viernes, 21 de diciembre de 2018

A SABER  COMO ESTUDAR TAMÉN SE APRENDE

Non se pode negar que estudar require unha labor de esforzo e traballo pero tamén sabemos, que non consiste soamente en pasar moitas horas diante dos libros. É tamén necesario, coñecer ferramentas e técnicas para que ese eforzo teña éxito.

A labor da familia non supón coñecer todas esas técnicas, pero sí supervisar o traballo que os fillos fan na casa e no centro educativo.

Estas e outras moitas cuestións foron explicadas por Belén Pérez Sanmartín ás familias. É pedagoga do gabinete Eleeméntal e levou a cabo un programa de técnicas de estudo, con alumnado de 1º de ESO do noso centro nas horas de titoría. Igualmente,  imparte dende  fai varios anos este programa, como actividade extraescolar.

Velaquí tedes a presentación que foi seguindo para indicar cal é o papel das familias na tarefa de "ensinar a aprender". Está enriquecida con contidos visuais que invitan á reflexión e posiblemente posibilitan gañar en dimensión humana, tan importante para adicarnos a esta apaixoante tarefa de " educar"

Así que, como digo sempre, dalle ó rato para saber máisssss.... Tampouco me quero esquecer, é sobre todo, pensando naquelas familias que non puideron acudir á charla, de que Belén repartiu unha especie de decálogo con varias regras de ouro. Preme aquí para descargalo e ata pode ser unha boa idea poñelas cun imán no refrixerador, para topalas de frente dodos os díasss. 

E xa por último, e dadas as datas nas que nos atopamos, só me queda desexar a todos os  que estades a ler esta derradeira publicación do ano, un BO NADAL.

sábado, 24 de noviembre de 2018

PRESENTACIÓN DOS NOVOS GRAOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUNA E OUTRAS INFORMACIÓNS

Nas presentacións que se xuntan, están recollidas datos de interese sobre as novas titulacións, así como unha guía sobre a UDC.






viernes, 23 de noviembre de 2018

VALOR-AMOS AS CHARLAS DE JUNIOR ACHIEVEMENT

Foron realmente inspiradoras as charlas promovidas pola Fundación Junior Achievement? Conseguiron os relatores de Inditex, ser auténticos referentes para o noso alumnado de 4º de ESO, ? Foron "influencers" (esta palabra que é tan fashion e nunca mellor dito,  nestes últimos tempos ), para a nosa rapazada, que algún día terá que insertase no mundo laboral e formar parte dunha economía, cada vez máis global? 

Neste taboleiro, aparecen as apreciacións dos alumn@s. Así que cada quen, pode sacar as súas propias conclusións. 

O panel está en fase de construción, irase actualizando na medida na que teñamos máis aportacións (última actualización 11/12/2018). 

Hecho con Padlet

jueves, 22 de noviembre de 2018

CHARLAS QUE INSPIRAN 



Inspirando aos mozos e mozas no seu futuro. Este foi o propósito das charlas que o pasado luns, 19 de novembro,  varios profesionais de Inditex trataron de  contarlles ao noso alumnado de 4º de ESO, a súa traxectoria tanto académica como profesional. Empezaron lembrando eses anos nas aulas, con certa añoranza e decatándose de que o tempo pasa moi rápido. Eles mesmos decían " estar revivindo eses días,  como cando  estaban  no Instituto". 

Aquí relato as súas experiencias reais. Por certo, eles déronme permiso para escribir o que eles transmitiron nas aulas.

Dani traballa no departamento xurídico na fábrica de Inditex en Arteixo . Leva traballando dous anos. A través de Linkedin, conseguiu unha entrevista que finalmente lle posibilitou poder estar desempelñando o posto que ocupa na actualidade.

Sempre foi moi bo estudante. Fixo Dereito e Administración e Dirección de Empresas. Dice que escolleu facer estes estudos porque non tiña moi decidido qué facer, e que foi a Orientadora quen lle aconsellou cursar este doble grao. 

Os seus anos na Universidade transcurriron con normalidade pero cando chegou a 4º de carreira, houbo como un punto de inflexión na súa vida, o como di el, tivo un "traspé". 

Dadas as escasas posibilidades de insertarse laboralmente, o seu irmán tivo que marchar de España, polas circunstancias económicas do noso país, situación  de enorme preocupación na propia familia e isto deixou mella en Dani.

A maiores tivo outra vivencia que foi impactante, a  oportunidade de compartir unha charla cunha persoa con algúns anos máis, en concreto 94, que expresaba o seu sufrimento polos familiares mortos, nos campos de concentración na segunda guerra mundial.

Estes aspectos serviron como un proceso de reflexión, para darse conta de valores tan importantes que melloran as habilidades de vida, tanto no ámbito persoal como profesional:

  • A capacidade de superación.
  • Autoconfianza: creer nun mesmo.
  • Esforzo persoal para alcanzar metas.
Cova é comercial e diseñadora de punto. Leva 13 anos traballando nesta empresa. Foi moi mala estudante no Instituto, ata chegou a repetir un ano. Tamén recorda como o director, donde estivo estudando, aconselloulle aos seus pais, que mellor estudase unha FP.  
Pero ela dí, "eu non era vaga" "non estaba toda a tarde tirada diante da tele" " non estaba na rúa facendo falcatruadas " investigaba e compraba toda canta revista había sobre dúas aficcións ( música e  moda ). Con todo, foi facendo o bacharelato e por iniciativa dos seus pais estudou Historia da Arte na universidade. Alí coñeceu a unha amiga, que tiña os mesmos intereses ( citados anteriormente ) e xuntas decidiron escribir sobe o que lles apaixoaba, chegaron a organizar festas para vender as revistas que publicaban. 

No quinto curso de carreira foi facer un ERASMUS a Milán. Alí estudou " espazos arquitectónicos para exhibición de moda· Para Cova, supuxo un gran enriquecemento cultural, estar vivindo nesa cidade europea. Isto foi tan determinante, que ao rematar o curso e os seus estudos universitarios, voltou para Roma e deixou o seu currículum nunha tenda en ZARA, na cal empezou como dependenta. A xornada laboral deixáballe tempo para facer un máster relacionado co estilismo, no cal tivo a sorte de que un dos profesores, lle pediu que se fose a traballar con el. Alí aprendeu como vestir a modelos para os desfiles e técnicas de colorido nos puntos... Despois de estar traballando durante 3 anos en Roma, veuse para Galicia e decide enviar currículum a ZARA  e en menos de 24 horas, xa a estaban chamando para unha primeira entrevista...e ata hoxe está traballando no imperio de Inditex.

Cova quixo destacar dous aspectos importantes, para apoiar aos estudantes nesa toma de decisións:
- Descubrir e facer realmente o que a cada quen lle gusta.
- Confianza nun mesmo " Faite caso"

martes, 6 de noviembre de 2018

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 5 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2018/19. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:


TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

Grao en Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: 

  • Ofertaranse 50 prazas.
  • O graduado nesta titulación sería o responsable de manexar grandes cantidades de datos. Sería como un científico de datos.
  • Non se trata dunha especialidade nin de Matemáticas, nin tampouco de Informática.
  • Debe de profundizar en 
    • Estatística 
    • Almacenamento e procesamento de datos ( Big Data )
    • Aprendizaxe automático ( Intelixencia Artificial )
    • Computación de altas prestacións
- Creación, Animación e contidos dixitais : 

  • Abarca o proceso completo de produción,  de animación e de videoxogos desde diferentes puntos de vista: artístico, comercial, técnico e creativo.
  • Ofertaranse 50 prazas.
  • Impartirase en Coruña na facultade de Ciencias da Comunicación.
  • Poderase acceder dende calquer rama de coñecemento.


TITULACIÓNS QUE   ADOPTARÁN ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 


- Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación: 

  • Sustituirá ao grao en Información e Documentación.
  • Impartirase no campus de Ferrol.
  • Susténtase nas áreas de Comunicación, Información, Software e Estatística
  • Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. 
  • Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: 
  • Terá un formato dual no último curso para aqueles estudantes de bo expediente Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
  • Impartirase no camus de Ferrol.

