lunes, 2 de marzo de 2020

ACHÉGASE O 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Son varias as propostas, que se veñen recollendo nesta bitácora, dende fai varios cursos. É labor dos centros educativos, conmemorar esta data para visibilizar as inxustizas que padecen as mulleres e que aínda a día de hoxe, seguen sendo unha lacra na nosa sociedade. 

Como exemplo de actividades a traballar co alumnado para promover a construción de sociedades máis xustas, éstas son algunhas:
  • Actividade 1: Liña do tempo coas principais conquistas e feitos do movemento feminista e das mulleres
  • Actividade 2: Análise da publicidade sexista, convidando ó alumnado a facer o traballo de críticos.
  • Actividade 3: As nosas referentes, valorando as mulleres da nosa contorna que nos aportan valores engadidos no día a día.
  • Actividade 4: Cartografía do machismo identificando os lugares, símbolos, tipos de machismo.
Estas e outras actividades, son as que podedes atopar, máis desenvolvidas nos materiais que se mostran máis abaixo.

Nestas ligazóns tamén se pode consultar, o traballo de anos anteriores:

  1. https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/03/loitando-por-romper-ese-teito-de.html?spref=tw
  2. https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/01/as-mulleres-cientificas-sabias-que-o-11.html?spref=tw
  3. https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/05/quero-ser-cientitica-as-profesions-nas.html?spref=tw

viernes, 28 de febrero de 2020

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES  EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020

A Consellería de Educación ven de publicar a orde pola cal se conceden axudas para realizar actividades de inmersión lingüística, tanto na nosa Comunidade Autónoma como nos países de:
  • Francia*
  • Portugal*
  • Canadá*
  • Reino Unido*
* Só para alumnado que curse Bacharelato no curso vindeiro.

IMPORTANTE: o alumnado que para o curso que ven inicie  1º ou 2º de Bacharelato, pode solicitar unha actividade de integración ( en familia ou residencia máis centro educativo ) fóra de España, durante tres ou catro semanas a principios do curso 2020/21.

lunes, 24 de febrero de 2020

VIDEO EXPLICATIVO DA SELECTIVIDADE EN GALICIA


A CIUG ( Comisión interuniversitaria Galega) encargada da organización das ABAU e o proceso de acceso á universidade, crea este video para explicar:
  • características fundamentais das probas
  • etiquetas identificativas e a súa colocación nos caderniños de cada exame.
  • datas e horarios
  • comisións donde se realizas as probas
  • prohibición de usos de dispositivos móviles e reloxos intelixentes.

domingo, 23 de febrero de 2020

NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA: UNHA NOVA TITULACIÓN DA UDC


Nunha publicación anterior xa fixen unha breve reseña deste grao. En Decembro, asistín a unha xornada da Universidade da Coruña, na cal se nos presentaban as novidades, de cara o curso vindeiro, sendo ésta unha delas. 

Nesta xuntanza estaba Moisés Canle, profesor da UDC,  presentando este novo grao. Esta foi a razón de invitalo ó noso centro, o pasado mércores día 19 de febreiro, para dar a  coñecer ó alumnado de bacharelato esta nova titulación, que dará comenzo o curso vindeiro. 

O relator empezou a súa disertación, explicando que ao longo da historia podemos atopar exemplos de aplicacións nanotecnolóxicas. As vidrieiras da idade media é unha mostra de que modificando as propiedades dos cristais a tamaños de nanoparticulas, consigues variar a súa cor. É dicir, que os artesanos estaban facendo nanociencia sen sabelo.

Se entendín ben o que é unha nanopartícula, o seu diámetro sería máis pequeno que o grosor dun pelo.


O estudo e a investigación neste campo, en palabras de Moises, ten moitas aplicacións, e algunhas son insospeitadas de cara ó futuro. Referido ao campo da biomedicina,  nos falou das máquinas moleculares, e mesmo nos amosou un video, para comprender o seu funcionamento e descubrir as sorprendentes posibilidades que isto pode ter, para paliar as deficiencias de mobilidade nos seres humanos.

Tamén nos amosou datos sobre o número de empresas nanotecnolóxicas creadas en España nos últimos anos. As microempresas con menos de dez traballadores son as que teñen máis cota de mercado.

Nesta titulación ofertaránse 50 plazas. Está pendente de ser validada pola axencia ANECA. A CIUG xa publicou as materias que ponderaban para este grao: 
  • Bioloxía ( 0,2 )
  • Física ( 0,2 )
  • Matemáticas ( 0,2 )
  • Química ( 0,2 )
  • Xeoloxía ( 0,1 )

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...