O PASO Ó INSTITUTO
Achégase final de curso e no noso centro xa estamos argallando, para ver como podemos facilitarlle o tránsito, o novo alumnado que teremos o vindeiro curso. Coñecer as preocupacións e inquedanzas que poden ter os futuros alumnos é básico para garantizar que o proceso de adaptación sexa o máis axeitado posible. Con este fin, anexo este formulario, para que o alumnado de 6º de Primaria poida expresar todas aquelas inquietudes e así poder darlles resposta, cando teñamos a xornada de acollida con todos eles.
Benvidos ó Instituto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario