UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Xa é o terceiro ano que o noso alumnado de 1º de Bacharelato visita os distintos centros universitarios da USC ( antes chamados facultades). Asistimos un total de 37 alumnos e 3 profesores, o pasado xoves 6 de Febreiro.
Cada un dos alumnos escolleu un itinerario da súa preferencia.Cada un destes percorridos
permite ver dous centros universitarios.
Este ano quixen estar cos alumnos que escolleron visitar a facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación.
En Psicoloxía recibiunos a vicedecana no salón de actos. Fixo a presentación destes estudos, destacando os seguintes aspectos:
- Trátase dunha ciencia que estuda mediante o método científico, a forma en que as persoas peciben, senten, pensan e actúan. Tamén se podería definir como a ciencia que estuda a conduta.
- Nos dous primeiros anos estúdanse os procesos psicolóxicos básicos: atención, percepción, memoria...
- No plan de estudos hai materias relacionadas coa bioloxía e as matemáticas.
- Os ámbitos de actuación son tres:
- Psicoloxía social situada no eido das empresas dentro dos departamentos de recursos humanos e tamén facendo intervencións en problemáticas sociais. Tamén chamada Psicoloxía do traballo e as Organizacións que se ocupa do desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores e a xestión de recursos humanos.
- Psicoloxía da educación estuda o desenvolvemento do ser humano e as distintas etapas evolutivas para poder optimizar e previr disfuncións da aprendizaxe e o desenvolvemento psicolóxico.
- Psicoloxía clínica para intervir en problemas de saúde mental. Avaliación, diagnóstico, tratamento e prevención que afectan á saúde mental e á conducta adaptativa, en condicións que podan xerar malestar subxectivo e sufrimento dos individuos. Existe a figura do PIR ( Psicólogo interno residente ) para obter o título de psicólogo clínico. Convócanse oposicións a nivel estatal para optar a esta titulación. Na última convocatoria sacaron 120 prazas para toda España.
- Actualmente na facultade de psicoloxía hai tres unidades de investigación e asistencia:
- Unha delas está dirixida ao deporte prestando servizos en federacións deportivas.
- Outra delas está enfocada no tabaquismo e trastornos adictivos.
- A terceira está enfocada en temas de violencia de xénero.
- Tamén hai o GIPCE, grupo de intervención psicolóxica en catastrofes e emerxencias. Este grupo foi de vital importancia no accidente ferroviario de Angrois.
- E xa por último indiciou que afortunadamente, trátase dun profesional que está máis presente na sociedade ca fai uns anos.
A medida que nos foron amosando as instalacións, tamén nos respostaron a algunhas das dúbidas e preguntas que os estudantes de novo ingreso acostuman a plantexar:
- Impedimentos cando un alumno non cursa o bacharelato de Ciencias: para os alumnos que non cursaron Bioloxía, o profesorado facilita material complementario e adicional para cubrir esta falta de coñecementos.
- En bioloxía estúdanse as bases biolóxicas do Sistema Nervioso Central para coñecer a relación entre conduta e cerebro. Poderíamos dicir que o cerebro é o noso comandante xeral. No laboratorio hai maquetas para coñecer as distintas estructuras cerebrales. Déronnos a coñecer unha ferramenta online que facilita o seu estudo http://www.g2conline.or
- As matemáticas que se cursan en Psicoloxía non son excesivamente complicadas
- Os exámenes son de tipo test, agás nas materias relaciondas coas Matemáticas.
- Mestres nas diferentes especialidades que están ubicados no campus norte
- Pedagoxía que está no campus sur ( no edificio pegado a psicoloxía ). Disciplina que estuda os proceso de cambio, mellora e innovación das persoas e institucións, dentro do sistema educativo e organización comunitaria e laboral
- Educación Social: estes profesionales traballan con colectivos de exclusión social, grupos máis vulnerables con adicions, vitimas de violencia de xénero, persoas maiores e dependentes. Desenvolven a súa labor en ONGs, concellos, asociacions, centros de día...
No hay comentarios:
Publicar un comentario