sábado, 10 de diciembre de 2016

A AMIZADE REPRESENTADA NUN CÓMIC


Antes de nada, o primeiro que debo de  dicir é que a miña fonte de inspiración para este post foi Ada Agrasar Valcárcel e algúns dos seus compañeros e compañeiras da súa clase. 

Veredes, todo empezou cando un día decidín traballar o tema do " respeto ás diferencias" a través da animación dun corto maravilloso que vos recomendo, se é que aínda, non tivestes a ocasión de velo. A temática central é do mesmo estilo , que podedes atopar tamén en "El cazo de Lorenzo" "Por cuatro esquinitas de nada" . 

Todos eles son altamente recomendables para sensibilizar e tomar conciencia de que todos somos diferentes,  pero ó mesmo tempo todos somos iguais , porque aínda que non hai dous individuos iguais,  no fondo todos queremos ser aceptados e estar integrados nun grupo. 

Vénseme á tarabela, cando escribo esto, que ata nós mesmos,  profesionais da educación, non somos coherentes...estámos pedindolle ó alumnado que non segregue, que non aparte, que sexa acolledor, que non discrimine... e paradóxicamente facemos caso omiso do principio de inclusión educativa,  que debe de primar na atención á diversidade do alumnado. Aclaro mellor isto, inclusión educativa: NINGÚN alumno sae da aula dos seus iguais, pola contra, exclusión educativa: determinados alumnos saen a aula de apoio. E quen vos parece que somos os responsables? NÓS MESMOS. Ou sexa, excluímos, separamos, segregamos, ferimos sentimentos. Teño que confesar que algunha vez doeume o corazón cando lle tiven que dicir ás familias e ó propio alumno que tiña que sair unhas horas á semana para que lle axudasen coas mates ou as linguas... e despois enchésenos a boca nas avaliacións cando decimos que ten baixa autoestima.

Deixando esto a un lado, que non é POUCO.... sigo a contar como traballamos o corto do que falaba máis arriba. Supoño que coma moitos  profes, o valor educativo de calquer corto, non é tanto a proxección en sí , como o debate, a análisis e a reflexión que calquer docente tenta a facer co alumnado. Non é doado de facer ou polo menos a mín non me resulta fácil, tamén ten que ver a idade evolutiva dos alumnos. A metodoloxía que sigo é a dos "círculos restaurativos". A disposición como o seu nome o indica é sentados en círculos, e procuro que tódos os alumnos teñan a oportunidade de expresar o que pensan e algo máis difícil " o que sienten".  Pois ben, a lectura ou significado que lle demos ó corto foi en resumen " os lazos de amizade que se establecen entre a protagonista e un neno que vai en cadeira de rodas. 

Unha vez rematada a sesión, pedinlles a cada alumno, que expresanse no formato que quixeran,  a amizade. Todos sabemos que este  aspecto  cobra unha grande importancia na adolescencia. Por certo, esquecín dicir que os alumnos son un grupo  maravilloso de 1º de ESO e que este año tiven a sorte de impartirles a materia de valores éticos. Aquí podedes ver como representa Ada Agrasar Valcárcel a amizade que se establece entre dúas amigas,  que se coñecen a través dun intercambio entre centros educativos e a quen teño que agradecerlle,  que quixese compartir con todos vós este divertido e entrañable cómic. Terán algo que ver os intercambios que organiza o Departamento de Francés? Téñolle que preguntar... 












sábado, 3 de diciembre de 2016

OS PRIMEIROS DÍAS NO INSTITUTO


Xa queda moi pouco para que finalice este primeiro trimestre. Os alumnos están a voltas coa morea de exames, entrega de traballos, láminas de debuxo,  maquetas  e un desenfreado ecétera, ecétera. Aínda así buscan tempo nos seus períodos de lecer para contarme as súas sensacións, temores, impresións que tiveron dende os seus comenzos no Instituto. Son testemuñas que  teñen un grande valor para asomarse á ventá do noso centro. A GOLPE DE CLIC!

sábado, 19 de noviembre de 2016

ENTRENARSE PARA O ESTUDO


Xa levamos un tempo dende que o curso deu  comenzo, e se eres dos preguiceiros que:
  • Tardas moito en acomodarte e preparar todo para empezar a estudar
  • Estás todo o tempo pendente do móvil
  • Deixas todo para o día antes do exame e estudas só algunhas cousas desexando ter sorte para que che poña o profesor xusto esas...
  • Cústache planificar as cousas e che pasan os días sin arranxar as cousas pendentes
  • Dis " non podo" ante calquer dificultade, antes de intentalo
  • Resultache difícil acabar unha tarefa ou traballo nun determinado tempo, empezas ben peron non o acabas ou se queda a medias...

