miércoles, 11 de diciembre de 2019

O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO



Esta semana estivo con nós Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago, para presentar a oferta académica e outras informacións varias. Xa é a segunda vez que está no noso centro.

Antes de adentrarse neste tema, díxolles a toda a rapazada do noso Instituto que esa carreira de fondo por conseguir unha maior nota e os apuros para dar todo o programa e facer as ABAU, só ocurría en 2º de Bacharelato

Despois cando se está a estudar un grao, non hai esa esixencia de ter unha nota determinada para ter un título. Noutras palabras, chega cunha nota mínima dun 5. Sen embargo, puntualizou que cando se decide estudar algo que gusta, é moi probable que as notas sexan máis dun 5.

Deulle tamén importancia o feito de que ir á universidade, é unha opción máis pero que non é a única. Destacou que cursar un ciclo formativo superior e outra alternativa moi interesante, tendo igualmente a oportunidade de cursar un grao universitario, unha vez rematada a Formación Profesional. Puxo como exemplo, que algúns dos seus alumnos que estaban nesta mesma situación, tiñan outras destrezas, habilidades e madurez, comparandoos cos que non estiveran a cursar eses estudos.

Tamén fixo fincapé en que un nunca remata de estudar, a formación ten que ser ao longo da vida, especialmente porque o coñecemento avanza moi rápido.

E xa indo a falar da Universidade, á que representa, comentou a USC é unha das 85 universidades públicas do territorio español. 
  • Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España. 
  • Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
  • Ten un total de 43 títulos
Velaquí está a presentación con máis información

martes, 10 de diciembre de 2019

NOVIDADES DA USC, CAMBIOS NAS ABAU E OUTROS ASPECTOS DE INTERESE


O pasado luns, 10 de decembro a Universidade de A Coruña convidou ós directores e orientadores a unha xuntanza para darnos a coñecer as novidades para o curso 2019/20 e incidir en outros aspectos.

Como xa é sabido por todos nós no curso 2018/19 implantáronse os seguintes graos (se premes aquí tes máis información ):

  • Grao en Xestión da Moda ( impártese no campus de Ferrol)
  • Grao en Paisaxe ( grao interuniversitario) 
No curso actual 2019/20 os graos que están empezando son:
  • Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos. 
    • Teñen previsto nun futuro ofertar o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de datos
  • Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.
1ª NOVIDADE DE INTERESE

- Paro o curso 2020/21 este é o grao que se vai implantar:
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Moisés Canle López , profesor da UDC, foi que presentou este grao. Aspectos que explican estes novos estudos:
  • manipulacións de partículas moi pequenas en tamaño nano para poder cambiar as súas propiedades. 
  • unha das numerosas  aplicacións prácticas que pode ter será no múndo da  cosmética.
  • o grao será bilingüe tendo que acreditar nun plazo de 6 meses dende a matrícula o equivalente a un B1 en Inglés. Esta acreditación pode ser:
    • Con certificacións académicas oficiais
    • Tendo unha media de 7 nos dous cursos de bacharelato en Inglés
    • Tendo cursado un ano académico fóra en un país de fala inglesa
  • os obxectivos serán o estudo de fenómenos físicoquímicos a escala nanoscópica.
2ª NOVIDADE DE INTERESE
O Grao de Turismo pasa a ser de oferta pública:

  • O custo da matrícula estará ó redor de 400 Euros
  • Vai estar situado na facultade de filoloxía na Zapateira e posiblemente co tempo teña un edificio propio.
3ª NOVIDADE DE INTERESE EN RELACIÓN ÁS ABAU

  • Os exames terán lugar os días 9, 10 e 11 de xuño e 7, 8, e 9 de xullo (martes, mércores e xoves en ambos os casos, que é distinto ao que se viña facendo).
  • Amplíase o horario de exames da ABAU, que inclúe a tarde do terceiro día (11 de xuño e 9 de xullo). Esta nova franxa horaria está reservada para posibles incidencias que poidan xurdir.
  • Para evitar a difícil decisión que existía dos dous procesos para subir a cualificación, xúntanse nun único proceso as Reclamacións, as Segundas correccións e as Reclamacións á segunda corrección que pasan a chamarse Revisión. ( Preme aquí para ter máis información)
BOLSAS E AXUDAS PROPIAS DA UDC

  • Transporte urbano e metropolitano ( con tarxeta bonobus o precio pode chegar a ser 0'30 euros.
  • Residencias Universitarias Públicas en A Coruña e Ferrol.
    • En A Coruña está ubicada aredor do IES Calvo Sotelo e chámase Elvira Bao e ten un prezo  medio de 100 Euros ao mes.
    • En Ferrol a residencia pública está no barrio da Magdalena, no centro.
  • Comedor. Concédense 200 axudas para situacións económicas de poucos ingresos.
  • Axudas para alumnado con dificultades económicas sobrevidas:
    • alumnado que non lle fose aprobada a beca do MEC ( ten en conta a renta do ano fiscal anterior ) con menos ingresos no ano en curso.
    • alumnado en situación de orfandade reciente.
  • Alumnado deportista e alto nivel: debido ás horas que ten que adicar á adestramento non pode chegar ó nivel académico esixido para disfrutar da beca xeral do MEC.  
  • Becas de colaboración nos departamentos para poñer en práctica o estudado.
Para ter máis información sobre este apartado, preme aquí.

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN DURANTE O CURSO

A USC a través do SAPE ( Servizo de asesoramento e promoción do estudante ) dá a posibilidade de facer calquer consulta sobre graos, acceso ós estudos universitarios, becas ... premendo nesta imaxe.






lunes, 2 de diciembre de 2019

UNHA EX-ALUMNA FÁLANOS DO DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA E QUÍMICA


Carmen Rodríguez Coronado, ex-alumna do noso centro estivo con nós no día de hoxe para falarnos do doble grao de Bioloxía e Química que está a cursar na Universidade de A Coruña. 

Está  cursando o terceiro curso deste grao. Conta que fai tres anos, ela estaba na mesma situación que está agora o alumnado de 2º de Bacharelato, sen saber que rumbo escoller. Só tiña claro que facendo unha modalidade de Ciencias, os graos do ámbito clínico non eran do seu agrado. Un factor de peso na decisión que tomou, tivo que ver que no caso de que o doble grao lle supuxese moita esixencia, sempre lle quedaba a posibilidade de continuar ou ben facendo só Bioloxía ou Química, como así foi o caso dalgunha das súas compañeiroas. Ou sexa, que por dudas tivo ata o último momento cando estaba a cubrir o impreso de petición de graos, a través da aplicación NERTA.

Fálanos de que estes estudos, teñen moita práctica de laboratorio, normalmente polas tardes. Sabe que noutras carreiras como enfermaría ou fisioterapia non hai tantas.

Neste primeiro cuadrimestre, ten 3 materias de Bioloxía e outras 3 de Química. Ela prefire que sexa así, porque no caso de que cada cuadrimestre fose exclusivamente para cada un dos estudos, esqueceríase de algún e non tería todo tan fresco.

A duración do grao son 5 anos, pero en realidade son, como dí Carmen, son 6 porque ao rematar tes que facer 2 TFG ( traballo fin de grao ) e poden levar tranquilamente o curso enteiro.

Concedéronlle unha beca de colaboración para traballar no departamento de Bioloxía. Polo de agora non pode aportar moitos datos, porque empezou onte, pero  supón que terá que preparar algunhas prácticas. Carmen di que a solicitou para aprender algo e que quede no currículo.

Entre os seus plans está solicitar facer prácticas externas con algunha empresa en 4º curso. Polo que nos dixo, a facultade ten convenio coa Estrella Galicia.

A primeira promoción deste doble Grao saíu en Xuño deste ano. Graduáronse 3 alumnos.

No seu caso non solicitou un programa Erasmus pero dí que coñece quen o está a facer. Teñen que presentar unha lista de materias do grao que están a facer, para convalidar na universidade á cal se vai e ten que haber coincidencia nos contidos. Normalmente, solicítanse en 3º ou 4º curso, aínda que hai alumn@s que o fan en 5º.

Por último, tamén contou a súa experiencia cando lle tocou presentarse ás ABAU. No seu caso só se presentou á fase voluntaria porque foi unha alumna bachibac no noso centro e non precisou de facer a faxe xeral, posto que tivo que facer a proba externa para ter a dobre titulación de bacharelato. En todo caso, non lle pareceron exames difíciles e deulle tempo de sobra a facelos ( hora e media) porque cando estaba no Instituto sempre eras das últimas en entregar.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...