NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS
O pasado Luns, 6 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2017/18. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:
DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )
- Grao en Xestión Industrial da Moda: Ofertaranse 50 prazas e POSIBLIMENTE estará vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e lóxicamente os parámetros de ponderación aínda están por determinar. Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés.
- Grao en Paisaxe: trátase dun grao interuniversitario. Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. Teñe previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .É unha aposta grande dende diferentes institucións. Tamén ofertarán 50 prazas. Igual que no caso anterior, están por regular os parámetros de ponderación.
- Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: haberá 50 prazas.
- Creación, Animación e contidos dixitais : será simultánea con Comunicación Audiovisual: haberá 50 prazas.
TITULACIÓNS QUE PODERÁN ADOPTAR ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 )
- Grao en Información e Documentación: Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
- Doble grao en Administración e Dirección de Empresas e empresarias: tamén terá cambios.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: terá un formato dual. Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
TITULACIÓNS QUE DESAPARECEN
- Doble grao de Ciencias Empresariais e Arquitectura: pouca demada deste grao
ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC
- Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
- Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
- Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
- Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEE )
- Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
- Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
- Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
- Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
- Charlas de divulgación científica.
- Charlas genéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
LIGAZÓN RELACIONADO: ( novidades nas tres universidades galegas )
No hay comentarios:
Publicar un comentario