Mostrando entradas con la etiqueta dobles graos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dobles graos. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de diciembre de 2019

UNHA EX-ALUMNA FÁLANOS DO DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA E QUÍMICA


Carmen Rodríguez Coronado, ex-alumna do noso centro estivo con nós no día de hoxe para falarnos do doble grao de Bioloxía e Química que está a cursar na Universidade de A Coruña. 

Está  cursando o terceiro curso deste grao. Conta que fai tres anos, ela estaba na mesma situación que está agora o alumnado de 2º de Bacharelato, sen saber que rumbo escoller. Só tiña claro que facendo unha modalidade de Ciencias, os graos do ámbito clínico non eran do seu agrado. Un factor de peso na decisión que tomou, tivo que ver que no caso de que o doble grao lle supuxese moita esixencia, sempre lle quedaba a posibilidade de continuar ou ben facendo só Bioloxía ou Química, como así foi o caso dalgunha das súas compañeiroas. Ou sexa, que por dudas tivo ata o último momento cando estaba a cubrir o impreso de petición de graos, a través da aplicación NERTA.

Fálanos de que estes estudos, teñen moita práctica de laboratorio, normalmente polas tardes. Sabe que noutras carreiras como enfermaría ou fisioterapia non hai tantas.

Neste primeiro cuadrimestre, ten 3 materias de Bioloxía e outras 3 de Química. Ela prefire que sexa así, porque no caso de que cada cuadrimestre fose exclusivamente para cada un dos estudos, esqueceríase de algún e non tería todo tan fresco.

A duración do grao son 5 anos, pero en realidade son, como dí Carmen, son 6 porque ao rematar tes que facer 2 TFG ( traballo fin de grao ) e poden levar tranquilamente o curso enteiro.

Concedéronlle unha beca de colaboración para traballar no departamento de Bioloxía. Polo de agora non pode aportar moitos datos, porque empezou onte, pero  supón que terá que preparar algunhas prácticas. Carmen di que a solicitou para aprender algo e que quede no currículo.

Entre os seus plans está solicitar facer prácticas externas con algunha empresa en 4º curso. Polo que nos dixo, a facultade ten convenio coa Estrella Galicia.

A primeira promoción deste doble Grao saíu en Xuño deste ano. Graduáronse 3 alumnos.

No seu caso non solicitou un programa Erasmus pero dí que coñece quen o está a facer. Teñen que presentar unha lista de materias do grao que están a facer, para convalidar na universidade á cal se vai e ten que haber coincidencia nos contidos. Normalmente, solicítanse en 3º ou 4º curso, aínda que hai alumn@s que o fan en 5º.

Por último, tamén contou a súa experiencia cando lle tocou presentarse ás ABAU. No seu caso só se presentou á fase voluntaria porque foi unha alumna bachibac no noso centro e non precisou de facer a faxe xeral, posto que tivo que facer a proba externa para ter a dobre titulación de bacharelato. En todo caso, non lle pareceron exames difíciles e deulle tempo de sobra a facelos ( hora e media) porque cando estaba no Instituto sempre eras das últimas en entregar.

viernes, 20 de abril de 2018

GRAO EN ARQUITECTURA TÉCNICA E DOBLE GRAO CON CIENCIAS EMPRESARIAIS

Na presentación destes estudos aparecen varios aspectos, sendo algúns deles os que se recollen a continuación:
1. Presencia da edificación dentro das actividades dos seres humanos.
2. Salidas profesionais.
3. Expectativas do desempeño profesional nesta titulación.
4. Prácticas externas e extracurriculares.
5. Instalacións e equipamento.


jueves, 17 de marzo de 2016

DOBLES GRAOS EN GALICIA


UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

  1. Bioloxía + Química (campus de Santiago) Nota de corte: 11.720
  2. Comunicación Audiovisual+Xornalismo  (campus de Santiago) Nota de corte: 11.580
  3. Dereito+Relacións Laborais e Recursos Humanos  (campus de Santiago) Nota de corte:8.911
  4. Enxeñería Informática+Matemáticas  (campus de Santiago) Nota de corte:12.276
  5. Física+Química  (campus de Santiago) Nota de corte:9.854
  6. Matemáticas+Física  (campus de Santiago) Nota de corte:13.084
  7. Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria+Enxeñería Forestal e do medio natural  (campus de Lugo ) Nota de corte:5.428
  8. Enxeñaría Civil +Enxeñaría Xeomática e Topografía (campus de Lugo ) Admitidos a todos

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

  1. Estudos lingüísticos e literarios en español+Estudos lingüísticos e literarios en galego e portugués  ( campus de A Coruña ) Nota de corte:5.360
  2. Estudos lingüísticos e literarios en español+Estudos lingüísticos e literarios en inglés  (campus de A Coruña ) Nota de corte:5.534
  3. Estudos lingüísticos e literarios en galego e portugués+Estudos lingüísticos e literarios en inglés  (campus de A Coruña ) Nota de corte:7.972
  4. Bioloxía+Química  (campus de A Coruña ) Nota de corte:11.118
  5. Turismo+ciencias empresariais  (campus de A Coruña: centro adscrito ) Nota de corte:6.716
  6. Administración e dirección de empresas+Dereito (campus de A Coruña ) Nota de corte:8.963
  7. Enxeñaría Mecánica+Enxeñaría Naval e Oceánica  ( campus de Ferrol) Nota de corte:6.318
  8. Ciencias Empresariais+Arquitectura Técnica ( campus de A Coruña) Nota de corte:5.368
UNIVERSIDADE DE VIGO

  1. Administración e dirección de empresas+Dereito ( campus de Vigo e Ourense ) Nota de corte:9.122 en Vigo  Nota de corte:7.848 en Ourense
  2. Administración e dirección de empresas+Informática ( campus de Ourense) Nota de corte:5.900


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...