NON TE DESMORALICES, aquí tes algúns trucos que che poden axudar, para así poder ter garantías de que as cousas che van a ir ben, posto que xa empezas a ter EXAMES.

LEMBRA que agora xa estás en Secundaria, e ó mellor xa non tes tantos deberes como cando estabas no cole de Primaria, por isto mesmo, vas ter que POÑER AS PILAS a cargar porque estudar non é SÓ FACER DEBERES. É algo máis que che vou contar aquí. ASÍ que dalle ó CLIC...



lunes, 10 de octubre de 2016

PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA


  • OBXECTIVO: Facilitar o aprendizaxe do inglés e a inmersión nunha cultura estranxeira.
  • ALUMNOS ÓS QUE VAI DIRIXIDO O PROGRAMA: estudantes de 4º de ESO que cursarán o grado 11 ( equivalente a 1º de Bacharelato ) no curso escolar 2017/18.
  • PAÍSES NOS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA: Canadá e Estados Unidos
  • NÚMERO DE BECAS: 500 becas, das cales 80 corresponden a estudantes de Galcia e 420 para o resto de Comunidades Autónomas.
  • REQUISITOS: 

  1. Estar cursando 4º de ESO e ter pasaporte español
  2. Ter en 3º de ESO unha nota media igual ou superior a 7 puntos e na materia de Inglés igual ou superior a 8 puntos 
  3. Non ter estudado un ano académico no estranxeiro,  con anterioridade
  • PRAZO DE ENVÍO DE SOLICITUDES: Dende o 3 de outubro ó 15 de novembro de 2016. A solicitude faise online
Posteriormente realizaranse unha proba de inglés escrita ( 25-26 de novembro) e outra oral por skype. A lista de seleccionados publicarase o 27 de xaneiro de 2017. Consulta todas estas datas,  aquí.

Podes consultar toda a información na seguinte ligazón:

http://becas.faortega.org/#convocatoria

domingo, 2 de octubre de 2016


UNS APUNTES PARA TER EN CONTA NOS PROCESOS DE MEDIACIÓN

Son da opinión de que non debemos de enconsertarnos nun único enfoque sobre cualquer disciplina ou ámbito do saber. Noutras palabras, gústame levar a práctica eso que se dí “ ser ancho de miras”. Por esto mesmo, cando se me ofreceu a posibilidade de acudir a un encontro de profesionais que traballan en casos de mediación dende o mundo da abogacía, non o pensei dúas veces.

Fixádevos, o nome que levaba como título estes encontros,  era “ 1º Laboratorio de mediación familiar” espacio colaborativo de debate, reflexión e creación conxunta. Estaredes dacordo conmigo  de que,  a pouco que a un lle gusten estos temas, vese tentado a asistir, para escoitar o que dicen,  pensan e aportan outros profesionais.

A asistencia a este laboratorio cumpriu con creces as miñas expectativas. Aprendín cousas, que sería difícil atopalas no mellor dos manuais que hai publicados sobre mediación. E a eso vou...

Quedei estupefacta cando me explicaron o que é un “genograma”. O mellor para algúns pode ser unha simpleza pero para min foi algo novo. É algo así como un árbol xenealógico,  que se utiliza para coñecer a estructura familiar e as relacións que se establecen entre eles pero non só biológicas. É dicir pódenos dar información detallada de cómo é a convivencia entre os membros dunha unidade familiar, tendo un acceso rápido a contidos cunha forte carga emocional. No ámbito da educación temos algo parecido que é o sociograma para avaliar as relacións que se establecen dentro dun grupo-clase. Cando estaba escoitando esto, ocurríuseme que podía ser de utilidade cando nos centros educativos, algún alumno che está describindo unha situación conflictiva na que interveñen varias partes en conflito e ás veces pérdeste entre tantos nomes e como actuou cada quen. Sería algo así como un organizador gráfico que axuda a clarificar o acontecido. Alguén dicía que había ferramentas online que ayudaban a facer esta tarefa

  • Tamén aprendín que un abogado que defende o seu cliente nunca podería desempeñar o rol de mediador entre as dúas partes porque no caso de non chegar a acordo e ir pola vía xudicial, esta información non podería ser utilizada pola confidencialidade dos procesos de mediación. Por outra banda, as partes estarían condicionadas e non se establecería un clima de confianza.

