viernes, 21 de diciembre de 2018

A SABER  COMO ESTUDAR TAMÉN SE APRENDE

Non se pode negar que estudar require unha labor de esforzo e traballo pero tamén sabemos, que non consiste soamente en pasar moitas horas diante dos libros. É tamén necesario, coñecer ferramentas e técnicas para que ese eforzo teña éxito.

A labor da familia non supón coñecer todas esas técnicas, pero sí supervisar o traballo que os fillos fan na casa e no centro educativo.

Estas e outras moitas cuestións foron explicadas por Belén Pérez Sanmartín ás familias. É pedagoga do gabinete Eleeméntal e levou a cabo un programa de técnicas de estudo, con alumnado de 1º de ESO do noso centro nas horas de titoría. Igualmente,  imparte dende  fai varios anos este programa, como actividade extraescolar.

Velaquí tedes a presentación que foi seguindo para indicar cal é o papel das familias na tarefa de "ensinar a aprender". Está enriquecida con contidos visuais que invitan á reflexión e posiblemente posibilitan gañar en dimensión humana, tan importante para adicarnos a esta apaixoante tarefa de " educar"

Así que, como digo sempre, dalle ó rato para saber máisssss.... Tampouco me quero esquecer, é sobre todo, pensando naquelas familias que non puideron acudir á charla, de que Belén repartiu unha especie de decálogo con varias regras de ouro. Preme aquí para descargalo e ata pode ser unha boa idea poñelas cun imán no refrixerador, para topalas de frente dodos os díasss. 

E xa por último, e dadas as datas nas que nos atopamos, só me queda desexar a todos os  que estades a ler esta derradeira publicación do ano, un BO NADAL.

sábado, 24 de noviembre de 2018

PRESENTACIÓN DOS NOVOS GRAOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUNA E OUTRAS INFORMACIÓNS

Nas presentacións que se xuntan, están recollidas datos de interese sobre as novas titulacións, así como unha guía sobre a UDC.






viernes, 23 de noviembre de 2018

VALOR-AMOS AS CHARLAS DE JUNIOR ACHIEVEMENT

Foron realmente inspiradoras as charlas promovidas pola Fundación Junior Achievement? Conseguiron os relatores de Inditex, ser auténticos referentes para o noso alumnado de 4º de ESO, ? Foron "influencers" (esta palabra que é tan fashion e nunca mellor dito,  nestes últimos tempos ), para a nosa rapazada, que algún día terá que insertase no mundo laboral e formar parte dunha economía, cada vez máis global? 

Neste taboleiro, aparecen as apreciacións dos alumn@s. Así que cada quen, pode sacar as súas propias conclusións. 

O panel está en fase de construción, irase actualizando na medida na que teñamos máis aportacións (última actualización 11/12/2018). 

Hecho con Padlet

jueves, 22 de noviembre de 2018

CHARLAS QUE INSPIRAN 



Inspirando aos mozos e mozas no seu futuro. Este foi o propósito das charlas que o pasado luns, 19 de novembro,  varios profesionais de Inditex trataron de  contarlles ao noso alumnado de 4º de ESO, a súa traxectoria tanto académica como profesional. Empezaron lembrando eses anos nas aulas, con certa añoranza e decatándose de que o tempo pasa moi rápido. Eles mesmos decían " estar revivindo eses días,  como cando  estaban  no Instituto". 

Aquí relato as súas experiencias reais. Por certo, eles déronme permiso para escribir o que eles transmitiron nas aulas.

Dani traballa no departamento xurídico na fábrica de Inditex en Arteixo . Leva traballando dous anos. A través de Linkedin, conseguiu unha entrevista que finalmente lle posibilitou poder estar desempelñando o posto que ocupa na actualidade.

Sempre foi moi bo estudante. Fixo Dereito e Administración e Dirección de Empresas. Dice que escolleu facer estes estudos porque non tiña moi decidido qué facer, e que foi a Orientadora quen lle aconsellou cursar este doble grao. 

Os seus anos na Universidade transcurriron con normalidade pero cando chegou a 4º de carreira, houbo como un punto de inflexión na súa vida, o como di el, tivo un "traspé". 

Dadas as escasas posibilidades de insertarse laboralmente, o seu irmán tivo que marchar de España, polas circunstancias económicas do noso país, situación  de enorme preocupación na propia familia e isto deixou mella en Dani.

A maiores tivo outra vivencia que foi impactante, a  oportunidade de compartir unha charla cunha persoa con algúns anos máis, en concreto 94, que expresaba o seu sufrimento polos familiares mortos, nos campos de concentración na segunda guerra mundial.

Estes aspectos serviron como un proceso de reflexión, para darse conta de valores tan importantes que melloran as habilidades de vida, tanto no ámbito persoal como profesional:

  • A capacidade de superación.
  • Autoconfianza: creer nun mesmo.
  • Esforzo persoal para alcanzar metas.
Cova é comercial e diseñadora de punto. Leva 13 anos traballando nesta empresa. Foi moi mala estudante no Instituto, ata chegou a repetir un ano. Tamén recorda como o director, donde estivo estudando, aconselloulle aos seus pais, que mellor estudase unha FP.  
Pero ela dí, "eu non era vaga" "non estaba toda a tarde tirada diante da tele" " non estaba na rúa facendo falcatruadas " investigaba e compraba toda canta revista había sobre dúas aficcións ( música e  moda ). Con todo, foi facendo o bacharelato e por iniciativa dos seus pais estudou Historia da Arte na universidade. Alí coñeceu a unha amiga, que tiña os mesmos intereses ( citados anteriormente ) e xuntas decidiron escribir sobe o que lles apaixoaba, chegaron a organizar festas para vender as revistas que publicaban. 

No quinto curso de carreira foi facer un ERASMUS a Milán. Alí estudou " espazos arquitectónicos para exhibición de moda· Para Cova, supuxo un gran enriquecemento cultural, estar vivindo nesa cidade europea. Isto foi tan determinante, que ao rematar o curso e os seus estudos universitarios, voltou para Roma e deixou o seu currículum nunha tenda en ZARA, na cal empezou como dependenta. A xornada laboral deixáballe tempo para facer un máster relacionado co estilismo, no cal tivo a sorte de que un dos profesores, lle pediu que se fose a traballar con el. Alí aprendeu como vestir a modelos para os desfiles e técnicas de colorido nos puntos... Despois de estar traballando durante 3 anos en Roma, veuse para Galicia e decide enviar currículum a ZARA  e en menos de 24 horas, xa a estaban chamando para unha primeira entrevista...e ata hoxe está traballando no imperio de Inditex.

Cova quixo destacar dous aspectos importantes, para apoiar aos estudantes nesa toma de decisións:
- Descubrir e facer realmente o que a cada quen lle gusta.
- Confianza nun mesmo " Faite caso"

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...