PROBANDO A ORIENTAR
Este ano quixen dar un paso adiante na comprometida tarefa de orientar. Para facer isto fíxenme valer dalgunhas ferramentas que os orientadores temos ó noso dispor e que están recollidas en varios blogues de orientación e tamén neste ( vexase esta colección).
Tamén quixen probalas en primera persoa, co alumnado e non canalizalo a través do titor. Son unha das poucas orientadoras afortunadas, que atende a douscentos e pico de alumnos que este ano hay no centro.
En concreto, este ano podo falar de dúas probas de orientación vocacional. Unha delas é o GR ou gran recorrido de Educaweb e a outra é o programa Orienta.
A miña experiencia coa primeira das citadas non é moi positiva. Son varias as razóns que me levaron a pensar isto e a dicir verdade tampouco me quedaron moitas ganas de repetir. Expoño algunhas:
- Para empezar hai que rexistrarse e isto non é un inconvinte en sí mesmo pero constatei ( xa o sospeitaba de antes ) que o alumnado non utiliza o correo electónico como ferramenta habitual. Unha vez arranxado este asunto, o informe que xenera é dificil de dixerir e explícome: aínda que a información que proporciona é moi completa, este feito fai que o ser demasiado extenso resulta complicado simplificala. Como dí o refraneiro " o breve é bo é dúas veces bo". Aparecen tantas ligazóns a diferentes seccións da páxina de educaweb que se perde un.
- Outro atranco que tiven foi que o gardar o informe en formato *odt non resaltou as cores , nen subliñados que axudaban a entender parte dos datos. Fago unha captura para dar conta do que digo:
- Por último, eu pensaba que posto que inicialmente teñen que rexistrarse coa conta de correo electrónico, unha vez cuberta a enquisa, automáticamente se faría un envío cos resultados, pero isto non é así. Sí, sí .... xa sei que esta páxina ofrece uns servizos a cambio de fins comerciais.... En fin, o mellor é posible que eu non fose capaz de sacarlle gran proveito e outros profesionais da orientación sí...
Polo contrario ó Programa Orienta sí que lle vin máis utilidade. Tanto é así, que con cada alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelto, elaborei un informe individualizado con orientacións concretas. No seguinte documento recollo algúns deles para 1º de Bacharelato , mantendo o anonimato. E TI QUE ACONSELLARÍAS.......????
Felicidades por tu trabajo, Lourdes. Me gusta mucho el modelo de informe que has generado.
ResponderEliminarGracias, Alberto. Un saludo
ResponderEliminar