Mostrando entradas con la etiqueta Visita a UDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visita a UDC. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO


Xa é o quinto curso que o noso alumnado de 2º de Bacharelato, acude ás xornadas de benvida, que a Universidade de A Coruña ten planificadas. 
Como xa se indicou en publicacións anteriores sobre estas visitas, hai varios itinerarios segundo as ramas de coñecemento, ás cales están adscritos os diferentes graos universitarios. 
Este curso o itinerario máis escollido por parte dos alumn@s foi o de Ciencias Sociais e Xurídicas que agrupa á Facultades de Socioloxía, Ciencias da Educación, Dereito, Económicas e  Actividades Físicas e Ciencias do Deporte.

Pero antes de iniciar o percorrido polos distintos centros universitarios, recíbennos no SAPE( Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado). Este é un punto de referencia importante para os estudantes, xa que é alí onde poden atopar información moi variada que abrangue dende a propia oferta universitaria, preinscripción e matrícula nos graos, becas, residencias, servizos que ten a UDC...

Os alumnos puideron facerse con folletos, sobre os graos nos que estaban interesados e outra información en formato papel e ter unha primeira aproximación do que é a vida universitaria. 

En cada centro universitario, hai un profesor ou profesora que nos recibe, donde trata de proporcionar información básica e relevante para que os alumnos poidan ter unha idea en canto a aspectos que estudarán, saídas, competencias e ámbitos profesionais.

viernes, 2 de marzo de 2018

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Xa vai polo cuarto ano que visitamos as facultades de A Coruña. Asistimos 20 alumnos e dous profesores. É o SAPE ( servizo de asesoramento e promoción do estudante ) quen se encarga de organizar estas visitas. Os alumnos tiveron que escoller entre catro itinerarios distintos:
1. Enxeñaría e Arquitectura: este itinerario abrangue a Escola Técnica Superior de Arquitectrua, Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Escola Técnica Superior de Náutica, a Facultade de Informática e a Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos.
2. Artes e Humanidades: Facultade de Filoloxía
3. Ciencias Sociais e Xurídicas: Facultade de Socioloxía, Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Dereito, Facultade de Económicas e Facultade de Actividades Físicas e Ciencias do Deporte
4. Ciencias e Ciencias da Saúde: Facultade de Ciencias, Facultade de Fisioterapia, e Facultades de Ciencias da Saúde. 
Agás o itinerario de humanidades, no cal tan só unha alumna estivo interesada, o resto de alumnos repartíronse, con igual número, para os tres restantes.

sábado, 4 de marzo de 2017

UN ANO MÁIS VISITAMOS A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Xa é o terceiro ano que o alumnado de 2º de Bacharelato visita as facultades e escolas universitarias do campus de Elviña, Oza e A Zapateira. Sempre que os acompaño, vénseme ó pensamento que cantos deles serán enxeñeiros, biólogos, químicos, fisiterapéutas e un largo etc, etc ou quen sabe que desempeños profesionais terán nun futuro. É a primeira toma de contacto co mundo universitario, que seguramente permanecerá na memoria de moitos deles. Algúns, aínda non saben o que facer, con todo quedar ben pouco para iniciar o seus estudos na universidade. 

O Sape ( Servizo de Asesoramento e Promoción do Alumnado) é quen organiza estas visitas. Establece varios percorridos segundo as ramas de coñecemento. Fomos dous profesores, os que acompañamos ó alumnado nas visitas.




Este ano estiven co alumnado que escolleu as facultades da rama de enxeñaría e arquitectura. Así que empezamos por Arquitectura e Arquitectura Técnica. Alí nos explicaron as diferenzas que hai entre estas dúas titulacións. Básicamente e para facerme entender, a primeira das citadas estaría relacionada co deseño e o proxecto dunha obra de edificación e a segunda, é dicir, o arquitecto técnico sería quen executa ese proxecto. Polo tanto estes dous profesionais teñen que traballar en equipo. O arquitecto técnico é o aparellador. Tamén nos contaron que o grao en Arquitectura necesita un ano de máster para poder exercer a súa profesión, esto supón un cómputo de 6 anos en total. 

Despois de agasaiarnos cun chocolate con churros a media mañán, fomos á Escola de Naútica. Penso que a todos nos quedou ben claro o perfil profesional do graduado en Náutica e Tecnoloxías Mariñas e o graduado en Náutica e Transporte Marítimo. Trátase, no primeiro caso,  do encargado de reparar as máquinas dun buque e que unha vez completados os seus estudos e con horas de navegación chegarían a ser xefes de máquinas. O segundo grao mencionado,  son os que van na ponte dos buques, os que pilotan os barcos e poden chegar a ser futuros capitáns de mariña mercantes. As saídas profesionáis son múltiples, dende traballar nunha torre de control marítimo, clubes náuticos, consignatarias que xestionan a documentación dun buque.... En ámbolos casos necesitan do master para chegar a ser, como xa se citou antes, capitán de mariña mercante e xefe de máquinas.

A continuación fomos á Facultade de Informática. Parece que vai ser a máis escollida entre o noso alumnado. Ensináronos as instalación máis destacadas, como o centro de cálculo. Tamén nos comentaron que teñen grupos de docencia en Inglés, o cal significa que algunhas das materias se imparten nesta lingua estranxeira, permitindo optar a unha dobre titulación, por ter un convenio cunha universidade do sur de Gales. Para isto, o alumnado ten que facer nesta universidade un dos cursos. Outra cuestión de interese é que as prácticas na empresa en 4º curso son remuneradas, segundo o número de horas.

E xa para rematar, tamén nos atenderon na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Alí se imparten os Graos de Enxeñaría en Tecnoloxía Civil e Enxeñaría en Obras Públicas. Amosáronnos varias maquetas para explicarnos a importancia que ten o cálculo de estructuras para as construccións, que hoxe en día, fanse con ferramentas tecnolóxicas. Con estos cálculos pódese saber a resistencia dos materiais para facer as construccións, tendo en conta os condicionamentos ambientais para poder propoñer un deseño. A finalidade é reducir peso, gañando en resistencia. Tamén explicaron que o aluminio é máis lixeiro co aceiro e que se están a utilizar materiais compostos como a fibra de carbono.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...