sábado, 14 de enero de 2017

VIDEOS DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O SIOPE é un servizo de información e orientación ós estudantes da Universidade de Vigo. Dende o ano pasado imparte un curso semipresencial para orientadores. Este ano é a segunda edición. 

Os seus organizadores solicitaron a miña colaboración, para que aportase o meu enfoque, sobre unha das grandes tarefas que temos os orientadores nos centros: a orientación para a toma de decisións vocacionais. Como seguramente moitos dos meus compañeiros e compañeiras, dedicamos grandes esforzos a que estas eleccións sexan responsables e maduras, sendo un gran condicionante a madurez do propio alumnado. As novas tecnoloxías axúdannos a realizar este traballo. A era dixital na que nos atopamos, fan que a imaxe teña un grande valor de aprendizaxe. Froito desta reflexión,  quixen aproveitar o potencial dos medios audiovisuais, gravando esta saga de videos, primeiramente para quen me fixo o encargo,  e tamén para quen teña interese por estes temas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...