Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
sábado, 7 de noviembre de 2020
miércoles, 14 de octubre de 2020
viernes, 18 de septiembre de 2020
AS TIRITAS EMOCIONAIS CURAN
miércoles, 2 de septiembre de 2020
AS COSTUMES NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO INSTITUTO TAMÉN MUDARON
Xa non podemos ir a tropel, como facíamos antes. Para que nos sexa máis doado gardar as distancias de seguridade e manter unha certa orde nas entradas e saídas, e mesmo cando poidamos disfrutar dos períodos de lecer se fai bo tempo, temos que cambiar de ruta.
Aínda que o titor/a estará esperando por ti na entrada do Instituto, non está demáis que mires e remires esta presentación, para levalo máis entrenado e tamén saber, donde está ubicada a túa aula. Xa quedaron atrás as aulas materia para os alumnos de curso superiores e que lles obrigaba a mudar de aula, entre clase e clase. Agora todo o alumnado terá unha única aula para a meirande parte das materias.
martes, 1 de septiembre de 2020
AS NORMAS COVID E ALGUNHA TIRITA EMOCIONAL
Achégase o inicio do curso, a volta á escola. Quen nos diría que ía pasar tanto tempo, sen volver a pisar o Instituto, dende que quedamos confinados nas nosas casas.
A nova normalidade fai que algunhas das cousas que adoitábamos facer no Insti, xa non son iguais. De seguro que nas vosas casas e mesmo cando saídes á rúa, as costumes mudaron.
A nova realidade obríganos a ter unha serie de precaucións para estar sans e fortes e tamén para cando estamos tristeiros, saber qué facer... A esto chamámoslle benestar emocional. Entra dentro do noso autocoidado persoal e tamén dos demáis.
Pero... sabemos como facelo? Eu diría, que ás veces, está ben recordar cousas para non esquecelas.
É máis... eu retaríate a que axudes a Brúxula Violeta. Cos seus poderes máxicos podes facer unha labor grandiosa para a humanidade. Se te animas segue os seus pasossss...
sábado, 4 de abril de 2020
SEGUIMOS EN CUARENTENA TELE-ORIENTANDO
- Aseia Galicia é unha asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia.
- Está dando cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa, a aqueles menores e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19. Atende a adolescentes de entre 12 e 18 anos, e a coidadores de nenos e nenas de 0 a 11 anos.
- O teléfono de contacto é 622 245 545. Mail aseia.galicia@gmail.com
- O Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña, que é un servizo de apoio ós departamentos de orientación, tamén é defensora de proporcionar axuda que vaia máis aló da atención curricular e facer unha labor de acompañamento. Este foi o comunicado que nos chegou nestes días:
viernes, 3 de abril de 2020
DOBREGAR A CURVA DO MEDO
- Axuda a estar máis serenos, menos ansiosos.
- Mellora o ánimo se o comparas con antes de empezar a escribir.
- Axuda a detectar eses avisos que o corpo nos dá, e que xa sabes: sudoración, respiración acelerada, sensación de mareo...
- Actúa como antídoto para enfermedades mentais máis graves como a depresión
- Axuda a detectar eses pensamentos que van e veñen nunha viaxe con tanto frenesí que non hai quen lles poña freno.
- Pon en orde esas palabras, que na nosa cabeza poden chegar a ter tal velocidade, que se atropellan unhas a outras, producindo un choque en cadea.
martes, 24 de marzo de 2020
POÑER NOME Ó QUE ME PASA
- Non teñen lóxica, nin sentido.
- Son automáticos. Véñense á cabeza sen darnos conta. É complicado poñer control sobre eles
- Non son útiles
- Producen emocións moi fortes.
- Normalmente expresamalos con absoluta seguridade. Probabilidade dun 100% " "Son un zoquete"
- Non están baseados en evidencias, cousas demostrables. Os científicos formulan hipóteses, reúnen datos e probas, e no caso de que se confirmen mantéñense e se non descártanse.
- Colle un lápiz e papel e anota todos estos pensamentos irracionais, intrusivos, tóxicos, venenosos. Axúdate das etiquetas que lles puxen para identificalos
- Unha vez que os teñas anotados pensa en pensamentos alternativos que se adapten mellor á realidade.
- Seguro que me infecto co Covid-19 ( eu e os meus familiares ): Fíxate outra vez nas etiquetas:
- Prodúcenme emocións moi intensas de ansiedade e preocupación e non teño control sobre esto
- Non é un pensamento útil. Poden bloquearme e levarme a realizar condutas que son contrapoducentes dende ver moitas noticias relacionadas con esto, facer caso de todos os bulos que circulan polas redes sociais, mirar síntomas en internet, querer comprar medicamentos en exceso. Esto non me axuda a coidarme, nen tampouo ós que están comigo.
- Somos moi radicais na linguaxe que utilizamos. Facemos aseveracións xerais e de absoluta seguridade. " Existe un 100% de probabilidade de que me infecte porque os meus pais traballan no CHUAC". Ademáis tamén pensaremos que si nos contaxiamos nós ou os nosos pais, a sintomatoloxía será moi perigosa porque xa morreu unha enfermeira no País Vasco.
- Qué pensamentos alternativos poderíamos adoptar?
- Si non presento síntomas é moi pouco probable que eu ou alguén da miña familia teña o virus.
- Non me fixeron as probas polo tanto non podo sabelo.
- Non teño síntomas e non coñezo ningún contaxiado no meu círculo máis cercano.
- Se tomo as medidas de precuación, non nos vamos a infectar
- Un só síntoma, como por exemplo a febre non quere dicir que me vaia a infectar
- Se en última instancia dou positivo no test non quere dicir que sexa mortal.
- Outras medidas para autocontrolarte
- Nada máis levantarte pensa en algo positivo: foi emocionante ver aplaudir á xente nos balcóns. Hoxe teño que acordarme de saír á ventana ás 8 da tarde. Vou facer un arco da vella para poñer nos cristais. #EstamosTodosNesto .Vou facer unha videochamada cos meus amig@s.
- Se de cando en vez chegan á túa cabeza pensamentos que che producen malestar, párate uns segundos e fai algo para deter ese pensamento. Por exemplo, dar un pequeno golpe na cabeza, apretar os puños... apretar os ollos...
- Podes tamén poñer posits de cores na túa habitación, mesa de estudo, nevera... con bromas, a infografía que está neste blog con cousas para manter a raia o coronavirus.
- Outro exercicio que podes proba a facer é debuxar a curva da ansiedade, actividade proposta pola orientadora Rebeca no seu blog. Fixate na ilustración:
lunes, 23 de marzo de 2020
domingo, 22 de marzo de 2020
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ESTANDO CON VÓS DENDE A CASA
- Pilar Morandeira Roel (profesora de Pedagoxía Terapéutica ):pilarmorandeira@edu.xunta.es
- David Dieguez Souto (profesor de Pedagoxía Terapéutica ): david.dieguez@edu.xunta.es
- Lourdes Otero Rodríguez ( Orientadora ): otero@edu.xunta.es
CLASES NA TELEVISIÓN
- O Ministerio de Educación ten programación de luns a venres, con clases para que non te quedes atrás e teñas as mesmas oportunidades que os que están conectados cos profes.
- A TVGA tamén emitirá de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 horas diferentes contidos relacionados con Xeoloxía, Bioloxía, Xeografía e Historia...
lunes, 16 de marzo de 2020
QUEDARSE NA CASA PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS
- Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos.
- Para mitigar a ansiedade, hai que evitar estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.
- Nestes días foron masivas as mensaxes que se transmitiron, tanto nos medios oficiais como en redes sociais sobre o movemento #YoMeQuedoEnCasa
- Que sexan conscientes da súa corresponsabilidade e reforzala coa idea de que é unha simple batalla que gañaremos entre todos.
- Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ó benestar de tod@s.
- Participar cada día no aplauso compartido ós sanitarios para que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. A iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena, estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.
- Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis parecido posible ós habituais.
- Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas ( a sabendas de que axuda a matar o tempo nestes días ). Aplicar o sentido común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía.
- Facer actividades físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías ou táboas de exercicios. A nosa xefa de departamento de Educación Física recoméndanos que quedarse na casa non quere dicir non moverse.
- Actividades culturais:
- Visitas virtuais a museos:
- Museo del Prado. Na conta de Instagram realizan videos en directo de luns a venres de 9:50 a 10 am comentando algunha obra deste museo.
- Galería Uffizi en Florencia
- Museo do Vaticano en Roma
- Museo Arqueolóxico en Atenas
- Museo do Louvre en Paris
- Museo Británico en Londres
- Museo Metropolitano en Nueva York
- National Gallery of Art en Washington
- Festival me quedo en casa e cuarentena. Moitos artistas a través dos seus perfiles de Instagram están facendo directos duns 30 minutos.
- Documentais de RTVE, moitos e variados.
- Fomentar a creatividade e aproveitar para facer actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
- Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios. Existen moitos videos de meditación guiada en Internet.
- Lecturas de interese, sós ou en compañía.
- Existen varias contas de Instagram de clubs de lectura. Unha delas é el clubdelecturaconbrillibrilli . O seu lema é " leer es de guapas". Cada dúas semanas propoñen un libro novo para comentar. Trátase dun club virtual de animación á lectura.
- Libros gratuitos.
- Hai posibilidade de acceder ó fondo de libros ebooks das bibliotecas españolas.
- Algúns autores, como o debuxante de comics El Torres ou os autores de El Bosque subiron todos os seus libros/comics gratis para poder disfrutalos.
- Procurar manter no día a día o repaso das tarefas escolares. A este respecto, xa se facilitaron explicacións na páxina web do Instituto " pautas para o teletraballo escolar " e no apartado de calendario de exames e tarefas tamén hai indicacións de cada materia.
- Fomentar a responsabilidade do estudante coa entrega en tempo e forma das tarefas que o seu profesorado considere.
- Recomendacións de APOEMUR para quedarse na casa
- Recomendacións do colexio oficial de psicólogos de Madrid
- Recomendacións do colexio oficial de psicólogos de Galicia
- Guía para contarlle ao teu fill@ porqué non vai ó cole










