lunes, 16 de marzo de 2020

QUEDARSE NA CASA PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS

******Ultima actualización 22/3/2020

ALGÚNS CONSELLOS ÚTILES



- Facerlles entender a situación:
  • Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos
  • Para mitigar a ansiedade, hai que evitar  estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.

- Convencelos de que se teñen que quedar na casa:
  • Nestes días foron masivas as mensaxes que se transmitiron, tanto nos medios oficiais como en redes sociais sobre o movemento #YoMeQuedoEnCasa
  • Que sexan conscientes da súa corresponsabilidade e reforzala coa idea de que é unha simple batalla que gañaremos entre todos.
  • Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ó benestar de tod@s.
  • Participar cada día no aplauso compartido ós sanitarios para que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. A iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena, estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.

- Manterse ocupados na casa:
  • Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis parecido posible ós habituais.
  • Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas ( a sabendas de que axuda a matar o tempo nestes días ). Aplicar o sentido común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía. 
  • Facer actividades físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías ou táboas de exercicios. A nosa xefa de departamento de Educación Física recoméndanos que quedarse na casa non quere dicir non moverse.
  • Actividades culturais:
  • Fomentar a creatividade e aproveitar para facer actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
  • Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios. Existen moitos videos de meditación guiada en Internet.
  • Lecturas de interese, sós ou en compañía. 
    • Existen varias contas de Instagram de clubs de lectura. Unha delas é el clubdelecturaconbrillibrilli . O seu lema é " leer es de guapas". Cada dúas semanas propoñen un libro novo para comentar. Trátase dun club virtual de animación á lectura.
    • Libros gratuitos. 
      • Hai posibilidade de acceder ó fondo de libros ebooks das bibliotecas españolas. 
      • Algúns autores, como o debuxante de comics El Torres ou os autores de El Bosque subiron todos os seus libros/comics gratis para poder disfrutalos.
- Non perder o fío dos estudos:
  • Procurar manter no día a día o repaso das tarefas escolares. A este respecto, xa se facilitaron explicacións na páxina web do Instituto " pautas para o teletraballo escolar " e no apartado de calendario de exames e tarefas tamén hai indicacións de cada materia.
  • Fomentar a responsabilidade do estudante coa entrega en tempo e forma das tarefas que o seu profesorado considere.
Ligazóns recomendadas: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...