sábado, 23 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO


Xa é o quinto curso que o noso alumnado de 2º de Bacharelato, acude ás xornadas de benvida, que a Universidade de A Coruña ten planificadas. 
Como xa se indicou en publicacións anteriores sobre estas visitas, hai varios itinerarios segundo as ramas de coñecemento, ás cales están adscritos os diferentes graos universitarios. 
Este curso o itinerario máis escollido por parte dos alumn@s foi o de Ciencias Sociais e Xurídicas que agrupa á Facultades de Socioloxía, Ciencias da Educación, Dereito, Económicas e  Actividades Físicas e Ciencias do Deporte.

Pero antes de iniciar o percorrido polos distintos centros universitarios, recíbennos no SAPE( Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado). Este é un punto de referencia importante para os estudantes, xa que é alí onde poden atopar información moi variada que abrangue dende a propia oferta universitaria, preinscripción e matrícula nos graos, becas, residencias, servizos que ten a UDC...

Os alumnos puideron facerse con folletos, sobre os graos nos que estaban interesados e outra información en formato papel e ter unha primeira aproximación do que é a vida universitaria. 

En cada centro universitario, hai un profesor ou profesora que nos recibe, donde trata de proporcionar información básica e relevante para que os alumnos poidan ter unha idea en canto a aspectos que estudarán, saídas, competencias e ámbitos profesionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...