domingo, 18 de junio de 2023

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

O pasado venres, día 19 de Xuño, a rapazada de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán, estivo con nós. Viñeron acompañados das súas titoras e titores xunto ca orientadora.

Eles serán a nova promoción, que formarán parte da nosa comunidade educativa, para o novo curso que empezará o 11 de setembro, tal e como marca o calendario escolar do curso 2023/24. 

Como en anos anteriores, o alumnado mediador tivo un especial protagonismo,  ensinándolles as instalacions e facilitando círculos de diálogo para crear vínculos emocionais e fortalecer as relacións interpersoais. O número de alumnas e alumnos que viñeron ás xornadas foron arredor de 60. Dividíronse en 5 grupos acompañados de 3 mediadores en cada un deles. 

O guión, a modo de esquema. que seguiron os mediadores foi este:

NORMAS:

  • Sentarse no chan en círculo.
  • Os mediadores séntase formando un triángulo  para axudar a controlar o grupo.
  • Só pode falar quen ten a pelota na man. 
  • Os demáis teñen que escoitar.
  • Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
PREGUNTAS DO CÍRCULO

  • Dime o teu nome
  • Que foi o que máis che gustou do que pasou  hoxe?
  • Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
  • Que é o que máis che da medo do centro?
  • Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...