Mostrando entradas con la etiqueta aponte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aponte. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de febrero de 2023

 A USC NO NOSO CENTRO


Este ano foi Vicente Moreno, profesor da facultade de Física quen veu ó noso centro, o pasado venres 17 de febreiro, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ó alumnado de 2º de bacharelato. Esta foi a presentación que utilizou para informar ó alumnado.







domingo, 12 de diciembre de 2021

 A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato. 

Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.


jueves, 25 de marzo de 2021

A USC NO NEIRA VILAS


Este ano foi Carolina Torrón e Javier López González profesores das Facultade de Química e Enxeñaría, quen presentaron á Universidade de Santiago, incluíndo a oferta de graos universitarios e outros aspectos de interese. 

En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas en todos os grupos de bacharelato e en días distintos ( 3 e 23 de Marzo)

miércoles, 11 de diciembre de 2019

O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO



Esta semana estivo con nós Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago, para presentar a oferta académica e outras informacións varias. Xa é a segunda vez que está no noso centro.

Antes de adentrarse neste tema, díxolles a toda a rapazada do noso Instituto que esa carreira de fondo por conseguir unha maior nota e os apuros para dar todo o programa e facer as ABAU, só ocurría en 2º de Bacharelato

Despois cando se está a estudar un grao, non hai esa esixencia de ter unha nota determinada para ter un título. Noutras palabras, chega cunha nota mínima dun 5. Sen embargo, puntualizou que cando se decide estudar algo que gusta, é moi probable que as notas sexan máis dun 5.

Deulle tamén importancia o feito de que ir á universidade, é unha opción máis pero que non é a única. Destacou que cursar un ciclo formativo superior e outra alternativa moi interesante, tendo igualmente a oportunidade de cursar un grao universitario, unha vez rematada a Formación Profesional. Puxo como exemplo, que algúns dos seus alumnos que estaban nesta mesma situación, tiñan outras destrezas, habilidades e madurez, comparandoos cos que non estiveran a cursar eses estudos.

Tamén fixo fincapé en que un nunca remata de estudar, a formación ten que ser ao longo da vida, especialmente porque o coñecemento avanza moi rápido.

E xa indo a falar da Universidade, á que representa, comentou a USC é unha das 85 universidades públicas do territorio español. 
  • Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España. 
  • Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
  • Ten un total de 43 títulos
Velaquí está a presentación con máis información

lunes, 4 de febrero de 2019

A USC FIXO PRESENZA NO NOSO INSTITUTO




Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Universitario de Lugo e coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, estivo no noso centro o pasado venres 1 de Febreiro para presentar a oferta formativa da Universidade de Santiago.

A súa mensaxe estivo centrada en que as eleccións vocacionais se tomasen, tendo en conta aquilo polo que realmente están interesados, algo que fose do seu agrado, máis que seren determinadas por modas, prestixio u outros motivos alleos.

Mencionuo os dobles grados que oferta a USC, indicando que a súa oferta por parte da Universidade debeuse máis a unha demanda social. Son graos que implican facer un grande esforzo pola súa carga de créditos, ademáis de ser o acceso aos mesmo complicada pola súa nota de corte tan alta. Tamén aclarou que un alumno cando remata estes graos non ten dous títulos como noutras universidades, ten un único título no que consta que é graduado nas dúas titulacións superadas.

Tamén salientou que as opcións de Formación Profesional Superior son igualmente interesantes y válidas como cursar calquer grao. Como aportación persoal, dada a súa condición de profesor, engadiu que na súa escola había alumnos procedentes de graos superiores das ramas de edificación e obra civil cunha preparación y madurez maior que o alumnado procedente do bacharelato.

Outro aspecto importante que indica, é a pouca demanda que están tendo na actualidade as enxeñarías, razón pola cal as notas de corte non son moi altas. Todo esto fai pensar que nun futuro, estas titulacións acabarán tendo una boa empregabiliade laboral.

Fixo fincapé en que o alumnado que estuda na USC precisa ter un nivel B1 nun idioma estranxeiro para poder graduarse.

Velaquí vos deixo a presentación.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...