AXIÑA VOU PARA O INSTITUTO!
Como di o refrán " o tempo pasa volando". Xa estamos coa cabeza, pensando en facilitar ese período de adaptación para o novo alumnado que a partires do próximo setembro, formará parte da nosa comunidade educativa.
Este proceso, dará comezo mañán mesmo, a partires das 10:30 que é cando temos previsto que cheguen os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán. Xa temos todo preparado para que esa primeira toma de contacto sexa cercana, cargada de ilusións por empezar unha nova etapa e ata podendo chegar a ser memorable, despois dos anos. De seguro que se preguntamos a algún profe, nos seus recordos, estarán como foron eses primeiros días no Instituto.
Dicía antes, cargado de ilusións porque así foi como algúns alumnos, que xa están no centro estiveron dende a semana pasada, preparando este acto de benvida e explícovos como:
- Algúns fixeron de guionistas do vídeo que podedes ver máis abaixo
- Outros, ós que non lles importaba estar diante da cámara, puxeron voz a esas palabras.
- A profe de Lingua Castelá de 1º ESO C axudoume a facer os ensaios antes de darlle a PREPARADOS, LISTOS, CÁMARA, ACCIÓN...
- Ata houbo quen me suxeriu algunha recomendación para que o vídeo tivese mellor calidade en You Tube
- E como seguramente xa sabedes, os que visitades este bloque, é un clásico que os alumnos mediadores fagan non soamente de gúías para ensinarlles o Instituto, senón tamén de facilitadores para crear eses vínculos que debe de haber entre os membros dunha comunidade. Son CÍRCULOS DE DIÁLOGO, unha ferramenta máis da convivencia positiva que debe de haber nos centros. Por certo, ata fixeron unha ronda de preguntas para propiciar este diálogo, cunha simple pelota de pin-pong que se van pasando de un a un. Velaquí tes a tarxeta coas cuestións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario