lunes, 12 de junio de 2017

A CONSELLERÍA PUBLICA AS CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO


O Venres, 9 de Xuño, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publica a Resolución pola que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Requerimentos para a obtención do título
  • Ter avaliación positiva en todas as materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Matemáticas. A estos efectos:
  • As materias con idéntica denominación en diferentes cursos considéranse como materias distintas
Sen prexuizo do anterior, para obter  o título será preciso que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as cometencias correspondentes.

Cualificación da etapa

  •  A media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa, expresada nunha escala de 1 a 10 con dúas cifras decimáis, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior. A estes efectos, a situación de NP na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na proba ordinaria.
  • O alumnado que, despois da avaliación ordinaria do mes de xuño do cuarto curso, obtivera unha nota media da etapa igual ou superior a 9, poderlá obter a distinción de Matrícula de Honra. Esta distinción concederase a un número non superior ao 5%, ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso.
  • En todo caso, esta distinción adoptarase conforme aos criterios previamente acordados e establecidos na Comisión de Coordinación Pedagóxica e consignarase nos documentos de avaliación mediante unha dilixencia específica.
  • Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave. Os resultados reflectiranse no consello orientador, expresándose nos termos de: Insuficiente ( IN ), para as cualifiacións negativas, e Suficiente ( SU ), Ben ( BE ), Notable ( NT ) ou Sobresaliente ( SB ), para as cualificacións positivas.
  • No caso do alumnado que finalice a etapa despois de cursar un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento, o cálculo da cualificación final farase sen ter en conta as cualificacións obtidas nas materias que no superase antes da data da súa incorporación ao programa, cando ditas materias estivesen incluídas nalgún dos ámbitos previstos no RD polo que se establece o currículo básico da ESO e do Bacharelato, e o alumno superase o devandito ámbito.
Opcións co título de Graduado en Educación Secundaria

  • Os títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirán acceder indistintamente a calquera das ensinzanzas postobligatorias recollidas na LOMCE e aclarado un RD publicado o 2 de xuño ( publicado neste post ).
  • Os alumnos e as alumnas que obteñan un título de Formación Profesional Básica poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente consider que teñen acadados os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria e adquiridas as competencias correspondentes. Nestes casos, a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns regulados na LOMCE.
Consello orientador

  • Ao final de cada curso da ESO entregaráselles ao pais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta a pais, nais ou titores legais ou, de ser o caso, ao alumno, do itinerario máis adecuado para seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta. De considerar necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación aos pais e , de ser o caso, ao alumno sobre a incorporación a un programa de mellora de aprendizaxe e do rendemento, ou a un ciclo de formación profesional básica.
  • Este consello orientador elaborarao o profesorado titor, logo da información recollida na sesión de avaliación final e co asesoramento do Departamento de Orientación. Levará a sinatura do profesorado titor, do xefe do Departamento de Orientación e o visto e prace da dirección do centro docente. O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
Ligazóns

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...