sábado, 10 de febrero de 2018

NOVAS SOBRE A ABAU 2018

Neste taboleiro podedes consultar información relativa a:

  • Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
  • Calendarios  sobre a ABAU e acceso á universidade
  • Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao
Hecho con Padlet

jueves, 8 de febrero de 2018

ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO 

Hoxe mesmo, un grupo de 12 alumnos de 2º de Bacharelato e tres profesores, viaxamos a Santiago para establecer unha primeira toma de contacto, coas facultades desta Universidade. Son unhas xornadas de portas abertas, nas que o alumnado ten a posibilidade de visitar dous centros universitarios e hai diferentes itinerarios para escoller.

Unha boa parte dos alumnos que acudiron, quixeron visitar graos relacionados coas ciencias da saúde, sendo Mediciña a máis demandada. Houbo outros que optaron por visitar estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias: Farmacia e Bioloxía por unha banda e Enxeñaría Informática e Matemáticas por outra.

Xornalismo e Criminoloxía tamén foron de interese para algunha alumna. Convén indicar, que esta última titulación, será de oferta pública e recoñecida polo Ministerio de Educación no próximo curso. O número de prazas serán 50. 

A valoración feita polo alumnado foi positiva, aínda que nalgún caso, botáron en falta que non se lles ensinasen as instalacións, sobre todo naqueles graos con dependencias e laboratorios. Coido que esto sería importante, para acercalos á realidade dos estudos, que moitos deles pronto darán comezo.

sábado, 27 de enero de 2018

VÍAS PARA TER CUALIFICADA A  FORMACIÓN PROFESIONAL

No pasado mes de Novembro a Consellería de Educación organizou unha Xornada de Orientación Profesional para os profesionais que traballamos no ámbito educativo e laboral. José Manuel Rodríguez Buján, Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional, fixo unha exposición moi completa sobre as distintas opcións que  ofrece o sistema educativo e laboral para estar cualificado para a Formación Profesional. 

Aspectos salientables que eu destacaría por ser novedosos para min:
  • O acceso á Formación Profesional para as persoas adultas non precisa requisitos académicos. Con experiencia profesional de polo menos 2 anos relacionada directamente co ciclo, as persoas pódense matricular en módulos asociados a unidades de competencia.  
  • Segundo o RD lei 5/2016, do 9 de decembro, poderán obter o título de Bacharelato, alumnado que superando as materias xerais dentro do bloque de materias troncais, segundo a modalidade que elixa, o alumnado de:

         - Ciclos de grao medio e superior

         - Ensinanzas Profesionais de Música e Danza
  • Hai ciclos que teñen en común os módulos do primeiro curso e quedarían validados no caso de querer cursar un segundo ciclo formativo.

  1. Carpintería e Moble, e Instalación e Amoblamento
  2. Administración e Finanzas, e Asistenza á Dirección
  3. Deseño e Xestión da Produción Gráfica, e Deseño e Edición de Publicacións Impresa e Multimedia.
  4. Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade
  5. Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, e Desenvolvemento de Aplicacións Web
  6. Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos, e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
  7. Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría
  8. Laboratorio Clínico e Biomédico, e Anatomía Palolóxica e Citodiagnóstico




domingo, 21 de enero de 2018

AS MULLERES CIENTÍFICAS

Sabías que o 11 de Febreiro foi declarado polas Nacións Unidas como o Día Internacional da Muller e a Ciencia?


Sabías que o 8 de Marzo é o día Internacional da Muller como recoñecemento da súa contribución á historia e como loita da igualdade co home. En algúns lugares ata é declarado como día festivo como é o caso da cidade de A Coruña.

Sabías que vai haber un wikimaraton entre o 6 ao 19 de febreiro para crear artigos na wikipedia sobre as mulleres do mundo da ciencia?

Sabías que vai haber un concurso en Twitter o mesmo sábado 11 para adiviñar a identidade de investigadoras sobre as que irán dando pistas o Instituto de Biomediciña e Biotecnoloxía de Cantabria?

Sabías que a Xunta de Galicia convoca un concurso de carteis que consiste en recoller unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, así como un lema en galego relacionado coa igualdade de xénero e a non discriminación (prazo ata o 17 de Febreiro )?

Sabías que só unha de cada cinco mozas de 15 anos quere adicarse a profesións técnicas?

Sabías que aínda que as mulleres acadan máis do 50% dos títulos universitarios, a súa presenza en carreiras como física e enxeñarías non chega ao 30%?

Sabías que aínda que moitas científicas estiveron involucradas en grandes descubrimentos, poucas persoas poderían nomear a unha investigadora que non fose Marie Curie? Velaquí tes un claro exemplo: 



Tamén podes ver este video dunha muller investigadora:



Se pensas que vale a pena loitar para visibilizar as mulleres científicas,  e así conseguir unha maior participación e empoderamento, aquí tes varias propostas, ademáis das anteriores: 
  • Debuxar mulleres científicas
  • Elaborar un guión con preguntas para entrevistar a mulleres científicas. Esta entrevista podería ser grabada en formato audio, video ou recollelo en produción escrita
  • Elaboración dun comic ou historieta
  • Investigar sobre algunha muller científica e redactar unha biografía.( Se premes aquí podes atopar algunha científica )
  • Proyecto Iguala Extremadura: mulleres na historia : un reto colaborativo en mi centro
Ligazóns relacionados:
https://activatuneurona.wordpress.com/2017/02/08/concurso-del-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/

https://twitter.com/IBBTEC?lang=es
ttps://www.youtube.com/watch?v=Dglfms-PpJ4
https://11defebrero.org/tag/csic/


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...