jueves, 30 de marzo de 2017

E DESPOIS DUNHA LONGA ESPERA... XA PODEMOS CONTAR QUE É A ABAU (AVALIACIÓN DO BACHARELATO E ACCESO Á UNIVERSIDADE )


Hoxe mesmo estivo con nós, Pedro Armas, presidente da Comisión Interuniversitaria Galega ( CIUG ). Esta comisión ten,  entre os seus cometidos, organizar e deseñar as probas de acceso á universidade. 

Aínda que finalmente esta proba ( máis coñecida no seu día como reválida) non é condición para acadar o título de bacharelato, a implantación da LOMCE nesta etapa, supón unha serie de cambios, en relación as probas PAU ( selectividade ) de antes.

Antes de meterse de cheo a explicar a estructura e organización da ABAU, Pedro Armas, fixo fincape na garantía do anonimato das materias do examen, xa que non figura o nome do alumno no momento da realización e corrección, senón que vai asociado a un código. 

Tamén indicou, que case con total probabilidade, as probas extraordinarias de setembro se adiantarían a xuño para o alumnado de 2º Bacharelato, a partires do curso vindeiro.

Esta e a presentación pola que se guiou o relator para aclarar, como queda todo o relativo a ABAU, despois de tantas reviravoltas que CIUG, Consellería de Educación e representantes da Universidade lle deron a estas probas.



Con todo quedan algúns flecos pendentes de regular, e que no caso do noso centro a relevancia é a destacar:

1º Xa comentei nunha entrada anterior, que o noso IES é de referencia por ser un centro Plurilingüe en Francés e a maiores por ter implantado o Bachibac ( bachillerato no sistema educativo español e francés ), sendo o único na nosa Comunidade Autónoma con esta dobre titulación. É indiscutible que este alumnado ten competencias lingüísticas destacadas neste idioma, razón pola cal era unha materia da súa escolla, na fase obrigatoria, a pesares de ser cursada como segunda lingua estranxeira. Na orde que regula as probas para este curso, indica que ten que ser obrigatoriamente a PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA. En palabras de Pedro Armas indícase que probablemente esta situación cambiará, para poder arranxar esta casuística pola cal moitos alumnos do noso territorio galego, poderían verse afectados.

2º Tampouco se regula algo establecido polo governo central na disposición transitoria dunha orde do 22 de Decembro, segundo o cal un alumno repetidor que estivese a cursar materias do currículo LOE, estaría exento de presentarse a fase xeral destas probas e teríaselle en conta a súa media do bacharelato, para o acceso á universidade. En calquer caso, o alumnado no noso centro que se atopa nesta situación e case me atrevería a dicir o de todos centros de Galicia, están repetindo co currículo LOMCE. Este colectivo de alumnos, segundo información facilitada por Pedro Armas, non terían que presentarse a devandita parte da fase xeral e o que é máis, solicitaría praza nos distintos graos, con igual concorrencia competitiva cos demáis, sendo este proceso diferente noutras comunidades autónomas, xa que serían aspirantes a prazas despois de asignarlle praza o alumnado que non está a repetir e ten superada a ABAU.

Ligazón á normativa ABAU
Parámetros de ponderación
Ligazón ó Nerta
Calendario ABAU e outras datas de acceso á Universidade

domingo, 26 de marzo de 2017

SEGUIMOS A TER MÁIS RELATORES DA UNIVERSIDADE  NO NOSO CENTRO



Esta vez a universidade de A Coruña, estivo representada por Fisioterapia, Ciencias da Actividade Física e do Deporte e o dobre grao de Turismo e Empresariais. Estiveron dirixidas a alumnado de 4º de ESO e bacharelato. 

Como datos interesantes, dicir que unha das razóns polas que Fisioterapia ten poucas prazas e por conseguinte unha nota de corte moi alta, é porque ó ser un grao con moito carga de horas de prácticas, os grupos son moi reducidos. A duración media dos alumnos para terminar este grao é de 4 anos e medio. Teñen un máximo de 12 prazas para alumnos procedentes doutra titulación da mesma rama de coñecemento. 

Con respecto o grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foron dous alumnos de prácticas os que presentaron estes estudos. Explicaron como son as probas físicas para acceder a este grao. Tamén fixeron fincapé en que o alumnado de 1º de Bacharelato podía presentarse as devanditas probas porque teñen validez ata dous anos. Outra cuestión de interese é que a súa superación tamén permite acceder a este grao en Pontevedra, non sendo posible ó revés. O prazo para inscribirse remata o 31 deste mes e hai dúas datas de realización: 22 de abril e 20 de xuño. 

Estas son as presentacións que os relatores utilizaron para explicarlles ós alumnos a información dos distintos estudos.





domingo, 12 de marzo de 2017

VEN ÓS CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2017


Se che gusta a ciencia, esta é unha boa ocasión para divertirse nas vacaións de verán. Aquí podes atopar toda a información que precisas clicando nos botóns interactivos.

sábado, 11 de marzo de 2017

A Universidade de Vigo tamén estivo no noso centro.


Despois das últimas novas, actualizo esta entrada publicada nunha data anterior
O pasado mércores 1 de Febreiro, estivo con nós Carmen Álvarez Veleiro, xefa do negociado do SIOPE (Servizo de Información e Orientación ó alumnado) representando á Universidade de Vigo. A charla estivo dirixida a 2º de Bacharelato. 

Como comentaba antes,  é un servizo de asesoramento,  e polo tanto,  parece lóxico que a charla debería de estar centrada en aspectos xerais,  como os graos que se ofertan nos tres campus universitarios ( Ourense, Vigo e Pontevedra), residencias, servizos que ofrece, e demais... sen embargo non foi así, por varias razóns:

- Sobra dicir, que o tema estrela deste ano é a reválida que ven a sustituir as antigas PAU ( selectividade ). O nome "bonito" é EBAU. Eu chamaríalle "e-vou" se non fora porque a estas alturas de curso, aínda non sabemos NADA DE NADA...
- O alumnado está inquedo, non sabe qué materias terán máis peso para optar aquel grao da súa primeira elección, non sabe qué tipo de examen vai facer e un etc, etc, etc.
- As familias tamén manifestan o seu malestar por esta situación e os que deberíamos saber algo para dar respostas, tampouco sabemos nada.

Ante todo esto, Carmen Álvarez, con moi bo criterio,  decidiu falarlles dese examen misterioso EBAU, que foi un BORRADOR. Dito doutra maneira: " des-orientar en fase beta". A día de hoxe xa podemos falar de como van ser esas probas porque a orde xa está tramitada para ser publicada en DOG. Así que grazas a Carmen,  enlazo esta presentación que elaborou, para que  vexades como queda finalmente.



Finalmente dicir, que un dos referentes do noso centro, é ser o único centro plurilingüe en Lingua Francesa, na nosa Comunidade Autónoma. Isto supón, que o noso alumnado, que ven cursando varias materias nesta lingua, ten  coñecementos neste idioma moi sólidos. Esta gran competencia lingüística permitíalles subir as cualificacións da parte xeral das anterior PAU, ó poder escollerse a segunda lingua estranxeira, como materia. Sen embargo, e sempre falando desa fase beta e tomando as directrices do que establece o governo central a través de BOE, esta situación parece que cambia. Así que o descontento do noso alumnado é por partida dobre.

Faltoume dicir antes, que Carmen fíxo entrega a todo o alumnado dun díptico coa oferta académica da universiadade de Vigo. Tampouco me podo esquecer de comentar, que houbo un grande interese polos alumnos e que o tempo foi escaso para intentar dar resposta a todas as inquedanzas que manifestaban. GRAZAS CARMEN!!!


viernes, 10 de marzo de 2017

AS MULLERES E OS HOMES BAIXO O MESMO SOL



Hoxe tiven, como cada venres, clase de valores en 1º ESO B. Xa levamos algún tempo traballando sobre o papel que desempeñan as mulleres nas nosas vidas. Moitas delas estiveron anuladas ou invisibles ó longo da historia. 

O alumnado estivo a facer unha labor de investigación sobre as mulleres nas súas familias. Tiveron que confeccionar unha árbore xenealóxica e escoller algunha antepasada que destacase pola súa contribución á sociedade ou a súa dedicación e entrega á familia. 

Analizamos porqué unha gran maioría adicouse a coidar da familia, ese rol tradicional que a sociedade esperaba delas, eses estereotipos de xénero, que aínda hoxe están moi arraigados na nosa sociedade.

Cada alumno expuxo oralmente quen foron as mulleres da súa familia e en moitos dos casos, que rol lles asignou esta sociedade machista. Eu diría que son mulleres 24/7. Sí , son as que traballaron e traballan as 24 horas do día e os sete días á semana.

Aproveitando que este mércores foi o día da muller traballadora, que mellor que facer unha exposición de todos os traballos feitos polos alumnos, no corredor do centro. FACER VISIBLES A ESAS MULLERES... Só nos faltaba poñer nomes a esos traballos que realzase e lles dese protagonismo. Para iso, púxenos a traballar en grupos cooperativos seguindo unhas recomendacións que atopei no blogue xustifica tu respuesta. (Espero poder poñer esto máis en práctica para sacar as miñas conclusións).

Saíron cousas tan interesantes como o título que fai honor a esta entrada. A consigna foi que pensasen en que as mulleres queríamos ser iguais cos homes, nen máis, nen tampouco menos...

sábado, 4 de marzo de 2017

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

1. Sabes o que son axudasle? Tal e como dí o título, son estadías durante o verán que che permiten ter máis competencia lingüística en Inglés

2. Donde se desenvolven? Lévanse a cabo na nosa Comunidade Autónoma. A súa xestión e organización corresponde a empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Quen pode beneficiarse destas axudas? Están destinadas ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato

4. Que requisitos hai que ter? 
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de Lingua Ingles, unha cualificación mínima de  "6"
  • Non ter condedida outra axuda da mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI ou NIE , tamén valería o pasaporte.
5. Canto tempo teño de prazo? Dende o 28 de Febreiro ata o 27 de Marzo ( incluído)

6. Como fago para cubrir a solicitude? Tes varias opcións:

  • Podes completar en liña o formulario electrónico premendo aquí, sempre e cando dispoñas dun certificado dixital por ter DNI eletrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Tamén podes acceder se estás rexistrado na Consellería de Educación e , polo tanto, tes un usuario e un contrasinal.
  • Imprimir os anexos I e II da convocatoria, cubrilos debidamente e achegar a certificación de matrícula do curso no que estamos, certificación académica da materias cursadas no curso 2015/16 e a nota media obtida, autorización do titor/a legal para cosultar os datos económicos na Axencia Tributaria e aquela outra documentación que se recolle na orde que regulan estas axudas. Para ampliar información consulta a guía de axuda anexada máis abaixo )
7. Cando se poden disfrutar destas estadías?  Dende a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017


UN ANO MÁIS VISITAMOS A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Xa é o terceiro ano que o alumnado de 2º de Bacharelato visita as facultades e escolas universitarias do campus de Elviña, Oza e A Zapateira. Sempre que os acompaño, vénseme ó pensamento que cantos deles serán enxeñeiros, biólogos, químicos, fisiterapéutas e un largo etc, etc ou quen sabe que desempeños profesionais terán nun futuro. É a primeira toma de contacto co mundo universitario, que seguramente permanecerá na memoria de moitos deles. Algúns, aínda non saben o que facer, con todo quedar ben pouco para iniciar o seus estudos na universidade. 

O Sape ( Servizo de Asesoramento e Promoción do Alumnado) é quen organiza estas visitas. Establece varios percorridos segundo as ramas de coñecemento. Fomos dous profesores, os que acompañamos ó alumnado nas visitas.




