UNHA EX-ALUMNA FÁLANOS DO DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA E QUÍMICA
Carmen Rodríguez Coronado, ex-alumna do noso centro estivo con nós no día de hoxe para falarnos do doble grao de Bioloxía e Química que está a cursar na Universidade de A Coruña.
Está cursando o terceiro curso deste grao. Conta que fai tres anos, ela estaba na mesma situación que está agora o alumnado de 2º de Bacharelato, sen saber que rumbo escoller. Só tiña claro que facendo unha modalidade de Ciencias, os graos do ámbito clínico non eran do seu agrado. Un factor de peso na decisión que tomou, tivo que ver que no caso de que o doble grao lle supuxese moita esixencia, sempre lle quedaba a posibilidade de continuar ou ben facendo só Bioloxía ou Química, como así foi o caso dalgunha das súas compañeiroas. Ou sexa, que por dudas tivo ata o último momento cando estaba a cubrir o impreso de petición de graos, a través da aplicación NERTA.
Fálanos de que estes estudos, teñen moita práctica de laboratorio, normalmente polas tardes. Sabe que noutras carreiras como enfermaría ou fisioterapia non hai tantas.
Neste primeiro cuadrimestre, ten 3 materias de Bioloxía e outras 3 de Química. Ela prefire que sexa así, porque no caso de que cada cuadrimestre fose exclusivamente para cada un dos estudos, esqueceríase de algún e non tería todo tan fresco.
A duración do grao son 5 anos, pero en realidade son, como dí Carmen, son 6 porque ao rematar tes que facer 2 TFG ( traballo fin de grao ) e poden levar tranquilamente o curso enteiro.
Concedéronlle unha beca de colaboración para traballar no departamento de Bioloxía. Polo de agora non pode aportar moitos datos, porque empezou onte, pero supón que terá que preparar algunhas prácticas. Carmen di que a solicitou para aprender algo e que quede no currículo.
Entre os seus plans está solicitar facer prácticas externas con algunha empresa en 4º curso. Polo que nos dixo, a facultade ten convenio coa Estrella Galicia.
A primeira promoción deste doble Grao saíu en Xuño deste ano. Graduáronse 3 alumnos.
No seu caso non solicitou un programa Erasmus pero dí que coñece quen o está a facer. Teñen que presentar unha lista de materias do grao que están a facer, para convalidar na universidade á cal se vai e ten que haber coincidencia nos contidos. Normalmente, solicítanse en 3º ou 4º curso, aínda que hai alumn@s que o fan en 5º.
Por último, tamén contou a súa experiencia cando lle tocou presentarse ás ABAU. No seu caso só se presentou á fase voluntaria porque foi unha alumna bachibac no noso centro e non precisou de facer a faxe xeral, posto que tivo que facer a proba externa para ter a dobre titulación de bacharelato. En todo caso, non lle pareceron exames difíciles e deulle tempo de sobra a facelos ( hora e media) porque cando estaba no Instituto sempre eras das últimas en entregar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario