lunes, 13 de abril de 2015

PRÁTICAS RESTAURATIVAS

O pasado venres 10 e sábado 11 de Abril, un grupo de profesores e varios Educadores Sociais do Concello, participamos nunha sesión de formación sobre Práticas Restaurativas.
Con Vicenç Rul.lan., Psicólogo escolar e mediador, fomos vendo o amplio espectro das Práticas Restaurativas desde accións máis informáis como poden ser as declaracións e preguntas afectivas e a súa aplicabilidade dentro da aula, ata procesos máis estructurados como os círculos restaurativos e reunions formáis.  Está baseadas na comunicación non violenta como unha maneira de expresarse e de dialogar  que facilita a comprensión entre as persoas.
A calidade da formación estivo marcada por ser predominantemente práctica con dinámicas de interación que nos permitiu reflexionar sobre cuestións como qué medidas poden favorecer a mellora da convivencia no noso centro educativo…
Tamén tivemos a oportunidade de que Vicenç levara a cabo círculos de diálogo en dous grupos de Secundaria coa finalidade de crear e fortalecer un sentimento de comunidade, ademáis de potenciar as habilidades de comunicación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...