Este ano estiven co alumnado que escolleu as facultades da rama de enxeñaría e arquitectura. Así que empezamos por Arquitectura e Arquitectura Técnica. Alí nos explicaron as diferenzas que hai entre estas dúas titulacións. Básicamente e para facerme entender, a primeira das citadas estaría relacionada co deseño e o proxecto dunha obra de edificación e a segunda, é dicir, o arquitecto técnico sería quen executa ese proxecto. Polo tanto estes dous profesionais teñen que traballar en equipo. O arquitecto técnico é o aparellador. Tamén nos contaron que o grao en Arquitectura necesita un ano de máster para poder exercer a súa profesión, esto supón un cómputo de 6 anos en total. 

Despois de agasaiarnos cun chocolate con churros a media mañán, fomos á Escola de Naútica. Penso que a todos nos quedou ben claro o perfil profesional do graduado en Náutica e Tecnoloxías Mariñas e o graduado en Náutica e Transporte Marítimo. Trátase, no primeiro caso,  do encargado de reparar as máquinas dun buque e que unha vez completados os seus estudos e con horas de navegación chegarían a ser xefes de máquinas. O segundo grao mencionado,  son os que van na ponte dos buques, os que pilotan os barcos e poden chegar a ser futuros capitáns de mariña mercantes. As saídas profesionáis son múltiples, dende traballar nunha torre de control marítimo, clubes náuticos, consignatarias que xestionan a documentación dun buque.... En ámbolos casos necesitan do master para chegar a ser, como xa se citou antes, capitán de mariña mercante e xefe de máquinas.

A continuación fomos á Facultade de Informática. Parece que vai ser a máis escollida entre o noso alumnado. Ensináronos as instalación máis destacadas, como o centro de cálculo. Tamén nos comentaron que teñen grupos de docencia en Inglés, o cal significa que algunhas das materias se imparten nesta lingua estranxeira, permitindo optar a unha dobre titulación, por ter un convenio cunha universidade do sur de Gales. Para isto, o alumnado ten que facer nesta universidade un dos cursos. Outra cuestión de interese é que as prácticas na empresa en 4º curso son remuneradas, segundo o número de horas.

E xa para rematar, tamén nos atenderon na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Alí se imparten os Graos de Enxeñaría en Tecnoloxía Civil e Enxeñaría en Obras Públicas. Amosáronnos varias maquetas para explicarnos a importancia que ten o cálculo de estructuras para as construccións, que hoxe en día, fanse con ferramentas tecnolóxicas. Con estos cálculos pódese saber a resistencia dos materiais para facer as construccións, tendo en conta os condicionamentos ambientais para poder propoñer un deseño. A finalidade é reducir peso, gañando en resistencia. Tamén explicaron que o aluminio é máis lixeiro co aceiro e que se están a utilizar materiais compostos como a fibra de carbono.

miércoles, 1 de marzo de 2017

OS 100 GRAOS UNIVERSITARIOS DE GALICIA


Neste documento de case cen páxinas , recollo  un centenar de graos que se ofertan nas tres universidades galegas. Na guía, faise unha descripción de cada grao, as saídas laborais de cada un, os campus donde se imparten e ás ligazóns para ampliar información. Os diferentes estudos están organizados por ramas de coñecemento para facilitar o seu manexo. 

Son consciente de que a guía sería moito máis completa,  se indicase aquelas materias do bacharelato que son imprescindibles para cada grao.  Tamén sería de interese, ter claro que aptitudes e habilidaes son fundamentáis para cada un deles.  Todos estes aspectos sinalados,   son pezas clave para facilitar a orientación ó alumnado  e non aparecen nas informacións das webs. Por todo isto, aproveito este post, para facer un chamamento ou un rogo á CIUG, para que lle faga este encargo,  ós responsables nas distintas facultades ou escolas universitarias. 

Ligazón para descargar o documento
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...