Mostrando entradas con la etiqueta Ocupacións e profesións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ocupacións e profesións. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de agosto de 2017

OCUPACIÓNS LABORAIS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS

Que podo descubrir con este panel interactivo?

  • Postos de traballo das familias profesionais
  • Aptitudes que preciso
  • Estudos de FP que teño que facer para cada ocupación
  • Onde podo cursar estes estudos
  • Datos de inserción laboral ( actualizados a Xuño de 2017 )
E como sempre, non te esquezas de pasar o rato,  para acceder ás ligazóns

viernes, 24 de junio de 2016

AY QUE VER.... COMO TRABALLAN OS NOSOS ALUMOS DE 1º DE ESO!!!!


Acábase o curso,  e síntome na obriga de rendir homenaxe ó noso alumnado de 1º de ESO. Son eses alumnos que sempre están dispostos a participar en todo, uns "todoterreno" que a calquer proposta que fagas,  eles son os primeiros en apuntarse ó carro. Véxase:

- A entrevista a Pepe Carballude
- O video " Eu son Neira Vilas
- Voume para o Instituto

E de seguro, que aínda me quedan cousas por citar...que quedaron agochadas nos buratos das paredes....

Algúns deles son emocionalmente moi intelixentes. Aínda me acordo dalgunhas horas de titoría que pasamos xuntos,  e nas que tratamos o tema do respeto ás diferenzas. Lembro aquel video que visualizamos " O cazo de Lorenzo",  e que foi acicate para construir ese coñecemento que é estracurricular pero que nos prepara para a vida. Son eses valores que hai que facer explícitos... algúns dín que van no paquete das materias ou que son implícitos, pero a mín gústame poñelos enriba da mesa porque ó mellor aquelo que non se debate queda sen clarificar.  

Non sería honesta conmigo mesma, senón digo, que eu fun a primeira en aprender cousas con todos eles. Fomos quen de recoñecer a variabilidade da temperatura emocional de Lorenzo,  que é o protagonista da curtametraxe. Para quen aínda, non tivo a oportunidade de poder velo, pode atopalo no seguinte link:

https://youtu.be/xQ_rbKMOzag

Como dicía máis arriba, estes alumnos " apúntanse a un bombardeo" e unha boa proba disto, son os estupendos traballos que desenvolveron sobre " o mundo das profesións" que aquí espoño. Non me podo esquecer de Inma Otero, a miña compi de Lingua Galega, titora dalgún destes alumnos, quen amosou interese pola actividade e que sen a súa implicación, esto non sería posible. Grazas Inma!!






miércoles, 20 de abril de 2016


INVESTIGANDO AS PROFESIÓNS


Explora as distintas ocupacións e profesións coa axuda desta guía e as ligazóns que aparecen máis abaixo,  nas cales podes atopar información.




1. O Arquivador Profesional: Poderás atopar moitas profesións e coñecer en qué consisten, que tarefas se desenvolven, a formación que é necesaria, saídas profesionais...


2. Guía das novas ocupacións: Esta páxina recolle un listado de 200 ocupacións cunha ficha de información por cada unha delas, con información sobre:
- descripción
- tarefas
- vías de acceso
- formación complementaria
- tendencias do mercado


3. WIKIOFICIOS: Explora varios sectores profesionais: traballos, oficios, formación...



4. Videos: todas as profesións organizados por sectores profesionais


5. Os oficios da cultura: personaxes de grande relevancia explican as súas profesións en diferentes reportaxes de LA 2 de RTVE


6. O día a día nas diferentes profesións: entrevistas con profesionais que contan o día día no seu traballo, salarios, responsabilidades, horarios....



7. Descripción dunha larga lista de profesións


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...