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

- Grao  en Xestión Industrial da Moda: 

  • Ofertaronse 50 prazas e está vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas. 
  • Impartese no camus de Ferrol.
  • É un título bilingüe. O 40% das materias impártense en Inglés
  • Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. 
  • Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. 
  • Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés. Ofertarán a posiblidade de darlles formación no Centro de Linguas quen non dispoña da certificación.
  • Os requerimentos para solicitar praza, ademáis de ter superada as probas de acceso á universidade ( ABAU) son: 
    • Certificación Oficial de Nivel B1 de Inglés.
    • Calificación en Inglés igual ou superior a 7, nos dous cursos de Bacharelato.
    • 4º ESO ou un curso de bacharelato superados en sistemas educativos de lingua inglesa.
    • Diploma de dominio B1.2/B1 (ou superior) no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
    xustificación dos méritos realizarase a través da web do Grao, entre o 1 de marzo é o 1 de xuño : http://gradoindustrialmoda.udc.gal/
  • Consulta o díptico coa información aquí.
- Grao en Paisaxe: 
  • Trátase dun grao interuniversitario. 
  • Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. 
  • Teñen previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .
  • O graduado nestes estudos ten certa traxectoria no estranxeiro. 
  • O seu plano de estudos integra diferentes áreas: topografía, arquitectura, medioambiente, botánica, xeoloxía e hidroloxía.
  • Tamén ofertaron 50 prazas. 
  • Consulta o díptico coa información aquí.

OFERTA DE GRAOS BILINGÜES DA UDC ( Cun mínimo de 40% de contidos impartidos en Inglés ).

Os requisitos esixibles son similares aos establecidos para o grao de deseño industrial da moda, para todo aquel alumnado que escolla cursar o grao en bilingüe.
GRAOS INTERNACIONAIS DA UDC

  • Cúrsanse os tres primeiros anos na UDC e o último curso nunha universidade de fora de España.
  • Supón a obtención de dous títulos, un correspondería a UDC e o outro é otorgado pola universidade estranxeira.
  • A UDC estableceu acordos bilaterais coa Universidade de Gales do Sur ( Reino Unido ) e tamén en Sidney. Os graos son:
    • Grao en Administración e Dirección de Empresas 
    • Grao en Enxeñaría Informática.
    • Grao en Inglés: estudos lingüísticos e Literarios
    • Grao en Dereito
  • A matrícula sería gratuíta nos países de destino.

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEC )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas xenéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...

jueves, 11 de octubre de 2018

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O próximo luns día 15, cada titor reunirase coas familias do seu grupo, para unha primeira toma de contacto. Na presentación que aparece máis abaixo, aparecen datos de interese, que se estima que as familias deben de coñecer e que posiblemente os titores comentarán na reunión.


Consideramos que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Hábitos e organización do estudo
  • Unha vez que comence o curso, axuden ós seus fill@s para que elaboren un horario de estudos.
  • Non só se trata de facer deberes, senón que tamén terá que dedicar tempo a facer repasos, preparar resúmenes ou adelantar traballo. Desconfiar de mensaxes tipo: "non teño nada que estudar", "non hai exames"...
  • A dedicación diaria é a mellor medida para previr dificultades
  • A misión da familia é supervisar esta dedicación: 
  1. Recordándolles horarios.
  2. Falando sobre as materias que están vendo na clase.
  3. Asegurándose de que dispón do material necesario.
  4. Axudándolles a evitar présas de última hora, na entrega de traballos ou preparación de exames.
  5. Supervisando a axenda escolar, no caso de tratarse de alguén despistado e desorganizado.
  6. Mantendo un ambiente de estudo axeitado, tratando de eliminar todas aquelas distraccións que poidan interferir.
Seguimento do proceso de aprendizaxe

  • Os pais deben de estar informados da marcha do seu fill@ e non esperar aos resultados das avaliacións
  • Manter entrevistas ao longo do curso co titor@s e profesores, acudindo sempre que se lle requira e adoptando medidas que se lle aconsellan, se fose necesario.
Controlar o tempo en internet

  • Nestas idades pode aumentar significativamente o tempo que pasa por causas das redes sociais.
  • Dende un principio é convinte marcar uns horarios, unhas normas estrictas sobre o seu uso que haberá que supervisar.
  • Os abusos neste aspecto, adoitan ser o principio de fracasos nos estudos.
  • En algúns casos, é necesario que a familia negocie co seu fillo e estableza un especie de contrato.
  • Nestes casos, o fill@ poderá disfrutar dunha serie de privilexios se cumple o horario de estudo e acada resultados axeitados.
Coñecer o seu círculo de amizades

  • Nestas idades, o círculo de amig@s ten  unha grande influencia sobre o adolescente.
  • O paso a secundaria é o momento donde se establecen novas relacións. É bastante habitual que se cambie de amig@s porque precisan explorar e atopar con quen compartir ideas, gustos e aficcións ( moda, gustos musicais..) Precisan sentir que encaixan socialmente.
  • Mantéñase informado e vixiante sobre as amizades: a presión entre iguais pode ser moi positiva pero tamén o contrario. Se o seu fill@ escolle amig@s con pouco interés polas tarefas escolares, é probable que esté menos disposto a estudar. Este exemplo tamén é aplicable a outros ámbitos: saúde, comportamento...

martes, 25 de septiembre de 2018

CURSAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO COMO POSIBILIDADE


Anualmente a Fundación Ortega convoca becas para cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá. Cubre o 100% do coste dos servizos:
  • Gastos de viaxe de ida e volta.
  • Tasas de escolarización e matrícula nun instituto público.
  • Aloxamento e manutención nunha familia de acollida
  • Seguro médico e de accidentes
  • Convalidación do curso académico
  • Unha pequena asignación semanal para gastos menores
Consulta o resto de información neste panel interactivo.

martes, 4 de septiembre de 2018

 PRAZO PARA SOLICITAR UN CICLO DE FP BÁSICA

Xa está aberto o prazo para facer unha FP Básica. Xa sabes, ao acabar podes seguir facendo un ciclo medio, despois deste un superior,  e.... rumbo á universidade!!!!. 

Preme nos títulos para ver como tes que facer. Para ir sabendo máis, non te esquezas de mirar, que prioridades ten cada ciclo de FP Básica para seguir estudando na Formación Profesional de grao medio. Este criterios serán de aplicación cando non hai suficientes prazas. En caso contrario, tanto mellor, poderías acceder a calquer ciclo. 

lunes, 3 de septiembre de 2018

ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR


Consulta aquí as prazas que quedan dispoñibles e sen lista de espera, na FP de grado medio e superior, tanto en réxime ordinario como de adultos.

sábado, 1 de septiembre de 2018

GRAO INTERUNIVERSITARIO DE PAISAXE

No presente curso dará comezo este novo grao. Estas novas ensinanzas universitarias serán impartidas en dous campus universitarios: Coruña e Lugo:

  • 1º e 2º curso na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela: campus de Lugo
  • 3º e 4º curso na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Este díptico recolle as saídas profesionais, o plano de estudos coa distribución das materias nos 4 cursos e outras informacións varias.


lunes, 20 de agosto de 2018

sábado, 28 de julio de 2018

PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA ALUMNOS CON CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS, EDUCATIVAS E FAMILIARES DETERMINADAS

Xa sabes, se clicas nos botóns que levan un signo + , accedes a toda a información.

martes, 3 de julio de 2018

A FP DUAL PERMITE ESTUDAR E TRABALLAR COBRANDO UN SOLDO

Consulta toda a información clicando nos botóns interactivos para ter  máis datos de interese. Aínda que o prazo rematou o 3 de xullo, segundo se informa neste link, amplíase ata cubrir todas as prazas.

domingo, 1 de julio de 2018

AMPLIACIÓN DAS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN NA ESO E BACHARELATO


Próximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia o currículo de dúas novas materias de libre configuración elixibles:
  • Sociedade Inclusiva ( poderá ofertarse en 1º e/ou segundo de ESO). O alumnado só poderá cursala nun dos dous cursos.
  • Coeducación para o século XXI ( poderá ofertarse en 1º curso de Bacharelato )
O resto de materias de libre configuración e os seus currículos, xa foron obxecto de publicación, neste post.

Neste taboleiro aparece o currículo, pendente de ser publicado.
Hecho con Padlet

Ligazón á normativa.

domingo, 24 de junio de 2018

miércoles, 20 de junio de 2018

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS

Accede a toda a información nesta presentación interactiva.

sábado, 16 de junio de 2018

CALCULA A TÚA NOTA DE ADMISIÓN


A Consellería deseñou un simulador para calcular a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG. Accede a página da Xunta e introduce as notas das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da fase obrigatoria e as notas das distintas materias da fase voluntaria )

martes, 12 de junio de 2018

STEMweek:ESTADÍAS CIENTÍFICAS EN INGLÉS NOS MESES DE VERÁN


A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria para a realización de actividade formativas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas ) durante os meses de verán. Consulta no panel toda a información.

lunes, 11 de junio de 2018

AS XORNADAS DE ACOLLIDA CREAN COMUNIDADE

Como xa ven sendo costume no noso centro, todos os anos organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto. Foron o pasado venres 8 de xuño.

Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR. Sí, eso que agora se oe tanto no eido educativo, "inclusión educativa" tamén ten sitio, nesto que conto.

É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar. Teño que dicir que mesmo temos "overbooking" entre a rede amplia de mediadores, para desempeñar esta labor de acompañamento. 

Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.  ( Máis abaixo podedes ver unha pequena mostra do que lles tiñan preparado así como a presentación utilizada para falarlles da etapa de Secundaria e outros aspectos do Instituto )

Tamén tiven a axuda dunha titora para amosarlles unha das aulas de referencia que posiblemente ocuparán cando cheguen en setembro. 

Non me podo esquecer destas catro alumnas de 1º de ESO,  colaborando na posta en escena deste video, no que contan as súas experiencias e vivencias nos primeiros días de Instituto.  


miércoles, 30 de mayo de 2018

QUERO SER CIENTÍTICA!!


As profesións nas áreas STEM ( Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics ) teñen pouca representación de mulleres. Nos cortos deste coleccionable aparecen referentes femeninos para o fomento das vocacións científicas fomentando reforzar os estereotipos positivos sobre as mulleres nos ámbitos científico-técnicos e promovendo valores de igualdade de xénero.
Fonte: http://orientaguadalpin.blogspot.com/
Hecho con Padlet

martes, 29 de mayo de 2018

QUE DEBEN DE SABER OS ALUMNOS DE 3º DE ESO

Nestes días terás que facer entrega da pre-matrícula ao teu titor. Para facer eleccións correctas precisas saber algunha información que tes na presentación e que xa che expliquei nas aulas. Se aínda así,  tes dúbidas podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

jueves, 24 de mayo de 2018

CANDO PASE A 3º DE ESO TEÑO QUE SABER ESTO


Xa non queda case nada para que remate o curso. Tanto é así, que antes de mañán tes que entregar un documento de pre-matrícula no que aparece a relación de materias fixas que vas a cursar en 3º e outras que deberás de escoller con sentidiño. Falo das matemáticas aplicadas e académicas. Estes son os consellos que che daría:
  • As dúas teñen un temario case igual, é dicir os temas son os mesmos pero o nivel de dificultade e profundización é maior no caso das académicas.
  • Se tes pensado  continuar no Bacharelato é máis aconsellable cursar as académicas. 
  • Se o teu caso é facer un ciclo de FP despois da ESO chega con cursar as outras. Recorda que dende a FP tamén podes chegar a cursar estudos universitarios, se lle pos ganas.
  • Con todo, se non tes graves dificultades para superalas ou non che supoñen un atranco escolle as académicas.
  • Cando chegues a cuarto vas atopar dous itinerarios: ensinanzas académicas e aplicadas. O primeiro deles é para cusar o Bacharelato e o segundo para a Formación Profesional. Nembargantes o título da ESO é igual para todos e tampouco é vinculante. É dicir ti decides...
  • Tamén é interesante que revises o que xa che expliquei na clase sobre esa folla de ruta a seguir. Precisas ver, ata donde podes chegar vendo as distintas opcións educativas para ir delimitando que camiño queres seguir. 

