domingo, 13 de enero de 2019

DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO




Os seres humanos somos diversos en moitos aspectos e a sexualidade tamén é un deles. O respecto á diversidade afectivo-sexual é fundamental para garantir a igualdade de trato e loitar, para erradicar situacións de intolerancia, discriminación e transfobia. Así o dice o protocolo que ten publicado a Consellería sobre identidade de xénero.

Estas realidades non son alleas á escola. Non podemos esquecer que os centros educativos son un reflexo do que sucede na sociedade. Son esas sociedades en pequeno ou microsociedades donde os axentes educativos exercemos unha función social na formación integral do alumnado. Deben de ser centros inclusivos, donde todos os alumnos diferentes e singulares teñen que ter un sitio e non se lle negue a súa identidade.

A asociación Arelas dí que as "escolas non deben de ter armarios" e se esto é así hai que abrilos para que se visibilice todo aqueles alumnos que son diversos por cuestións de xénero ou sexo. O que non se ve non existe. 

Estas e outras razóns,  foron as que nos levaron a solicitar a colaboración de Arelas para que o noso alumnado non tivera que agocharse detrás dos armarios, para salir deles e ser visibles. 

Agradecer a Cristina Palacios, presidenta da asociación, por permitirme publicar esta presentación que Francisco Xabier Caruncho Díaz ( tamén integrante da mesma), utilizou para formarnos sobre este tema.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...