OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 1ª ENTREGA
Sara Castro Sosa e Aldara Pernas Suárez son alumnas de 4º de ESO que están a cursar Economía durante este curso. Cando lles propuxen facer de profes en 3º de ESO, para que lles contasen aos alumnos que se estudaba nesa materia, de seguida se animaron e ata prepararon unha presentación en Drive ( está máis abaixo ) para utilizar nas aulas. Como din elas, ogallá o curso pasado alguén nos contase que era Economía, porque non sabíamos moi ben que escoller.
Tampouco lles importou poñerse diante da cámara para gravar este video e así poder dispoñer dun archivo dixital para futuras promocións.
Así que, como di o refrán " é de ben nacidos ser agradecidos". Os meus agradecementos a estas dúas alumnas pola súa inestimable colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario