XORNADAS DE ACOLLIDA
O pasado venres, día 19 de Xuño, a rapazada de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán, estivo con nós. Viñeron acompañados das súas titoras e titores xunto ca orientadora.
Eles serán a nova promoción, que formarán parte da nosa comunidade educativa, para o novo curso que empezará o 11 de setembro, tal e como marca o calendario escolar do curso 2023/24.
Como en anos anteriores, o alumnado mediador tivo un especial protagonismo, ensinándolles as instalacions e facilitando círculos de diálogo para crear vínculos emocionais e fortalecer as relacións interpersoais. O número de alumnas e alumnos que viñeron ás xornadas foron arredor de 60. Dividíronse en 5 grupos acompañados de 3 mediadores en cada un deles.
O guión, a modo de esquema. que seguiron os mediadores foi este:
NORMAS:
- Sentarse no chan en círculo.
- Os mediadores séntase formando un triángulo para axudar a controlar o grupo.
- Só pode falar quen ten a pelota na man.
- Os demáis teñen que escoitar.
- Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
- Dime o teu nome
- Que foi o que máis che gustou do que pasou hoxe?
- Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
- Que é o que máis che da medo do centro?
- Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario