GRAO ABERTO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
No próximo curso, dará comezo un grao aberto no campus de Lugo. O nome que lle dá a Universidade é 5USC Enxeñarías porque permite ao alumnado
escoller libremente materias de 5 graos diferentes durante o
primeiro e segundo ano de carreira para despois decidirse por
unha carreira concreta no ámbito da enxeñaría.
Os graos son:
- Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
- Grao en Enxeñaría Civil
- Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
- Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
- Grao en Robótica
Aquí tes o díptico con máis información.