Mostrando entradas con la etiqueta Orientación Vocacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación Vocacional. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de enero de 2017

VIDEOS DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O SIOPE é un servizo de información e orientación ós estudantes da Universidade de Vigo. Dende o ano pasado imparte un curso semipresencial para orientadores. Este ano é a segunda edición. 

Os seus organizadores solicitaron a miña colaboración, para que aportase o meu enfoque, sobre unha das grandes tarefas que temos os orientadores nos centros: a orientación para a toma de decisións vocacionais. Como seguramente moitos dos meus compañeiros e compañeiras, dedicamos grandes esforzos a que estas eleccións sexan responsables e maduras, sendo un gran condicionante a madurez do propio alumnado. As novas tecnoloxías axúdannos a realizar este traballo. A era dixital na que nos atopamos, fan que a imaxe teña un grande valor de aprendizaxe. Froito desta reflexión,  quixen aproveitar o potencial dos medios audiovisuais, gravando esta saga de videos, primeiramente para quen me fixo o encargo,  e tamén para quen teña interese por estes temas.

miércoles, 25 de mayo de 2016

PROBANDO A ORIENTAR 



Este ano quixen dar un paso adiante na comprometida tarefa de orientar. Para facer isto fíxenme valer dalgunhas ferramentas que os orientadores temos ó noso dispor e que están recollidas en varios blogues de orientación e tamén neste ( vexase esta colección).

Tamén quixen probalas en primera persoa,  co alumnado e non canalizalo a través do titor. Son unha das poucas orientadoras afortunadas, que atende a douscentos e pico de alumnos que este ano hay no centro. 

En concreto, este ano podo falar de dúas probas de orientación vocacional. Unha delas é o GR ou gran recorrido de Educaweb e a outra é o programa Orienta. 

A miña experiencia coa primeira das citadas non é moi positiva. Son varias as razóns que me levaron a pensar isto e a dicir verdade tampouco me quedaron moitas ganas de repetir. Expoño algunhas:

- Para empezar hai que rexistrarse e isto non é un inconvinte en sí mesmo pero constatei  ( xa o sospeitaba de antes ) que o alumnado non utiliza o correo electónico como ferramenta habitual. Unha vez arranxado este asunto, o informe que xenera é dificil de dixerir e explícome: aínda que a información que proporciona é moi completa, este feito fai que o ser demasiado extenso resulta complicado simplificala. Como dí o refraneiro " o breve é bo é dúas veces bo". Aparecen tantas ligazóns a diferentes seccións da páxina de educaweb que se perde un.

- Outro atranco que tiven foi que o gardar o informe en formato *odt non resaltou as cores , nen subliñados que axudaban a entender parte dos datos. Fago unha captura para dar conta do que digo:


- Por último, eu pensaba que posto que inicialmente teñen que rexistrarse coa conta de correo electrónico, unha vez cuberta a enquisa,  automáticamente se faría un envío cos resultados, pero isto non é así. Sí, sí .... xa sei que esta páxina ofrece uns servizos a cambio de fins comerciais.... En fin,  o mellor é posible que eu non fose capaz de sacarlle gran proveito e outros profesionais da orientación sí...

Polo contrario ó Programa Orienta sí que lle vin máis utilidade. Tanto é así,  que con cada alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelto, elaborei un informe individualizado con orientacións concretas. No seguinte documento recollo algúns deles para 1º de Bacharelato ,  mantendo o anonimato. E TI QUE ACONSELLARÍAS.......????    

lunes, 18 de enero de 2016

Loading...
Loading...

domingo, 15 de junio de 2014

miércoles, 11 de junio de 2014

miércoles, 4 de junio de 2014



A Fonte de información procede do Blog: Orientaguía

martes, 13 de mayo de 2014


HORARIO DAS PAU E LUGAR DE REALIZACIÓN

Ó Instituto Plurilingüe Xosé Neira Vilas correspóndelle examinarse na Facultade de Económicas do Campus de Elviña- A Coruña


PRIMEIRO DÍA: 11 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Presentación

10:00
Lingua Castelá e Literatura

11:30
Descanso

12:15
Historia de España/Histora da Filosofía

13:45
Fin da sesión




PRIMEIRO DÍA: 11 DE XUÑO

TARDE

16:00
Lingua Galega e Literatura

17:30
Descanso

18:15
Lingua Estranxeira

19:45
Fin da sesión





SEGUNDO DÍA: 12 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Matemáticas II/Grego II/Técnicas de Expresión Gráfico-Plásticas

10:30
Descanso

11:15
Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/Deseño

12:45
Descanso

13:30
Química/Latín II/Debuxo Artístico II

15:00
Fin de la sesión




SEGUNDO DÍA: 12 DE XUÑO

TARDE

16:30
Bioloxía/Historia da Arte

18:00
Descanso

18:45
Electrotecnia/Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Artes Escénicas

20:15
Fin da sesión





TERCEIRO DÍA: 13 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Física/Xeografía/Análise Musical II

10:30
Descanso

11:15
Tecnoloxía Industrial II/Economía da Empresa

12:45
Descanso

13:30
Debuxo Técnico II/Historia da Música e da Danza

15:00
Fin da sesión



Podes atopar máis información se pinchas na seguinte imaxen







jueves, 8 de mayo de 2014

martes, 22 de abril de 2014

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...