión de Coordinación Pedagógica e aprobaron en Claustro.

miércoles, 22 de marzo de 2023

 BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Aquí está toda a información:

 BECAS PARA CURSAR BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Aquí está toda a información que precisas:

lunes, 20 de marzo de 2023

II FEIRA DE ORIENTACIÓN EN OLEIROS 

Un ano máis, o pasado venres , día 17 de Marzo, tivo lugar a segunda edición desta feira . Estivo organizada polo Concello de Oleiros e os institutos desta zona. Neste lugar déronse cita profesionais de diversos ámbitos, dende as univesidades, formación profesional, centros municipais de emprego, casa da mocidade de Oleiros... Sumaban un total de 32 participantes




É unha gran oportunidade para estar ben informado dun abano de opcións, entre as cales o alumnado pode escoller. Estas foron algunhas das cuestións que as nosas alumnas e alumnos lles plantexaron ós colaboradores desta feira:
  • Se fago un ciclo de grao superior de formación profesional de .........a que estudos universitarios podo acceder?
  • Que materias de bacharelato son fundamentaris para cursar os estudos de.....?
  • Se fago un ciclo medio de formación profesional de......podo facelo en modalidade DUAL?
  • Se empezo a cursar un grao universitario de........podo acceder a este outro de......?
  • En que podo traballar ou cales son as ocupacións laborais se estudo......?
  • Que teño que estudar se me matriculo en.....?
  • Tería que facer prácticas e donde as faría se estudo.....?
  • En que curso podo irme de Erasmus e cales son os países acolledores se fago un grao universitario de....?
  • Teño que pagar algo se estudo.....?
  • Teño becas se estudo....?







jueves, 16 de marzo de 2023

 MOZAS E MOZOS REFERENTES


O pasado luns, día 13, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os seus camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional, para chegar ata onde están.

Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consisten en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

Os obxectivos do programa son:
  • Promover o esforzo, desenvolvemento e as habilidades persoais como clave para conseguir aquelo que queremos na vida.
  • Poñer en valor a importancia do camiño que todos desenvolvemos para chegar ós nosos obxectivos.
  • Comunicar a realidade e non tanto as mensaxes negativas que escoitamos a diario en relación ó emprego e a empregabilidade.
  • Falar de experiencias cercanas e reais para que se convirtan en referentes reais para os participantes.
O formato da charla foi tipo entrevista na que Alexia Boquete, mediante preguntas, foron respondendo tanto Inés como Daniel para dar conta das súas vivencias e experiencias formativas e laborais. As mensaxes que intentaron transmitir poden ser resumidas en:
  • Pasar polos distintos departamentos ou áreas dentro dunha empresa axuda a desenvolver as habilidades para ter unha visión global. Ao mesmo tempo capacita para poder asumir a responsabilidade de estar ó mando dunha seccción ou da propia corporación.
  • A formación continua é a clave. Un título univesitario ou de Formación Profesional non aporta todo o que precisas saber cando te enfrentas ó mundo laboral. 
  • Non hai carreiras universitarias con saídas. Hai persoas con saídas.
  • Hai que intentar escoitar e ver os problemas que ten a xente para poder proporcionarlle axuda.
  • Non se chega a ter éxito por sorte como se quere vende a través das redes sociais. A sorte hai que buscala.
  • Na nosa sociedade, o erro e o fracaso ten unhas connotacións moi negativas. Sen embargo, son necesarios para avanzar e mellorar. O fracaso implica aprender. Nas entrevistas de traballo en EE.UU non confían nas persoas que manifestan que nunca tiveron fracasos ou se equivocaron.





 

martes, 28 de febrero de 2023

 A FP DUAL 


Ana Álvarez e Germán Vázquez, estiveron o luns 17 de febreiro no noso centro para proporcionar información sobre a FP Dual ó alumnado de 4º de ESO.

Estes foron os temas nos que centraron a súa explicación:
  • A FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa.
  • Diferenzas entre a FCT ( Formación en centros de traballo) e a FP Dual:
    • A FCT non é remunerada e a FP Dual si( cóbrase un mínimo de SMI ( 540 Euros)
    • A FCT dura 2 meses e medio e a Dual ten unha duración entre 6 e 18 meses.
    • A FCT non cotiza a seguridade social e a FP Dual si.
  • Diferenzas  entre FP Dual de grupo completo e FP de ordinario:
    • FP DUAL de grupo completo: os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo
    • FP de ordinario: 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto
  • Empresas que teñen convenio coa oferta de Dual que hai na contorna.
  • Formación complementaria á que poden acceder na empresa.





domingo, 26 de febrero de 2023

 A USC NO NOSO CENTRO


Este ano foi Vicente Moreno, profesor da facultade de Física quen veu ó noso centro, o pasado venres 17 de febreiro, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ó alumnado de 2º de bacharelato. Esta foi a presentación que utilizou para informar ó alumnado.







viernes, 17 de febrero de 2023

 OS CÍRCULOS DE DIÁLOGO AXUDAN A MELLORAR A CONVIENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

O catálogo de actividades palanca do Programa  Proa + ( Programa par a Orientación, Avance e Enriquecimento educativo ) do Ministerio de Educación, inclúe os círculos de diálogo como unha delas. Está codificada con  código A309.

Esta actividade palanca foi a que escollemos no noso centro como eixe central do Plan Estratéxico de Mellora. É algo que levamos facendo fai anos dende o equipo de convivencia.

Garda relación coa Axenda 2030 adoptada polas Nacións Unidas en septembro de 2015, na que se inclúen 17 obxectivos de desenrollo sostible. Un deles é proporcionar unha educación inclusiva que garanta a igualdade de oportunidades, sendo os círculos de diálogo unha ferramenta que posibilita este clima inclusivo.

Nesta presentación, recóllense diferentes aspectos para poñelos en práctica e os materiais bibliográficos utilizados para a súa elaboración. Podes acceder a cada apartado clicando dende o menú superior

domingo, 5 de febrero de 2023

 ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO


O Xoves da semana pasada, día 2 de Febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato visitou aquelas facultades que tivo que escoller,  con anterioridade. Este ano os itinerarios de máis preferencia foron:
  • Ciencias da Educación e Traballo Social
  • Mediciña e Enfermaría
  • Económicas e Empresariais
  • Matemáticas e Física
  • Psicoloxía
Este ano, alá me fun, cas alumnas e alumnos que estaban interesados no primeiro do percorridos, antes mencionado.
Na facultade de Ciencias de Educación, recibiunos o vicedecano da facultade. Éstas son algunhas notas a reseñar, do que nos contou: 
  • Despois de Mediciña é a segunda facultade máis grande de Galicia
  • Na actualidade, a devandita facultade ten dous edificios. 
    • Un está no campus Norte, que é onde se imparten os graos de:
      • Grao en Mestre de Educación Infantil
      • Grao en Mestre de Educación Primaria
      • Dobre Grao en Mestre en Educación Infantil e Primaria
    • O outro edificio está no campus Sur. Neste pódense estudar:
      • Grao en Educación Social
      • Grao en Pedagoxía
  • Co tempo, desaparecerá o edificio do campus norte e todos os graos, citados antes, estudaranse no campus Sur.
  • Unha vez cursados os dous primeiros anos, nos graos de Educación Infantil e Primaria, hai tres mencións para poder especializarse:
    • Mención en Inglés
    • Mención en Atención á Diversidade
    • Mención en Música
  • No campus de Lugo, que pertence ,a UDC, na facultade de Ciencias de Educación pódese cursar a mención en Eduación Física.
  • Os prácticum pódense facer tanto en escolas de educación infantil como en colexios de educación infantil e primaria. Tamén se poderían cursar en aulas hospitalarias, aínda que na actualidade só se ofertan no Grao en Pedagoxía.
Na segunda parte da mañan, visitamos a facultade de Traballo Social. Aspectos a destacar:
  • É un centro adscrito a USC. Para que nos fagamos unha idea do que esto supón, podería ter unha equivalencia co que coñecemos como ensinanza concertada.
  • Impártese tamén en Ourense.
  • Aínda que o proceso de preinscripción se inicia, dun xeito regular, a través de NERTA como no caso dos restantes graos, a finalización remata na propia facultade por tratarse dun centro adscrito.
  • Este grao require:
    • Un  elevado compromiso social.
    • Boa disposición para traballar en grupo ( psicólogos, educadores sociais...)
  • É a antigua titulación de asistente social. 
  • Ámbitos nos que intervén un traballador social:
    • Servizos de atención  a adicións
    • Servizos de proteción a menores
    • Xulgados de menores
    • Gabinetes de orientación familiar
    • Servizos de atención á persoas imigrantes
    • Centros de atención á persoas maiores
    • Centros de atención á persoas con discapacidade
    • Centros de atención á muller.

jueves, 5 de enero de 2023

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 

Accede a información clicando nos distintos apartados para saber máis. Din que a letra entra mellor, se se presenta en varios canais sensoriais. É un dos principios da mirada DUA: ofrecer distintos formatos de presentación.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...