QUE VAS SER O DÍA DE MAÑÁN?
Esta e outras preguntas similares, forman parte dun amplo repertorio, que seguramente moitos de nós recordamos dende ben pequenos. Os máis afortunados son aquelas personas vocacionais que enseguida atoparon unha resposta, pero non sempre este proceso de descubrimento é así, e tampouco garantiza que sexa acertado.
A selección de videos, que aparecen neste taboleiro poden axudar nesta procura. Fai a escolla atendendo a estes criterios:
- Corto de PIPAS: A importancia de ter uns coñecementos culturais mínimos que avalan a consecución do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Videos de motivación persoal.
- Establece un plan de vida, tendo claro que supón, salir da túa zona de confort para pasar a unha zona de aprendizaxe, aumentando en seguridade e confianza persoal. Este proceso axuda a conseguir os teus soños, desexos.
- Loita polos teus anhelos, por aquelo que queres, desenvolvendo os teus talentos, aínda que as circunstancias do teu entorno, non sexan favorables e incluso amenazantes.
- Decide ó que che gustaría adicarte nun futuro, sen que os cartos medien de por medio.
- Como escoller que estudar: reflexiona sobre as túas capacidades, actitudes, intereses, actitudes, posibilidades do entorno, habilidades...
- O éxito como resultado de talento máis esforzo.
- Enfrentarse á vida dunha maneira optimista e intelixente, cambiando a túa actidude.
- Proxecto de vida: aportación e contribución a mellora da sociedade.
- Elementos que condicionan as túas decisións: medos, creenzas, dudas, entorno, familia, amigos...
- 5 cousas que podo facer para saber que me apasiona: non ter en conta os aspectos económicos, poñerlle ganas ó que xa estás a facer, rodearse de persoas que lles apasionan o que fan, pasar tempo solo para descubrir o que che gusta e probar a facer cousas novas.
- 10 pedras nas que todos tropezamos cando tomamos decisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario