viernes, 10 de marzo de 2017

AS MULLERES E OS HOMES BAIXO O MESMO SOL



Hoxe tiven, como cada venres, clase de valores en 1º ESO B. Xa levamos algún tempo traballando sobre o papel que desempeñan as mulleres nas nosas vidas. Moitas delas estiveron anuladas ou invisibles ó longo da historia. 

O alumnado estivo a facer unha labor de investigación sobre as mulleres nas súas familias. Tiveron que confeccionar unha árbore xenealóxica e escoller algunha antepasada que destacase pola súa contribución á sociedade ou a súa dedicación e entrega á familia. 

Analizamos porqué unha gran maioría adicouse a coidar da familia, ese rol tradicional que a sociedade esperaba delas, eses estereotipos de xénero, que aínda hoxe están moi arraigados na nosa sociedade.

Cada alumno expuxo oralmente quen foron as mulleres da súa familia e en moitos dos casos, que rol lles asignou esta sociedade machista. Eu diría que son mulleres 24/7. Sí , son as que traballaron e traballan as 24 horas do día e os sete días á semana.

Aproveitando que este mércores foi o día da muller traballadora, que mellor que facer unha exposición de todos os traballos feitos polos alumnos, no corredor do centro. FACER VISIBLES A ESAS MULLERES... Só nos faltaba poñer nomes a esos traballos que realzase e lles dese protagonismo. Para iso, púxenos a traballar en grupos cooperativos seguindo unhas recomendacións que atopei no blogue xustifica tu respuesta. (Espero poder poñer esto máis en práctica para sacar as miñas conclusións).

Saíron cousas tan interesantes como o título que fai honor a esta entrada. A consigna foi que pensasen en que as mulleres queríamos ser iguais cos homes, nen máis, nen tampouco menos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...