sábado, 27 de enero de 2018

VÍAS PARA TER CUALIFICADA A  FORMACIÓN PROFESIONAL

No pasado mes de Novembro a Consellería de Educación organizou unha Xornada de Orientación Profesional para os profesionais que traballamos no ámbito educativo e laboral. José Manuel Rodríguez Buján, Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional, fixo unha exposición moi completa sobre as distintas opcións que  ofrece o sistema educativo e laboral para estar cualificado para a Formación Profesional. 

Aspectos salientables que eu destacaría por ser novedosos para min:
  • O acceso á Formación Profesional para as persoas adultas non precisa requisitos académicos. Con experiencia profesional de polo menos 2 anos relacionada directamente co ciclo, as persoas pódense matricular en módulos asociados a unidades de competencia.  
  • Segundo o RD lei 5/2016, do 9 de decembro, poderán obter o título de Bacharelato, alumnado que superando as materias xerais dentro do bloque de materias troncais, segundo a modalidade que elixa, o alumnado de:

         - Ciclos de grao medio e superior

         - Ensinanzas Profesionais de Música e Danza
  • Hai ciclos que teñen en común os módulos do primeiro curso e quedarían validados no caso de querer cursar un segundo ciclo formativo.

  1. Carpintería e Moble, e Instalación e Amoblamento
  2. Administración e Finanzas, e Asistenza á Dirección
  3. Deseño e Xestión da Produción Gráfica, e Deseño e Edición de Publicacións Impresa e Multimedia.
  4. Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade
  5. Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, e Desenvolvemento de Aplicacións Web
  6. Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos, e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
  7. Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría
  8. Laboratorio Clínico e Biomédico, e Anatomía Palolóxica e Citodiagnóstico




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...