lunes, 29 de abril de 2019

CAMIÑO DE 4º DE ESO


Do 2 ao 22 de maio, terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación, suficiente, da información que precisas para realizar unha axeita elección.
Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas definitiva.

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubras este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

RECORDA:  nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orienación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.

domingo, 28 de abril de 2019

A DISLEXIA PODE SUPERARSE

O pasado venres día 26 de Abril tiven a sorte de escoitar a Luz Rello. A pesares de ser unha persoa con dislexia é licenciada en Lingüística e doctora en Informática. Fundou a empresa social Change Dyslexia  Recibiu varios premios pola súa labor de investigación no campo da dislexia. Traballa cun equipo interdisciplinar na súa  detección precoz e ofrece recursos para superar as dificultades de aprendizaxe que xenera.

Acaba de publicar un libro que leva como título " Superar la dislexia" na editorial Paidós. Como dícía antes, os asistentes a súa conferencia, tivemos o privilexio de poder  disfrutar e mesmo emocionarnos, cando nos relataba os seus recordos de nena, no colexio. Algúns moi amargos e tristes, como cando soñaba con esa entrega do boletín de notas con todos sobresaíntes, e cando espertaba atopábase coa dura realidade de ter malas notas, a pesares de facer una grande esforzo. Xa vedes, xusto ó revés do que acostuma a ser un pesadelo, cando un queda aliviado  cando descubre que todo era mentira.

Contounos tamén, que ela memorizaba listas de palabras para non ter ningún erro na escrita pero eses listados non se esgotaban nunca. Estudaba a todas as horas pero as boas notas nunca chegaban. Ela cría firmemente que non tiña capacidade intelectual ata que un día unha profesora díxolle que tiña unha dificultade para a adquisición de lecto-escritura, pero que con esforzo e traballo podía superarse. Dende ese día, a súa vida tomou outro rumbo moi diferente. Esos pensamentos que mermaban a súa valía persoal como estudante, deixaron de atormentala e tanto foi así que hoxe en día, é recoñecida dentro da comunidade científica, como unha gran investigadora.

Outra anécdota, que a min persoalmete chegoume ao fondo do meu CORAZONZIÑO, e que quero compartir con todos os orientador@s, é que durante os seus anos escolares, tiñan a presenza dunha orientadora algúns días á semana. Recorda a esta persoa con unha SONRISA na cara e  como a única de quen recibía apoio e agarimo para levar esa enorme carga. Luz dí, que os orientador@s podemos facer cousas moi grandes, con ben pouco e parafraseando o que dixo " OS LO DIGO YO QUE LO SUFRÍ EN MIS PROPIAS CARNES "

Pasou cinco anos investigando sobre os erros disléxicos e chegou a ter unha base de miles de datos, para analizar patróns lingüísticos. Se entendín ben, coa Intelixencia Artificial, unha vez que lle proporcionas ós ordenadores unha base de datos tan amplia, eles analizan e detectan, se un novo dato que introduces, encaixa cos modelos que teñen, facendo comparacións.

Penso que todo esto, permitiulle crear o Test Dytective, que é unha ferramenta online gratuita para a detección precoz. O tempo de aplicación son aproximadamente 15 minutos. 

Pareceume tan interesante o que nos transmitiu, pola base científica que hai detrás de toda esta labor, que quixen recollelo por escrito nesta publicacion, para que quedase testemuña neste blog e o mesmo tempo compartilo co resto de orientador@s. Tamén o fago, porque chegou aos meus oídos, que a nosa Consellería está traballando sobre un protocolo para a dislexia, e digo eu, que non estaría demáis que tivese en conta a Luz Relles, como referente. Ah! e por certo, tamén foi entrevistada en " aprendemos Juntos BBVA" co título " La dislexia es una dificultad de aprendizaje, no es una enfermedad"

Como profesionais da orientación temos unha enorme responsabilidade nas nosas mans, e maís despois de saber, que hai ó redor dun 10% da población sufre esta dificultades. Esto significa que en todos os grupos pode haber algunha persoa con dislexia que está oculta, sen detectala. En palabras de Luz Relles, está moi relacionada co rendemento escolar porque para estudar tes que ler e para demostrar o que sabes tes que escribir. 

Polo tanto, fixen esta presentación pensando naqueles aspectos polos que deberíamos empezar, cando temos sospeita de algún alumn@ nas aulas. Unha última cousa, fixen esta ilustración coas "PIRULETAS", porque fai algún ano, tamén tivo unha app para dispositivos móviles con exercicios para traballar a dislexia, que se chamaba PIRULETRAS.

ESTOU EN 4º DE ESO. E DESPOIS, QUE FAGO?

Do 2 ao 22 de maio terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente,  da información que precisaS  para realizar unha axeitada elección. 

Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas DEFINITIVA. 

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubrades este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

RECORDA:  nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orienación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.

Se miras a  presentación poderás saber:
  • Percorrido do Sistema Educativo ata chegar a estudos superiores
  • Criterios de titulación
  • Nota media da etapa
  • Repetición de curso
  • Consello Orientador
  • Opcións ao rematar a ESO con título e sen título
  • O Bacharelato: modalidades, tipos de materias, vinculación cos estudos universitarios e de formación profesional
  • Parámetros de ponderación
  • Notas de corte e plazas en cada grao universitario no curso actual
  • Probas ABAU
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
  • Bachibac
  • Ensinanzas de réxime especial: Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas de Idiomas, Ensinanzas Deportivas
  • Outras opcións

lunes, 22 de abril de 2019

SABER MÁIS PARA PASAR A SEGUNDO DA ESO


Do 2 ao 22 de maio terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente,  da información que precisas  para realizar unha axeitada elección. 

Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas DEFINITIVA. 

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubrades este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

Con esta presentación aprenderás:

  • Como está organizado o Sistema Educativo
  • Oferta das materias en 2º de ESO
  • Breve explicación das materias optativas para saber como escoller
  • Matemáticas académicas ou aplicadas en 3º de ESO
  • Criterios de promoción e titulación en 4º de ESO
  • Outras alternativas para poder ter o título da ESO
  • Bacharelato 
  • Nocións básicas sobre os títulos universitarios
  • A Formación Profesional de Grao Medio
  • Outras ensinanzas: artes plásticas, música, danza, idiomas...

viernes, 12 de abril de 2019

GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL


Sen dúbida, é un un plus engadido,  poder contar con alumnos universtiarios para presentar estudos de grao, como foi no noso caso. O pasado 11 de Abril estiveron con nós, Gema Tacón Sánchez ( ex-alumna do centro) e Nerea Blanco Martínez, estudantes da Universidade de A Coruña, que están no último curso de Terapia Ocupacional. 

Esta iniciativa de acudir aos centros de Secundaria, está promovida polo profesorado da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional ( única en Galicia ) e enmárcase na asignatura de Estancias Prácticas, que desenvolve proyectos de aprendizaxe e servizo.

Como mencionaba antes, ter a axuda de alumnos, que xa están na Universidade, para facilitar a toma de decisións vocacionais, é un recurso máis, que sempre é benvido polos profesionais de orientación. 

Estiveron con cada grupo de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, en vez de todos xuntos. Valeu a pena facelo así, porque sempre se consegue un achegamento maior ao alumnado e tamén facilita que haxa máis participación, plantexando dudas e preguntas, como foi o caso dalgúns grupos. 

Elas dúas foron "case profes por un día", digo esto,  porque estiveron 4 sesións das 6 que hai a diario. Aquí tedes a presentación que utilizaron nas aulas. 




martes, 9 de abril de 2019

GRAO EN MINAS E ENERXÍA


O Colexio Oficiais de Enxeñeiros Técnicos de Minas e Enerxía ten editado un video de non máis de 3 minutos, para dar a coñecer estes estudos. De igual xeito, ten un cartel informativo para promover o coñecemento deste grao universitario.

Se tes interese en descubrir outos estudos, recorda que no marxe dereito, no apartado de ETIQUETAS, hai información doutros graos.




lunes, 8 de abril de 2019

PRESENCIA DA CIUG NO NOSO CENTRO


Pedro Armas representante da CIUG ( Comisión Interuniversitaria de Galicia ), estivo un ano máis,  no noso centro o pasado venres, 22 para explicar as probas ABAU de acceso á universidade. Explico o máis relevante, entre as miñas notas recollidas:
  • Unha vez máis, insistiu no sistema garantista das probas para asegurar a igualdade de oportunidades a todo o alumnado e o anonimato en canto ó tipo de exame.
  • Como xa é sabido por todos, este ano as probas extraordinarias ABAU adiántanse a Xullo. Explicou que este cambio evita a disfuncionaliade que estaba habendo entre a Universidade e os centros de Secundaria. Ata de agora, estába sucedendo que alumnos matriculados na última das convocatorias, empezaban o curso universitario, na metade do primeiro cuadrimestre, afectando ao seu rendemento académico.
  • Recordou que hai grupos de traballo de cada materia ABAU que están traballando durante todo o curso para facer propostas de exames. Dun todal de seis modelos de exames, escóllense dous, que son os que finalmente realizarán os alumnos.
  • Recordou que é aconsellable, poñer esmero na troncal de modalidade, posto que a nota acadada ten peso, tanto na parte obrigatoria da proba como na parte específica.
  • Son arredor de 800 profesores, os que están a disposición nas ABAU para un total de 10.000 alumnos de media.
  • As materias para subir nota poden ser materias que o alumno non esté a cursar.
  • A nota máxima de 14 puntos, evita que alumnos estranxeiros colapse as titulacións ( posto que neste casos só acceden cunha nota máxima de 10 )
  • Con respecto a preinscripción de prazas nas titulacións, pódense solicitar 5 podendo chegar ata 10 se se repiten. Fixo fincapé en que mentres non pechen os graos que están solicitados por diante, aínda que se esté en lista de espera, non hai porque matricularse na que se está convocada. 

miércoles, 3 de abril de 2019

¿QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2019. A VOZ DE GALICIA


A Voz de Galicia, publicou o pasado domingo 31 de marzo unha guía de estudos superiores. 

CONTIDOS:
  • Validacións da Formación Profesional coa Universidade, é dicir, o número de créditos os que se validan para cada grao universitario, segundo o ciclo de FP Superior cursado.
  • Inclúe un total de 230 titulacións superiores oficiais repartidos entre graos universitarios,  ciclos de Formación Profesional Superior e outros estudios ( Deseño, Música, Conservación e Arte Dramático.
  • Graos universitarios como o ciclos de F.P. de grao superior están agrupados por cores   
  • Precios aproximados, segundo a ensinanza sexa pública ou privada


  • Na explicación de cada grao universitario aparece:
  1. Centros universitarios de Galicia onde se poden cursar
  2. Nota de corte en cada universidade 
  3. Plazas libres no curso anterior se é o caso 
  4. Se se trata dun doble grao 
  5. Materias de Bacharelato que ponderan para cada grao
  6. Características e salidas profesionais de cada título.

  • Na explicación de cada ciclo superior de Formación Profesional figura:

  1. Centros educativos onde se poden cursar
  2. Características do ciclo e saídas profesionais
  3. Nota de corte de Bacharelato se é o caso
Fai click para a descarga en PDF
Aquí podes atopar un visión interactiva que facilita a búsqueda dos diferentes estudos. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...