FACER QUE LER SEXA FÁCIL
O acceso á información escrita debe de ser doado para calquer persoa, sen demasiados estorbos. Eliminar estas dificultades na escrita constitúen algunhas das adaptacións metodolóxicas, que a nosa lexislación recolle como medidas de reforzo educativo.
A QUEN BENEFICIAMOS?
- Alumnado con discapacidade intelectual
- Alumnado con deficiencia visual
- Inmigrantes que non falen o noso idioma
- Alumnado con dislexia
- Alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividad
COMO FACEMOS PARA QUE UN TEXTO SEXA DE LECTURA FÁCIL?
- Escribir frases curtas, cunha sóa idea principal e cunha estructura ordenada ( S + V + C )
- Evitar as dobles negativas
- Utilizar preferiblemente a voz activa en vez da pasiva. Dificulta a comprensión e a localización do executor da acción
- Non abusar do condicional.
- Evitar conceptos abstractos, linguaxe figurada.
- Preferiblemente, deberase reiterar o suxeto e non omitilo ou sustituilo por pronomes.
- Cando se introduce novo vocabulario debe de apoiarse con imaxes ou definilo a modo de glosario na mesma páxina.
- Evitar abreviaturas e siglas.
- Evitar tecnicismos ou palabras doutras linguas.
QUE FORMATO DEBEMOS DE UTILIZAR ?
- As marxes e interliñados deben de ser xenerosos.
- Non se debe de usar a sangría no texto
- Non se debe de poñer moito texto nunha mesma páxina.
- Párrafos breves encabezados con subtítulos con non máis de 8 liñas
- É preferible utilizar minúsculas posto que as maiúsculas en bloque son máis difíciles de ler.
- O tamaño de letra debe de ser grande un 14 ou como mínimo 12
- Non usar máis de dous tipos de letras: recoméndanse letras sin serifa ( que non teñen adornos). As máis aconselladas son: Arial, Tahoma, Calibri e Verdana.
- Non se deben de utilizar letras sombredas, nin con relevo.
- Evitar a cursiva. É máis difícil de ler.
- Uso moderado de negritas e subliñado.
- Se os caracteres son blancos o fondo debe de ser oscuro, e se o fondo é branco o color do texto debe de ser oscuro.
- O texto ten que estar xustificado á esquerda. Deste xeito axuda á vista no paso dunha liña a seguinte.
- Nos listados é mellor utilizar viñetas, en vez de números.
- Se é posible non cortar as oracións ao final dunha páxina.
- Non superpoñer texto sobre imáxes.
COMO DEBEN DE SER OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN?
- Utilizar os signos de puntuación máis frecuentes: o punto (.) e a coma (,)
- Os paréntesis non deben de utilizarse para incisos e aclaracións. É preferible resaltar a palabra en negrita ou subliñada e explicala na marxe, a modo de glosario.
- Debemos de escribir "5" e non "cinco"
- Evitar o números romanos
- Coas datas debemos de utilizar o formato completo: "28 de febrero de 2012" mellor que 28/2/12
- As porcentaxes deberán de evitarse e procurar ofrecer a información doutra maneira: en vez de 20% ,1 de cada 5
- Os números de teléfono separados: 623 76 89 42
- Os números grandes son máis complicados para entender. Ex: podemos utilizar " maís de 3000" en vez do número 3825
- Non se debe de utilizar unha imaxe como fondo dun texto
- Se se utilizan imaxes + texto, é recomendable colocalas a un lado mellor que intercaladas.
- Se se utilizan debuxos, esquemas, débense facer con trazos sinxelos e grosos pero con poucos detalles.
- Regla do 6:
- Non máis de 6 palabras por liña
- Non máis de 6 liñas de texto
- Non máis de 6 elementos nun gráfico
- Letra, espacios e títulos
- Tamaño: 28 puntos
- Non máis de 30 caracteres por liña
- Interliñado 1,5 ou 2 veces máis grande que o que separa as palabras
- Usar maiúsculas con coidado xa que son difíciles de ler
- Os títulos non deben de levar máis de 5 palabras
- Gráficos sinxelos e con datos claros. Non máis dun gráfico por diapositiva
- Cores
- Non máis de 3 colores por diapositiva
- Mellor fondo oscuro e texto claro que fondo claro e texto oscuro
- A cor vermella provoca moita saturación. Debe de evitarse.
- Transicións
- Utilizar as transicións que son de desvanecer, disolver e aparecer porque manteñen mellor a atención
- Evitar ruídos, clicks, disparos salvo en momentos concretos para chamar a atención
- Evitar transicións longas, aparicións letra a letra
- Evitar tamén os xiros e voltas porque fatigan e descentran.
Ligazóns para ampliar información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario