Mostrando entradas con la etiqueta Formación Profesional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación Profesional. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de abril de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DA FP BÁSICA


Velaquí tes este video, no que che conto que é a FP Básica e para que  che vale

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DE FP MEDIA


Esta vez é a FP Media a que ocupa o papel principal nesta publicación. Seguirás descubrindo máis cousas respondendo ás preguntas que che fai o video.

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DE FP SUPERIOR


Agora que xa sabes cousas da FP Básica e Media, quedaches o ultimo nivel, a FP Superior,  e despois se queres rumbo á Universidade.

Este video ten 10 minutos de duración escasosComo sempre terás que respoder a preguntas moi sinxelas para ver o que aprendiches. 

miércoles, 29 de abril de 2020

TELEORIENTANDO SOBRE OS TRES NIVEIS DA FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

Para ter unhas nocións básicas e saber  como se ordena a Formación Profesional Específica, mira este video de pouco máis de 7 minutos
Como sempre terás que respoder a preguntas moi sinxelas para ver o que aprendiches.
En posteriores videos explicareiche, con máis detalles,  cada un deses niveis.

lunes, 4 de noviembre de 2019

TRINTA CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO NA CONTORNA DE OLEIROS

Velaquí tes cada un destes ciclos. Descubre: 
  • Que vas aprender
  • Donde podes traballar
  • Cales son as principais ocupacións laborais
  • Donde podes estudar cada ciclo
  • Aptitudes que preciso ter

lunes, 3 de septiembre de 2018

ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR


Consulta aquí as prazas que quedan dispoñibles e sen lista de espera, na FP de grado medio e superior, tanto en réxime ordinario como de adultos.

domingo, 24 de junio de 2018

ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR CURSO 2018/19


Consulta toda a información neste panel interactivo.

sábado, 27 de enero de 2018

VÍAS PARA TER CUALIFICADA A  FORMACIÓN PROFESIONAL

No pasado mes de Novembro a Consellería de Educación organizou unha Xornada de Orientación Profesional para os profesionais que traballamos no ámbito educativo e laboral. José Manuel Rodríguez Buján, Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional, fixo unha exposición moi completa sobre as distintas opcións que  ofrece o sistema educativo e laboral para estar cualificado para a Formación Profesional. 

Aspectos salientables que eu destacaría por ser novedosos para min:
  • O acceso á Formación Profesional para as persoas adultas non precisa requisitos académicos. Con experiencia profesional de polo menos 2 anos relacionada directamente co ciclo, as persoas pódense matricular en módulos asociados a unidades de competencia.  
  • Segundo o RD lei 5/2016, do 9 de decembro, poderán obter o título de Bacharelato, alumnado que superando as materias xerais dentro do bloque de materias troncais, segundo a modalidade que elixa, o alumnado de:

         - Ciclos de grao medio e superior

         - Ensinanzas Profesionais de Música e Danza
  • Hai ciclos que teñen en común os módulos do primeiro curso e quedarían validados no caso de querer cursar un segundo ciclo formativo.

  1. Carpintería e Moble, e Instalación e Amoblamento
  2. Administración e Finanzas, e Asistenza á Dirección
  3. Deseño e Xestión da Produción Gráfica, e Deseño e Edición de Publicacións Impresa e Multimedia.
  4. Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade
  5. Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, e Desenvolvemento de Aplicacións Web
  6. Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos, e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
  7. Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría
  8. Laboratorio Clínico e Biomédico, e Anatomía Palolóxica e Citodiagnóstico




jueves, 7 de septiembre de 2017

ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR!!!!!


Se estabas pendente por saber como che foi nos exames de setembro e tes claro que queres probar sorte nun ciclo formativo de grao medio ou superior, ésto é o que precisas saber. DALLE Ó RATO AXIÑA QUE MAÑÁN MESMO REMATA O PRAZO.

lunes, 28 de agosto de 2017

OCUPACIÓNS LABORAIS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS

Que podo descubrir con este panel interactivo?