miércoles, 23 de mayo de 2018

QUE DEBERÍAMOS SABER PARA PASAR A SEGUNDO

Aspectos importantes:
  • Percorrido polo sistema educativo
  • Estructura da ESO
  • Tipos de materias
  • Materias de 2º da ESO
  • Contidos básicos de Oratoria e Educación Financieira
  • Eleccións en 3 de ESO
  • 4º de ESO: Ensinanzas académicas e aplicadas
  • Criterios de promoción
  • Consello orientador
  • Nota media da etapa
  • Criterios de promoción
  • Criterios de titulación
  • Outras alternativas para acadar o título de Secundaria
  • A Formación Profesional Específica
  • Bacharelato
  • Outras ensinanzas 

domingo, 20 de mayo de 2018

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS EN SANTIAGO


Xa está disponible neste panel toda a información, para solicitar unha residencia universitaria para o curso 2018/19 nos dous campus da USC: Lugo e Santiago de Compostela.

miércoles, 16 de mayo de 2018

INFORMACIÓN ACADÉMICA NO BACHARELATO

Contido da presentación:
  • Esquema do Sistema Educativo
  • Promoción e repetición no Bacharelato
  • Elección de materias en 2º de Bacharelato
  • Parámetros de ponderación
  • ABAU: Proba de bacharelato para acceder á universidade
  • O Bachibac
  • O Modelo Universitario Europeo: Plan Bolonia
  • Oferta de prazas nos graos universitarios 
  • Exemplo dun plan de estudos do grao de Bioloxía
  • A Formación Profesional Específica
  • Ensinanzas de Réxime Especial
  • Outros estudos
GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA

Diptico con información sobre:
  • Finalidade da titulación.
  • Saídas profesionais.
  • Aspectos mais destacados da titulación.
  • Instalacións da facultade da USC na que se imparte.

lunes, 14 de mayo de 2018

OFERTA EDUCATIVA DA ESCOLA DE ARTE PABLO PICASSO

Accede a información neste taboleiro. A oferta abrangue:
  • Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Talleres de oferta modular

Hecho con Padlet

QUE PODO FACER DESPOIS DE 4º DE ESO?


Esta é a presentación que se explicou nos grupos de 4º de ESO, con información sobre os seguintes aspectos: 
  • Criterios de titulación
  • Repetición de curso
  • Nota media da etapa e matrícula de honor
  • Consello Orientador
  • Bacharelato: acceso e modalidades
  • Criterios de promoción e repetición no bacharelato
  • Tipos de materias no bacharelato
  • Elección de materias en 1º de bacharelato
  • Relación das materias de bacharelato coas ramas de coñecemento dos graos universitarios
  • Parámetros de ponderación
  • As probas ABAU
  • O Bachibac
  • O Sistema Universitario en Galicia
  • A Formación Profesional Específica
  • As Ensinanzas de Réximen Especial
  • Outros estudos

sábado, 12 de mayo de 2018

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO


Xa queda moi pouco para que o alumnado de 2º de Bacharelato remate o curso. A Consellería vén de publicar os períodos de reclamación e o procedemento para reclamar as cualificacións . Neste panel podes consultar os períodos de reclamación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como de setembro. OLLO!!!! coas cores para diferenciar os prazos destas dúas convocatorias.

viernes, 11 de mayo de 2018

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA

Clica nos botóns interactivos para acceder á información.

OFERTA DE PRAZAS NOS GRAOS UNIVERSITARIOS E OUTRAS NOVAS DE INTERESE


A CIUG vén de publicar a oferta de prazas nos diferentes graos para o vindeiro curso. No taboleiro podes facer a consulta e tamén:
  • Calendario de matrícula da ABAU
  • Calendario de admisión e matrícula nos graos
  • Os parámetros de ponderación
  • Notas de corte
Hecho con Padlet
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...