domingo, 19 de diciembre de 2021

  QUERO SER EDUCADOR SOCIAL

Laura  Barejano Domínguez, educadora social do Concello de Oleiros, estivo coa rapazada de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o pasado 15 de febreiro para falarlles do que fan estes profesionais. 

Non foi só unha charla expositiva dos acometidos cos que se atopa no día a dia do seu traballo. A sesión de non máis de 50 minutos estaba deseñada con dinámica de grupos, na que primeiramente e a modo de introdución, o alumnado tivo que escoller dúas problemáticas sociais que lles preocupaban, para posteriormente facer unha posta en común. Estas foron as temáticas escollidas:

  • Violencia de xénero
  • Inmigración
  • Desigualdade de xénero
  • Homofobia
  • Obesidade
  • Crisis opiaceos
  • Medioambiente
  • Bulling
A continuación e para analizar os conceptos de xustiza social, igualdade e liberdade visualizaron este video.


A continuación, e cunha breve exposición explicounos,  que contribuir ao desenvolvemento integral, facilitar a inclusión e benestar, participación e promoción social das persoas, grupos e comunidades sería o obxectivo principal da educación social. Tamén nos contou de maneria breve, como se traballa:
  • Deseñando, aplicando e avaliando plans, programas e proxectos
  • Traballando en equipos multidisciplinares con outros profesionais: traballador social, terapeuta ocupacional, animador sociocultural, psicólogos...
  • Acollendo e acompañando para conseguir como fin último a autonomía das persoas
  • Colaborando en rede entre diferentes entidades e institucións
Seguidamente, os alumnos tiveron que debatir por grupos, que características persoais deberían ter os educadores sociais: Estas foron as conclusións ás que chegaron:
  • Ser empático
  • Ser comprensivo
  • Non xulgar
  • Ser tolerante
  • Ter paciencia
  • Ter vocación
  • Ser extrovertido
  • Ser organizado
  • Ser xeneroso
  • Ser implicado
  • Saber escoitar
  • Ser solidario
  • Ter a mente aberta
  • Ser socialbe
  • Ter intelixencia emocional
  • Ser optimista
Hai que destacar a extraordinaria sensibilidade que o alumnado tivo, para apuntar todas estas aptitudes e que se poden ver reflectidas nesta imaxe que a relatora nos amosou: 


E xa para rematar, Laura relatou a sua experiencia laboral en anos anteriores, desenvolvendo a súa traxectoria profesional en distintos ámbitos laborais, que cito a continuación:
  • Dinamizadora sociocultural nun pobo de Logroño
  • Dinamizador dun programa ocupacional nun centro residencial de persoas con discapacidade intelectual en Santiago
  • Titora de inserción laboral no concello de Santiago de Compostela
  • Traballando na Cruz Vermella en proxectos educativos de participación e intervención social e tamén facendo labores de acompañamento a persoas en situación de exclusión severa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...