domingo, 19 de diciembre de 2021

  QUERO SER EDUCADOR SOCIAL

Laura  Barejano Domínguez, educadora social do Concello de Oleiros, estivo coa rapazada de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o pasado 15 de febreiro para falarlles do que fan estes profesionais. 

Non foi só unha charla expositiva dos acometidos cos que se atopa no día a dia do seu traballo. A sesión de non máis de 50 minutos estaba deseñada con dinámica de grupos, na que primeiramente e a modo de introdución, o alumnado tivo que escoller dúas problemáticas sociais que lles preocupaban, para posteriormente facer unha posta en común. Estas foron as temáticas escollidas:

  • Violencia de xénero
  • Inmigración
  • Desigualdade de xénero
  • Homofobia
  • Obesidade
  • Crisis opiaceos
  • Medioambiente
  • Bulling
A continuación e para analizar os conceptos de xustiza social, igualdade e liberdade visualizaron este video.


A continuación, e cunha breve exposición explicounos,  que contribuir ao desenvolvemento integral, facilitar a inclusión e benestar, participación e promoción social das persoas, grupos e comunidades sería o obxectivo principal da educación social. Tamén nos contou de maneria breve, como se traballa:
  • Deseñando, aplicando e avaliando plans, programas e proxectos
  • Traballando en equipos multidisciplinares con outros profesionais: traballador social, terapeuta ocupacional, animador sociocultural, psicólogos...
  • Acollendo e acompañando para conseguir como fin último a autonomía das persoas
  • Colaborando en rede entre diferentes entidades e institucións
Seguidamente, os alumnos tiveron que debatir por grupos, que características persoais deberían ter os educadores sociais: Estas foron as conclusións ás que chegaron:
  • Ser empático
  • Ser comprensivo
  • Non xulgar
  • Ser tolerante
  • Ter paciencia
  • Ter vocación
  • Ser extrovertido
  • Ser organizado
  • Ser xeneroso
  • Ser implicado
  • Saber escoitar
  • Ser solidario
  • Ter a mente aberta
  • Ser socialbe
  • Ter intelixencia emocional
  • Ser optimista
Hai que destacar a extraordinaria sensibilidade que o alumnado tivo, para apuntar todas estas aptitudes e que se poden ver reflectidas nesta imaxe que a relatora nos amosou: 


E xa para rematar, Laura relatou a sua experiencia laboral en anos anteriores, desenvolvendo a súa traxectoria profesional en distintos ámbitos laborais, que cito a continuación:
  • Dinamizadora sociocultural nun pobo de Logroño
  • Dinamizador dun programa ocupacional nun centro residencial de persoas con discapacidade intelectual en Santiago
  • Titora de inserción laboral no concello de Santiago de Compostela
  • Traballando na Cruz Vermella en proxectos educativos de participación e intervención social e tamén facendo labores de acompañamento a persoas en situación de exclusión severa.

domingo, 12 de diciembre de 2021

 A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato. 

Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.


martes, 26 de octubre de 2021

 AS TITORAS E TITORES REÚNENSE COAS FAMILIAS  DO  NOSO ALUMNADO

Querendo voltar a normalidade, a como eran as cousas antes da pandemia, estes días terán lugar as reunións de cada titora e titor coas familias dos seus titorandos. Serán presenciais, coa máscara que nos tapa máis da metade da cara, pero polo menos permite manter un contacto máis cercano, sen que haxa unha pantalla polo medio. 
Velaquí tedes os temas máis destacables que poden ser de interese que coñezades.

martes, 28 de septiembre de 2021

 BECAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

Anualmente a Fundación Ortega convoca becas para que o alumnado de 4º de ESO teña a posibilidade no curso que ven, cursar 1º de bacharelato, en Estados Unidos ou Canadá. Estas axudas levan incluído:
  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • matrícula nun instituto, aloxamento e manutención nunha familia de acollida
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do curso académico
  • asignación mensual para gastos menores

O procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1200 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.
Amplía información consultando esta presentación interactiva.

jueves, 2 de septiembre de 2021

 BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Para realizar a solicitude hai que darse de alta na sede electrónica e cumprimentar o formulario correspondente. Amplía a información, dándolle ó rato nos botóns.

domingo, 29 de agosto de 2021

BECAS MEC PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Para realizar a solicitude hai que darse de alta na sede electrónica e cumprimentar o formulario correspondente. Amplía a información, dándolle ó rato nos botóns. 


BECAS MEC PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS 

Para realizar a solicitude hai que darse de alta na sede electrónica e cumprimentar o formulario correspondente. Amplía a información, dándolle ó rato nos botóns

viernes, 18 de junio de 2021

COMO FAGO PARA RECLAMAR AS ABAU?

Onte publicáronse as notas das ABAU e se pensar que mereces máis nota aquí tes a información para guiarte. 

sábado, 5 de junio de 2021

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

Esta semana, estiveron con nós o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Valle Inclán. Viñeron por tandas por mor da Covid. Cada día veu un grupo burbulla durante tres días lectivos. Escollemos os dous períodos lectivos da mañán para poder dispor de tempo de darlles a benvida ó centro e visitar as instalacións.O tempo tamén nos acompañou para poder estar no patio e tomar a merenda. 
Este curso non foi posible que as nosas alumnas e alumnos mediadores fixesen de anfitrións. O tempo de lecer do alumnado, que xa está cursando estudos no Instituto, non se puido compartir para poder disfrutar dese espazo de convivencia, que tanto lles gustaba...
Este é o video, no que todos os anos colaboran a rapazada de 1º de ESO, para aportar as súas experiencias no paso ó Instituto. Sen dúbida contar con eles, é un plus engadido a estas xornadas. 

Pasar de Primaria a Secundaria é embarcarse nunha nova aventura no IES Neira Vilas. Mira esta publicación anterior. 

viernes, 28 de mayo de 2021

QUENTANDO MOTORES PARA RECIBIR Ó ALUMNADO DE PRIMARIA

Estes son os preparativos deste ano, para recibir a rapazada do cole. Este curso si que vai haber xornadas de acollida de verdade, das que nos vemos as caras. Non vai ser como o curso pasado, que estabamos agochados nas nosas casiñas para non facerlle fronte ó coronavirus. Moi pronto estaredes aquí con nós. Mentras tanto, ide albiscando...
   

lunes, 24 de mayo de 2021

viernes, 21 de mayo de 2021

 VIDEOTITORIAIS SOBRE AS ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE

Con este coleccionable de videos non deberías de quedarte con ningunha dúbida, agora que xa están cerca as ABAU.

jueves, 20 de mayo de 2021

VIDEOS DA MATERIA  DE DESEÑO CREADOS POLO  O ALUMNADO DO INSTITUTO

Xa é tradición do noso centro, que sexa o propio alumnado, quen proporcione información sobre determinadas materias, ós seus iguais. Este é o caso, de Claudia Rodríguez Pais, Sandra Castro Sosa, Pablo Barro Arias e Nicolás Christoffel Gómez. Todos eles son alumnos de 2º de Bacharelato, que cursaron esta materia durante este curso e quixeron contribuir coas súas aportancións sobre os coñecementos aprendidos. 



viernes, 14 de mayo de 2021

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO  


Xa están aquí os premios extraordinarios de Bacharelato, como en anos anteriores. Velaquí tes todas as novas...

martes, 4 de mayo de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 4º DE ESO 

Escolle con sentidiño as materias de bacharelato. Olla ben os parámetros de orientación para poder subir nota nas ABAU. Mira e remira esta presentación para ir ó seguro.



domingo, 2 de mayo de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 3º DE ESO 


O paso de 3º a 4º de ESO é clave para ir construíndo o teu proxecto de futuro. En certa maneira,  terás que albiscar máis alá da oferta de materias no próximo curso. Case a vista de paxaro, deberás ter en consideración as materias de bacharelato para elexir ben en 4º de ESO.

Require certa pericia e ter un horizonte de futuro. Por outra banda, avecíñanse cambios coa aplicación da LOMLOE, cando comeces o bacharelato.

miércoles, 28 de abril de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 2º DE ESO 

Aspectos que debes ir coñecendo para saber que escoller. Este é o  tema principal da presentación interactiva. Mira o índice e descubre cousas que aínda non estabas ó tanto...



domingo, 25 de abril de 2021

 INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 1º DE ESO


O alumnado de 1º de ESO será un dos que poñerá o traxe novo da LOMLOE cando curse 3º de ESO. 
Clica na presentación interactiva para saber máis e como sempre o meu agradecemento persoal a Irene Fariña por algunha da información que se recolle.

sábado, 24 de abril de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN BACHARELATO

Os cambios que se aveciñan,como consecuencia da aprobación da LOMLOE, non afectan ó alumnado que estará en bacharelato, o curso vindeiro. Polo tanto, as novidades introducidas con respecto á información proporcionada en cursos anteriores, son mínimas.

Agradecementos a Irene Fariña, porque parte desta presentación interactiva é traballo dela. O espíritu colaborativo sempre suma....


viernes, 23 de abril de 2021

HORARIO E  SEDES DAS ABAU 

Se clicas en máis info no panel interactivo, podes descargar os documentos en PDF.

martes, 13 de abril de 2021

O CALENDARIO ABAU E MÁIS DATAS PARA SABER


A estas alturas de curso, xa é de dominio público cales son as datas das ABAU, ou máis comunmente coñecida como selectividade. Do que si non estou tan segura, é se outras como as reclamacións, publicación das notas e outras máis... son tan sabidas. Se isto é verdade,   mira este calendario e clica nos meses vindeiros. 
Só nos queda por saber o calendario que establece a CIUG sobre o procedemento de admisión na universidade. 

jueves, 25 de marzo de 2021

UNHA GRANDE DESCOÑECIDA: A FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

Ana Vázquez e Pilar Vázquez Gayoso, profesoras do IES A Sardiñeira e o CIFP Montealto, estiveron no día de onte no noso centro, en varias aulas para poñernos ó corrente das moitas vantaxes de cursar estas ensinanzas, dende un punto de vista laboral.

Velaquí tes a presentación


A USC NO NEIRA VILAS


Este ano foi Carolina Torrón e Javier López González profesores das Facultade de Química e Enxeñaría, quen presentaron á Universidade de Santiago, incluíndo a oferta de graos universitarios e outros aspectos de interese. 

En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas en todos os grupos de bacharelato e en días distintos ( 3 e 23 de Marzo)

sábado, 6 de marzo de 2021

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 

Acceso á información nesta presentación interactiva

martes, 16 de febrero de 2021

CICLOS DE FP BÁSICA NA CONTORNA DE OLEIROS 

Accede á información para saber maíssss...

martes, 9 de febrero de 2021

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR 

Lembra que si consigues superar estas probas, poderás acceder a un 10 % das plazas que se oferten en cada ciclo formativo. Pincha no panel para saber máis.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...