  • Postos de traballo das familias profesionais
  • Aptitudes que preciso
  • Estudos de FP que teño que facer para cada ocupación
  • Onde podo cursar estes estudos
  • Datos de inserción laboral ( actualizados a Xuño de 2017 )
E como sempre, non te esquezas de pasar o rato,  para acceder ás ligazóns

lunes, 12 de junio de 2017

NOVOS CICLOS FORMATIVOS SUPERIORES NA MODALIDADE DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

1. Que é a Formación Profesional Dual?

Trátase dunha formación combinada entre o centro educativo e unha empresa, sendo ésta quen facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. O alumnado podería percibir algún tipo de remuneración.

2. Que duración ten?

Ten a mesma duración co resto dos ciclos: dous cursos académicos

3. Nova oferta na nosa contorna educativa

  •  CS de Química Industrial no IES A Sardiñeira. Teñen dous convenios: un deles coa "Empresa Repsol" con 18 prazas e o outro con "Estrella Galicia" con 12  prazas.
  • CS de Mecatrónica no IES Universidade Laboral. Teñen un convenio en colaboración coa empresa Hijos de Rivera S.L. ( Estrella Galicia )
4. Prazo de presentación

Desde o 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de Xuño de 2017.
Velaquí tes os folletos con toda a información e máis abaixo a oferta para o curso 2017/18 para toda Galicia



LIGAZÓNS:
A FP Dual en Galicia
Admisión na FP Dual 
Convenios FP Dual 

sábado, 3 de junio de 2017

DENDE Ó BACHARELATO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


Se a túa idea é facer un ciclo superior despois de rematar o bacharelto, mira este taboleiro para ver que modalidades e materias son as axeitadas para cada un deles. 
Hecho con Padlet

jueves, 18 de mayo de 2017

DENDE A FORMACIÓN PROFESIONAL Á UNIVERSIDADE

Os cambios normativos permiten que a elección da Formación Profesional, sexa un alternativa real para o alumnado que quere completar o seu itinerario formativo nun perfil profesional. 

Se das un paseo virtual por esta presentación descubrirás como dende o primeiro peldaño da Formación Básica podes chegar a ben arriba ata a Universidade, do mesmo xeito, que se cursas o bacharelato.

lunes, 17 de abril de 2017

GUÍA DE ACCESO A ESTUDOS SUPERIORES 2017


Non deixes de consultar esta guía, se aínda andas na procura de máis información, para facer unha escolla que determinará o teu futuro. Está elaborada polo CMIX ( Centro Municipal de Información Xuvenil ) do Concello de A Coruña.

Hecho con Padlet

miércoles, 11 de enero de 2017

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017



1. CICLOS DE GRAO MEDIO

Datas de inscripción O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
Requisitos de inscripción: Ter dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Lugares de inscripción:  
  • As solicitudes deberán presentarse en papel, en centros nos que se impartan as ensinanzas de formación profesional.
  • As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.  
Estructura e organización da proba

- Parte sociolingüística:
  • Lingua Castelá
  • Lingua Galega
  • Ciencias Sociais

- Parte matemática
  • Matemáticas
- Parte científico-técnica
  • Ciencias da Natureza
  • Tecnoloxía

Datas e horarios das probas:
Terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica deseguido:
  • Ás 9:00 horas: presentación
  • Das 10:00 ás 13:00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
  • Das 16:00 ás 18:00 horas: parte científico-técnica




Presentar no momento de realizar a proba o DNI e a copia da folla de solicitude de inscripción


2. CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Datas de inscripción O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
Requisitos de inscripción: Ter dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Lugares de inscripción 
  • As solicitudes deberán presentarse en papel, en centros nos que se impartan as ensinanzas de formación profesional ( agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro)
  • As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.  
    Estructura e organización da proba


    - Parte común:
    • Lingua Castelá
    • Lingua Galega
    • Matemáticas

    - Parte específica: Escoller unha opción e dúas das tres materias de cada unha delas.
    • Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira ( Inglés ou Francés ) e Filosofía
    • Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
    • Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.
    Datas e horarios das probas:
      Terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica deseguido:
      • Ás 9:00 horas: presentación
      • Das 10:00 ás 13:30 horas: parte común.
      • Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica

      lunes, 27 de junio de 2016

      PROCESO DE ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR



      1. Admisión nos ciclos de grao medio en réxime ordinario

      As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
      Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
      Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
      Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
      Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
       A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

      • GRUPO A
      ESO ou equivalentes
      • GRUPO B
      FPB e PCPI                       

      • GRUPO C
      Probas de acceso e outros


      Ata o 70%

      Ata o 20%                       



      Ata o 10%

      Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

      Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

        Grupo A.

      1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
      2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
      3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
      - Alumnado con título de técnico auxiliar.
      - Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
      - Alumnado con título de bacharelato superior.
      - Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.

        Grupo B.

      1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
      2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
      3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

        Grupo C.

      1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
      2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
      3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
      4º. Alumnado con título de técnico.
      5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
      6º. Alumnado con título de bacharelato.
      7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
      8º. Alumnado con título universitario.
      En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
      O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

      2. Admisión nos ciclos de grao superior en réxime ordinario

      As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
      Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
      Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
      Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
      Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
      A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

      • GRUPO A
      Bacharelato ou equivalentes
      • GRUPO B
           Título de Técnico                       

      • GRUPO C
      Probas de acceso e outros


      Ata o 70%

      Ata o 20%                       



      Ata o 10%

      2Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

      Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

        Grupo A.

      1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
      2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
      3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
      4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
      5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
      6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

        Grupo B.

      1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
      2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

        Grupo C.

      1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
      2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
      3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
      4º. Alumnado con título universitario.
       - Consultar modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior. (Pendente de publicación)
      En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
      O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

      3. Proceso de admisión


      • Período ordinario: do 25 de xuño ao de 31 xullo. 
      • Prazo de solicitude admisión: Do 27 de Xuño ó 5 de Xullo
      • Período extraordinario: do 1 de setembro ata un mes despois do comezo das actividades lectivas en ciclos formativos, segundo se estableza no calendario escolar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica para cada curso académico.

      4. Presentación de solicitudes

      A solicitude farase empregando unha aplicación informática que unha vez cuberta e xerada deberá de imprimirse para a súa presentación na secretaría dun centro educativo con oferta profesional de grao medio ou superior. Xunto a esta solicitude deberá presentarse a seguinte documentación no caso de non autorizar  a súa consulta canso se cubre a solicitude na aplicación informática:
      • Fotocopia cotexada do DNI ou NIE
      • Certificación que acredite os estudos académicos requeridos para o acceso, no cal figuren as cualificación das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso. 
      • Copia compulsada do certificación da proba de acceso, de ser o caso
      Cada solicitante presentará unha única instancia na que constará, por orde de preferencia, os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan.

      Acceso á solicitude web

      Ligazóns de interese:

      1. Normativa reguladora do proceso de admisión

      2. Instrucións xerais do proceso de admisión

      3. Asistente web para a solicitude

      4. Calendario de admisión

      5. Oferta da Formación Profesional clasificada por provincia e concello en réxime ordinario

      6. Notas de corte de acceso a ciclos de grao medio

      7. Notas de corte de acceso a ciclos de grao superior

      domingo, 26 de junio de 2016

      PABLO OTERO LÓPEZ FÁLANOS DO CICLO DE PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS


      Pois sí, Pablo é un estudante que rematou agora en xuño, o primeiro curso de "Producción de audiovisuais e espectáculos" na Escola de Imaxe e Son de Fundación TIC en Lugo. 

      Nesta curtametraxe cóntanos que se aprende neste ciclo e tamén nos fala do período de formación de prácticas no segundo curso. Se tes curiosidade por saber algo desto... non está de máis que lle dés o reproductor... e máis agora que empeza o prazo de admisión.



      Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...