#25 NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero é unha lacra na nosa sociedade. As estadísticas son alarmantes. É necesario polo tanto, atopar formas de convivencia nas que mulleres e homes vivan nunha sociedade libre e igualitaria. Unha maneira de loitar contra esta monstruoisidade, é educando as nosas alumnas e alumnos, na tolerancia e no respeto.
Proposta para abordar este tema dende as titorías:
Proposta para abordar este tema dende as titorías:
- Para centrar ou introducir o tema utiliza esta presentación interactiva. Tamén se pode visualizar o video que aparece a continuación e que merece especial interese, pola significatividade que ten para os nosos alumnos do centro. Foi realizado o curso pasado na materia de Educación Plástica pola profesora Isabel Aller coa colaboración do alumnado de 4º de ESO. Nel aparece recollido o sufrimento, as inxustizas e o horror humano que desgraciadamente algún colectivo máis desfavorecido da nosa sociedade padece. Esta curta formou parte do proxecto inhumano que traballamos dun xeito interdisciplinar o curso pasado.
- A segunda parte consistiría en facer unha labor de investigación coas ligazóns que aparecen máis abaixo, para recoller distintas testemuñas de mulleres afectadas por situacións de maltrato e finalmente expoñelas no corredor do Instituto.
- Outra proposta é facer unha análise dalgún tema musical, canción ou videoclip, no que se considere que se poñen de manifesto aspectos discriminatorios.
Ligazóns para buscar información
- La escalera de la violencia
- La historia de Pepe y Pepa
- Mi novio me controla normal
- Soy una chica mala
- https://smoda.elpais.com/moda/actualidad/entrevista-mujer-maltratada-dia-internacional-de-la-eliminacion-de-la-violencia-contra-la-mujer/
- http://www.20minutos.es/noticia/880483/0/supervivientes/maltrato/machista/
- http://www.enfemenino.com/feminismo-derechos-igualdad/testimonios-victimas-violencia-de-genero-s1999572.html.
- http://www.eldiario.es/zonacritica/Carta-abierta-Ana-Mato-maltratada_6_303479675.html
- http://ibasque.com/mujeres-muertas-en-espana-por-violencia-machista/
No hay comentarios:
Publicar un comentario