  •  A todos nos pareceu importante que a colocación dos mediados é mediadores  non debe de ser o chou. Sería máis ou menos unha disposición parecida a que se pode observar neste gráfico.


  • A co-mediación ou o que é o mesmo a intervención de dous mediadores facilita os procesos de mediación. Saber facer preguntas abertas é fundamental para acadar a máxima información e resulta máis doado se o peso recae en máis dunha persoa. Tamén facilita a observación da linguaxe non verbal dos mediados proporcionando tantos o máis datos ca linguaxe verbal. É fundamental que os mediadores fagan un "análise de casos", para ver que erros se cometeron, que dificultades atoparon...
  • Foi unha lástima que entre os asistentes só estivera eu como representante do eido educativo, xa que nese caso as aportacións serían máis enriquecedoras. Todos chegamos á conclusión de que implantar nos centros educativos, programas que fomenten a formación de mediadores e o diálogo como ferramenta de resolución pacífica de conflitos, evitaría que moitos casos xudiciais se resolvesen pola vía penal e seguramente se solucionarían dun xeito amistoso.

  • Polo que puiden comprobar, no eido xurídico non hai "cultura de mediación", no sentido de que moitos non teñen un coñecemento en profundidade e confúndena coa negociación. A maiores, non todo o colectivo ten fe cega en que pode ser efectiva. Esto non é moi diferente do que pasa nos centros educativos, amén de que tampouco non hai un apoio institucional, a pesares de que o poñen "bonito" na lei de que convivencia, pero é só para que quede ben, e os centros que arreglan como poidan e mellor, se hai algún que se lle dé por pensar que a educación é algo máis que "as listas de materias top".


lunes, 12 de septiembre de 2016

QUE PASARÁ COAS REVÁLIDAS?



A dicir verdade, xa fai tempo que tiña este post como borrador e non me atrevín a publicalo ata agora, porque as novas que van saíndo fan que o que se sabe,  e que está en normativa, pode que non sexa de aplicación. Esta é a situación na que estamos dende que o panorama político é o que é, tendo que nadar entre dúas augas. 

O que aparece redactado máis abaixo está tomado da lexislalción vixente, á risco de que como dicía antes, quen sabe se ó mellor chegado fináis de curso, xa sexa doutra maneira e máis, despois de ler o titular do xornal do día de hoxe, na Voz de Galicia, no que o noso conselleiro, pedirá o goberno central que as reválidas teñan únicamente carácter informativo.


Aclarado esto, o máis salientado do último pubricado en Real Decreto polo ministerio de Educación, no relativo ás reválidas, en cuarto de  Educación Secundaria Obrigatoria e en 2º de Bacharelato é:  


A) CONDICIÓNS XERAIS

DURACIÓN DAS PROBAS E TIPOS DE PREGUNTAS

  • As avaliacións finais ( reválidas) da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato terán unha duración dun máximo de catro días. Aquelas Administracións educativas con lengua cooficial poderá establecer unha duración dun máximo de cinco días ( como é o caso da nosa comunidade). 
  • Cada unha das probas da avaliación final da Educación Secundaria Obrigatoria terá unha duración de 60 minutos, establecéndose un descanso mínimo de 15 minutos entre sesión e sesión.
  • Os tempos de descanso non poderán ser empregados para ampliar o tempo de realización das probas polo alumnos que presentan necesidades específicas de apoio educativo
  • Cada proba comprenderá un número máximo de 15 preguntas ou items.
  • Cada unha das probas terá preguntas abertas e semiabertas

















ENQUISAS DE CONTEXTO

Poderán ser de dous tipos:
  • Enquisas dirixidas ó alumnado que realice a avaliación
  • Enquisas dirixidas ás familias 
  • Enquisa dirixida ó profesorado titor
  • Enquisa dirixida a dirección do centro


CONVOCATORIAS E CALENDARIO ESCOLAR

  • Anualmente haberá dúas convocatorias: unha ordinaria e outra extraordinaria
  • Os días adicados ás avaliacións finais de etapa, incluiranse no cómputo anual dos días lectivos do calendario escolar
  • O alumno que o desexe poderá facer a avaliación final por calquera das diferentes opcións da ESO,  as diferentes modalidades do Bacharelato e por máis dunha delas na mesma convocatoria. 
  • Poderáse repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, tanto para superala como ter mellor cualificación, non sendo necesario avaliarse de novo das materias superadas, a menos que se desexe elevar a cualificación final. Para a superación dunha materia, o alumno deberá de acadar unha nota de 5 puntos sobre 10.









PROBAS ADAPTADAS PARA ALUMOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO 
EDUCATIVO

  • En funcións das necesidades, poderán adoptarse medidas tales como a adaptación dos tempos, utilización de formatos especiais e a posta a disposición do alumnado dos medios materiais e humanos, así como apoios e axudas técnicas.
  • O departamento de orientación realizará un informe por cada alumno que será tido en conta para establecer as adaptacións que proceda.

CALIFICACIÓNS DAS PROBAS

  • O resultado da avaliación final expresaráse mediante unha calificación númérica de un a dez puntos na ESO e de cero a dez puntos con dous decimais no Bacharelato e será a media aritmética das cualificacións acadas en todas as materias obxecto de avaliación.
  • O resultado da avaliación final da etapa comunicarase ós pais, nais e titores legais do alumno, así como o equipo directivo do centro docente para poder valorar os resultados e identificar as causas dos mesmos, propostas de reforzo e outras medidas.

B) AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

MATERIAS OBXECTO DE EXAME

  • Todas as materias cursadas durante a ESO do bloque de materias troncais, agás Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, das que o alumno será avaliado se as escolle entre as materias de opción
  • Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en cuarto curso, á elección do alumnado.
  • Unha materia do bloque de materias específicas, cursada en calqueira dos cursos, que non sexa Educación Física, Relixión, ou valores éticos, á elección do alumnado.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  • Alumnado que acadase ou ben avaliación positiva en todas as materias da etapa, ou negativa nun máximo de dúas que non sexan simultáneamente Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, tendo a mesma consideración a Lingua Cooficial e Literatura.

OBTENCIÓN DO TÍTULO

Para acadar o título será necesario ter unha cualificación final de igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que será calculada coa seguinte ponderación:
  • Cun peso dun 70% da media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na ESO
  • Cun peso dun 30% da cualificación acadada na avaliación final, que deberá de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10

C) AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO

MATERIAS OBXECTO DE EXAME

  • Todas as materias xerais cursadas nos dous cursos de Bacharelato no bloque de materias troncais. No caso de materias que impliquen continuidade, só se terá en conta a materia de segundo curso.
  • Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos dous cursos, á elección do alumnado. As materias que impliquen continuidade só se terán en conta como unha materia e só se terá en conta a cursada no segundo curso.
  • Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos dous cursos que non sexa a Educación Física nen Relixión, á elección do alumando.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO

Alumando que acadase avaliación positiva en todas as materias.
Para acadar o título de Bachiller será necesario superar a avaliación final de Bacharelato cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que se deducirá da seguinte ponderación:
  • Cun peso do 60% da media aritmética das cualificacións numéricas acadadas en cada unha das materias cursadas no Bacharelato
  • Cun peso do 40% da nota obtida na avaliación final do Bacharelato.


Esta información está no seguinte Real Decreto: 

miércoles, 31 de agosto de 2016

OS PROGRAMAS DE MELLORA DO RENDEMENTO E APRENDIZAXE SEGUNDO AS INSTRUCCIÓNS PARA O CURSO 2016/17


  • Condicións de acceso

Deberá de tratarse de alumnado con dificultades relevantes de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas, sen que estas resultasen suficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas, existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán cursar o cuarto curso pola vía ordinaria.



a) Incorporación a un programa de mellora e aprendizaxe de dous anos

- Alumnado que teña cursado por primeira vez o primeiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria, ou que cursou por segunda vez o primeiro curso da ESO e non  está en condicións de promocionar ao segundo curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo dos cursos de segundo e terceiro.

b) Incorporación a un programa de mellora e aprendizaxe de un ano

Alumnado que teña cursado por primeira vez o segundo curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria e/ou en primeiro curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

- Alumnado que teña cursado por segunda vez o segundo curso da ESO, e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

Con carácter excepcional, alumnado que teña cursado por primeira vez o terceiro curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao cuarto curso da ESO, sen ter repetido ou tendo repetido unha vez na etapa, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

  • Procedemento de incorporación
Realizada a avaliación extraordinaria, o equipo docente realizará unha proposta razoada do alumnado que se concretará nun informe individualizado,que recollerá a competencia curricular, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integre nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Ese informe trasladarase á xefatura do departamento de Orientación.

- Avaliación psicopedagóxica No informe correspondente a esa avaliación deben constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnado menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno e alumna, para lles formular a conveniencia da súa incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/as legais respecto da proposta formulada.
Posteriormente, unha comisión formada polo/a xefe/a de estudos,  a persoa que exerza a xefatura do departamento de Orientación e o/a titor/a do alumno ou da alumna valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.
Compete ao director ou á directora do centro docente elevar a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ao servizo provincial de Inspección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.
 O servizo provincial da Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros docentes antes do comezo do curso.
Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnos/as e non serán, con carácter xeral, menos de cinco.

  • Currículum das materias
Ámbito lingüístico e social, que abrangue as materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia do segundo curso e do terceiro curso, con nove horas semanais
Ámbito científico e matemático, que abrangue as materias de Matemáticas e Física e Química do segundo curso e de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química do terceiro curso, con oito horas semanais
Ámbito de linguas estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente á materia de Primeira Lingua Estranxeira, con tres horas semanais.

  • Avaliación e promoción
A avaliación terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables. Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias.
O alumnado  será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.
O alumnado con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.
O alumnado  promocionará ao cuarto curso se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderá promocionar o alumnado que, tendo superados os ámbitos lingüístico e social e científico e matemático, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Para estes efectos, o ámbito de linguas estranxeiras terá a consideración dunha materia.
O alumnado poderá permanecer un ano máis no segundo curso do programa, sempre que o equipo docente considere esta medida como a máis adecuada para cursar cuarto curso da educación secundaria obrigatoria pola vía ordinaria, e obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas, o alumnado que promocione a cuarto curso con materias ou co ámbito de linguas estranxeiras do programa pendentes, deberá seguir un programa de reforzo adaptado ás súas características e necesidades.

Referencia lexislativa:

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


lunes, 27 de junio de 2016

PROCESO DE ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR



1. Admisión nos ciclos de grao medio en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
ESO ou equivalentes
  • GRUPO B
FPB e PCPI                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
4º. Alumnado con título de técnico.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
6º. Alumnado con título de bacharelato.
7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
8º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

2. Admisión nos ciclos de grao superior en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
  • GRUPO B
     Título de Técnico                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

2Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
4º. Alumnado con título universitario.
 - Consultar modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior. (Pendente de publicación)
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

3. Proceso de admisión


  • Período ordinario: do 25 de xuño ao de 31 xullo. 
  • Prazo de solicitude admisión: Do 27 de Xuño ó 5 de Xullo
  • Período extraordinario: do 1 de setembro ata un mes despois do comezo das actividades lectivas en ciclos formativos, segundo se estableza no calendario escolar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica para cada curso académico.

4. Presentación de solicitudes

A solicitude farase empregando unha aplicación informática que unha vez cuberta e xerada deberá de imprimirse para a súa presentación na secretaría dun centro educativo con oferta profesional de grao medio ou superior. Xunto a esta solicitude deberá presentarse a seguinte documentación no caso de non autorizar  a súa consulta canso se cubre a solicitude na aplicación informática:
  • Fotocopia cotexada do DNI ou NIE
  • Certificación que acredite os estudos académicos requeridos para o acceso, no cal figuren as cualificación das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso. 
  • Copia compulsada do certificación da proba de acceso, de ser o caso
Cada solicitante presentará unha única instancia na que constará, por orde de preferencia, os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan.

Acceso á solicitude web

Ligazóns de interese:

1. Normativa reguladora do proceso de admisión

2. Instrucións xerais do proceso de admisión

3. Asistente web para a solicitude

4. Calendario de admisión

5. Oferta da Formación Profesional clasificada por provincia e concello en réxime ordinario

6. Notas de corte de acceso a ciclos de grao medio

7. Notas de corte de acceso a ciclos de grao superior
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...