sábado, 24 de noviembre de 2018

PRESENTACIÓN DOS NOVOS GRAOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUNA E OUTRAS INFORMACIÓNS

Nas presentacións que se xuntan, están recollidas datos de interese sobre as novas titulacións, así como unha guía sobre a UDC.






viernes, 23 de noviembre de 2018

VALOR-AMOS AS CHARLAS DE JUNIOR ACHIEVEMENT

Foron realmente inspiradoras as charlas promovidas pola Fundación Junior Achievement? Conseguiron os relatores de Inditex, ser auténticos referentes para o noso alumnado de 4º de ESO, ? Foron "influencers" (esta palabra que é tan fashion e nunca mellor dito,  nestes últimos tempos ), para a nosa rapazada, que algún día terá que insertase no mundo laboral e formar parte dunha economía, cada vez máis global? 

Neste taboleiro, aparecen as apreciacións dos alumn@s. Así que cada quen, pode sacar as súas propias conclusións. 

O panel está en fase de construción, irase actualizando na medida na que teñamos máis aportacións (última actualización 11/12/2018). 

Hecho con Padlet

jueves, 22 de noviembre de 2018

CHARLAS QUE INSPIRAN 



Inspirando aos mozos e mozas no seu futuro. Este foi o propósito das charlas que o pasado luns, 19 de novembro,  varios profesionais de Inditex trataron de  contarlles ao noso alumnado de 4º de ESO, a súa traxectoria tanto académica como profesional. Empezaron lembrando eses anos nas aulas, con certa añoranza e decatándose de que o tempo pasa moi rápido. Eles mesmos decían " estar revivindo eses días,  como cando  estaban  no Instituto". 

Aquí relato as súas experiencias reais. Por certo, eles déronme permiso para escribir o que eles transmitiron nas aulas.

Dani traballa no departamento xurídico na fábrica de Inditex en Arteixo . Leva traballando dous anos. A través de Linkedin, conseguiu unha entrevista que finalmente lle posibilitou poder estar desempelñando o posto que ocupa na actualidade.

Sempre foi moi bo estudante. Fixo Dereito e Administración e Dirección de Empresas. Dice que escolleu facer estes estudos porque non tiña moi decidido qué facer, e que foi a Orientadora quen lle aconsellou cursar este doble grao. 

Os seus anos na Universidade transcurriron con normalidade pero cando chegou a 4º de carreira, houbo como un punto de inflexión na súa vida, o como di el, tivo un "traspé". 

Dadas as escasas posibilidades de insertarse laboralmente, o seu irmán tivo que marchar de España, polas circunstancias económicas do noso país, situación  de enorme preocupación na propia familia e isto deixou mella en Dani.

A maiores tivo outra vivencia que foi impactante, a  oportunidade de compartir unha charla cunha persoa con algúns anos máis, en concreto 94, que expresaba o seu sufrimento polos familiares mortos, nos campos de concentración na segunda guerra mundial.

Estes aspectos serviron como un proceso de reflexión, para darse conta de valores tan importantes que melloran as habilidades de vida, tanto no ámbito persoal como profesional:

  • A capacidade de superación.
  • Autoconfianza: creer nun mesmo.
  • Esforzo persoal para alcanzar metas.
Cova é comercial e diseñadora de punto. Leva 13 anos traballando nesta empresa. Foi moi mala estudante no Instituto, ata chegou a repetir un ano. Tamén recorda como o director, donde estivo estudando, aconselloulle aos seus pais, que mellor estudase unha FP.  
Pero ela dí, "eu non era vaga" "non estaba toda a tarde tirada diante da tele" " non estaba na rúa facendo falcatruadas " investigaba e compraba toda canta revista había sobre dúas aficcións ( música e  moda ). Con todo, foi facendo o bacharelato e por iniciativa dos seus pais estudou Historia da Arte na universidade. Alí coñeceu a unha amiga, que tiña os mesmos intereses ( citados anteriormente ) e xuntas decidiron escribir sobe o que lles apaixoaba, chegaron a organizar festas para vender as revistas que publicaban. 

No quinto curso de carreira foi facer un ERASMUS a Milán. Alí estudou " espazos arquitectónicos para exhibición de moda· Para Cova, supuxo un gran enriquecemento cultural, estar vivindo nesa cidade europea. Isto foi tan determinante, que ao rematar o curso e os seus estudos universitarios, voltou para Roma e deixou o seu currículum nunha tenda en ZARA, na cal empezou como dependenta. A xornada laboral deixáballe tempo para facer un máster relacionado co estilismo, no cal tivo a sorte de que un dos profesores, lle pediu que se fose a traballar con el. Alí aprendeu como vestir a modelos para os desfiles e técnicas de colorido nos puntos... Despois de estar traballando durante 3 anos en Roma, veuse para Galicia e decide enviar currículum a ZARA  e en menos de 24 horas, xa a estaban chamando para unha primeira entrevista...e ata hoxe está traballando no imperio de Inditex.

Cova quixo destacar dous aspectos importantes, para apoiar aos estudantes nesa toma de decisións:
- Descubrir e facer realmente o que a cada quen lle gusta.
- Confianza nun mesmo " Faite caso"

martes, 6 de noviembre de 2018

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 5 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2018/19. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:


TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

Grao en Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: 

  • Ofertaranse 50 prazas.
  • O graduado nesta titulación sería o responsable de manexar grandes cantidades de datos. Sería como un científico de datos.
  • Non se trata dunha especialidade nin de Matemáticas, nin tampouco de Informática.
  • Debe de profundizar en 
    • Estatística 
    • Almacenamento e procesamento de datos ( Big Data )
    • Aprendizaxe automático ( Intelixencia Artificial )
    • Computación de altas prestacións
- Creación, Animación e contidos dixitais : 

  • Abarca o proceso completo de produción,  de animación e de videoxogos desde diferentes puntos de vista: artístico, comercial, técnico e creativo.
  • Ofertaranse 50 prazas.
  • Impartirase en Coruña na facultade de Ciencias da Comunicación.
  • Poderase acceder dende calquer rama de coñecemento.


TITULACIÓNS QUE   ADOPTARÁN ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 


- Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación: 

  • Sustituirá ao grao en Información e Documentación.
  • Impartirase no campus de Ferrol.
  • Susténtase nas áreas de Comunicación, Información, Software e Estatística
  • Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. 
  • Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: 
  • Terá un formato dual no último curso para aqueles estudantes de bo expediente Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
  • Impartirase no camus de Ferrol.

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

- Grao  en Xestión Industrial da Moda: 

  • Ofertaronse 50 prazas e está vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas. 
  • Impartese no camus de Ferrol.
  • É un título bilingüe. O 40% das materias impártense en Inglés
  • Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. 
  • Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. 
  • Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés. Ofertarán a posiblidade de darlles formación no Centro de Linguas quen non dispoña da certificación.
  • Os requerimentos para solicitar praza, ademáis de ter superada as probas de acceso á universidade ( ABAU) son: 
    • Certificación Oficial de Nivel B1 de Inglés.
    • Calificación en Inglés igual ou superior a 7, nos dous cursos de Bacharelato.
    • 4º ESO ou un curso de bacharelato superados en sistemas educativos de lingua inglesa.
    • Diploma de dominio B1.2/B1 (ou superior) no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
    xustificación dos méritos realizarase a través da web do Grao, entre o 1 de marzo é o 1 de xuño : http://gradoindustrialmoda.udc.gal/
  • Consulta o díptico coa información aquí.
- Grao en Paisaxe: 
  • Trátase dun grao interuniversitario. 
  • Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. 
  • Teñen previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .
  • O graduado nestes estudos ten certa traxectoria no estranxeiro. 
  • O seu plano de estudos integra diferentes áreas: topografía, arquitectura, medioambiente, botánica, xeoloxía e hidroloxía.
  • Tamén ofertaron 50 prazas. 
  • Consulta o díptico coa información aquí.

OFERTA DE GRAOS BILINGÜES DA UDC ( Cun mínimo de 40% de contidos impartidos en Inglés ).

Os requisitos esixibles son similares aos establecidos para o grao de deseño industrial da moda, para todo aquel alumnado que escolla cursar o grao en bilingüe.
GRAOS INTERNACIONAIS DA UDC

  • Cúrsanse os tres primeiros anos na UDC e o último curso nunha universidade de fora de España.
  • Supón a obtención de dous títulos, un correspondería a UDC e o outro é otorgado pola universidade estranxeira.
  • A UDC estableceu acordos bilaterais coa Universidade de Gales do Sur ( Reino Unido ) e tamén en Sidney. Os graos son:
    • Grao en Administración e Dirección de Empresas 
    • Grao en Enxeñaría Informática.
    • Grao en Inglés: estudos lingüísticos e Literarios
    • Grao en Dereito
  • A matrícula sería gratuíta nos países de destino.

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEC )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas xenéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...