domingo, 6 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DOS TITORES DA ESO COAS FAMILIAS

Xa queda moi pouco para que cada titora e titor teña unha xuntanza coas familias da súa titoría. Mentras tanto e para ir sabendo, estes  son algúns dos temas , que posiblemente se traten nas reunións. 




Xa comentábamos o curso pasado que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Comunicación cos fillos
  • O manexo dun fill@ adolescente pode ser complicado para todas as familias.
  • Debe de haber un acordo entre a parella para afrontar a educación nesta etapa
  • Encubrir os fill@s frente á parella, rompe acordos ou simplemente desentenderse, é unha forma pouco axeitada.
  • O respaldo familiar, as palabras de ánimo e reforzó serán fundamentais, tanto se hai progreso académico, como se non o hai.
  • É aconsellable estar atentos á posibles cambios de humor e de conduta: cambios bruscos nas súas costumes, excesivo nerviosismo. Todo isto pode ser unha sinal de alerta. Neste caso, aborde o tema co seu fill@ e se isto non fose efectivo, infórmese a través dos profesores do Instituto. 
  • Manter unha comunicación en relación ós estudos e a vida do instituto. Neste aspecto, mellor que facer un interrogatorio, estade dispoñibles cando o voso fill@ vos conte ou  formule preguntas abertas.
  • É importante escoitar sen xulgar. Cando vos conte algún acontecimiento poderedes preguntar: E ti que pensas diso? Que vas facer ti?
O estudo na casa

  • Cada persoa ten unha forma característica de aprender, que non coincide ca doutras persoas. É importante que axuden ao seu fill@ a descubrir cal é a mellor maneira de estudar
  • Non hai unha única fórmula de organizar o tempo de estudo. É difícil precisar cantas horas deben adicarse a estudar, porque depende da dificuldade das materias, os deberes que haxa para ese día, a capacidade ou o estado de ánimo de cada estudante. Como norma xeral, é aconsellable adicar un tempo diario ( períodos de 25 minutos intercalados por pequenos descansos ) e, sobre todo, aprender a planificar as tarefas: decidir canto nos levará cada actividade, por cal imos a comezar, en que momentos poderemos descansar...
  • Sempre hai algo que facer. Aínda que non haxa deberes, pódese repasar o que se explicou na clase, pasar a limpo os apuntes, facer un traballo pendente, darlle un vistazo a un tema que se dará mañán... e pódese tamén ler un libro.
  • Convén manter ante o estudo unha postura activa. Isto se consigue relacionando o que se estuda con aspectos da vida diaria, profundizando e ampliando, pensando en qué cousas das materias poden ser interesantes... Se pensan que o seu fillo só se limita a memorizar ou volver a ler os temas unha e outra vez, anímeno a suliñar, facer esquemas, facer gráficas, consultar libros ou enciclopedias...
  • Cada persoa ten un ritmo diferente para estudar. Hai quen prefire empezar polo máis difícil e outros polo máis fácil. En xeral, é aconsellable non sobrecargarse de traballo ( por exemplo antes dun exame ) e facer descansos periódicos en cada sesión de estudo.
  • O ambiente de estudo é importante, temos que ter en conta que cada persoa ten as súas propias preferencias. Permitan as súas fillas e fillos estudar onde mellor o fagan, e incluso escoitando música ( non demasiado alta ), se eso lles axuda. Pero se vostedes ven que se distrae con frecuencia, o aconsellable é que busquen un lugar tranquilo, sen interrupcións nen ruídos.
  • Para estudar con proveito hai que estar en boa forma. É convinte ter unha alimentación axeitada, dormir o suficiente e facer algún tipo de deporte ou exercicio físico.
  • Estudar é importante, pero outras cousas tamén o son. É necesario que os seus fill@s aprendan a utilizar o tempo de ocio dunha maneira saludable. Ó longo da tarde debe haber tempo para estudar e tamén para outras ocupacións. 
  • Convén que os pais se interesen polo que fan os fill@s. Debe facerse sen transmitir a impresión de que estamos supervisando e vixiando. Se a súa filla leva un caderno de tarefas ou algo similar, revíseno periódicamente e estén moi atentos ás anotacións que poida ter escrito pola profesora ou profesor.
  • Estudar conleva esforzo. Animen ós fill@s e recorden que soe dar mellores resultados un premio ou alabanza verbal que un castigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...