domingo, 28 de abril de 2019

A DISLEXIA PODE SUPERARSE

O pasado venres día 26 de Abril tiven a sorte de escoitar a Luz Rello. A pesares de ser unha persoa con dislexia é licenciada en Lingüística e doctora en Informática. Fundou a empresa social Change Dyslexia  Recibiu varios premios pola súa labor de investigación no campo da dislexia. Traballa cun equipo interdisciplinar na súa  detección precoz e ofrece recursos para superar as dificultades de aprendizaxe que xenera.

Acaba de publicar un libro que leva como título " Superar la dislexia" na editorial Paidós. Como dícía antes, os asistentes a súa conferencia, tivemos o privilexio de poder  disfrutar e mesmo emocionarnos, cando nos relataba os seus recordos de nena, no colexio. Algúns moi amargos e tristes, como cando soñaba con esa entrega do boletín de notas con todos sobresaíntes, e cando espertaba atopábase coa dura realidade de ter malas notas, a pesares de facer una grande esforzo. Xa vedes, xusto ó revés do que acostuma a ser un pesadelo, cando un queda aliviado  cando descubre que todo era mentira.

Contounos tamén, que ela memorizaba listas de palabras para non ter ningún erro na escrita pero eses listados non se esgotaban nunca. Estudaba a todas as horas pero as boas notas nunca chegaban. Ela cría firmemente que non tiña capacidade intelectual ata que un día unha profesora díxolle que tiña unha dificultade para a adquisición de lecto-escritura, pero que con esforzo e traballo podía superarse. Dende ese día, a súa vida tomou outro rumbo moi diferente. Esos pensamentos que mermaban a súa valía persoal como estudante, deixaron de atormentala e tanto foi así que hoxe en día, é recoñecida dentro da comunidade científica, como unha gran investigadora.

Outra anécdota, que a min persoalmete chegoume ao fondo do meu CORAZONZIÑO, e que quero compartir con todos os orientador@s, é que durante os seus anos escolares, tiñan a presenza dunha orientadora algúns días á semana. Recorda a esta persoa con unha SONRISA na cara e  como a única de quen recibía apoio e agarimo para levar esa enorme carga. Luz dí, que os orientador@s podemos facer cousas moi grandes, con ben pouco e parafraseando o que dixo " OS LO DIGO YO QUE LO SUFRÍ EN MIS PROPIAS CARNES "

Pasou cinco anos investigando sobre os erros disléxicos e chegou a ter unha base de miles de datos, para analizar patróns lingüísticos. Se entendín ben, coa Intelixencia Artificial, unha vez que lle proporcionas ós ordenadores unha base de datos tan amplia, eles analizan e detectan, se un novo dato que introduces, encaixa cos modelos que teñen, facendo comparacións.

Penso que todo esto, permitiulle crear o Test Dytective, que é unha ferramenta online gratuita para a detección precoz. O tempo de aplicación son aproximadamente 15 minutos. 

Pareceume tan interesante o que nos transmitiu, pola base científica que hai detrás de toda esta labor, que quixen recollelo por escrito nesta publicacion, para que quedase testemuña neste blog e o mesmo tempo compartilo co resto de orientador@s. Tamén o fago, porque chegou aos meus oídos, que a nosa Consellería está traballando sobre un protocolo para a dislexia, e digo eu, que non estaría demáis que tivese en conta a Luz Relles, como referente. Ah! e por certo, tamén foi entrevistada en " aprendemos Juntos BBVA" co título " La dislexia es una dificultad de aprendizaje, no es una enfermedad"

Como profesionais da orientación temos unha enorme responsabilidade nas nosas mans, e maís despois de saber, que hai ó redor dun 10% da población sufre esta dificultades. Esto significa que en todos os grupos pode haber algunha persoa con dislexia que está oculta, sen detectala. En palabras de Luz Relles, está moi relacionada co rendemento escolar porque para estudar tes que ler e para demostrar o que sabes tes que escribir. 

Polo tanto, fixen esta presentación pensando naqueles aspectos polos que deberíamos empezar, cando temos sospeita de algún alumn@ nas aulas. Unha última cousa, fixen esta ilustración coas "PIRULETAS", porque fai algún ano, tamén tivo unha app para dispositivos móviles con exercicios para traballar a dislexia, que se chamaba PIRULETRAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...