Mostrando entradas con la etiqueta emocións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocións. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de enero de 2022

 PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Nada máis entrar no portal da Consellería de Educación, na cabeceira hai un recadro,  e ben grande, donde di " volvamos á escola con sentidiño ". Neste apartado hai unha serie de documentos para descarga,  en relación a medidas sanitarias, protocolo Covid e máis cousas...

Na volta segura ás aulas tamén ten que ver a competencia emocional para fortalecer a resiliencia para vencer a esta maldita  pandemia que está a provocar moito sufrimento e malestar nas aulas. Parece lóxico que ademáis de adoptar medidas de protección para evitar os contaxios,  precisamos ter algún botiquín emocional para curar ese malestar. Ás veces é evidente nas aulas pero noutros casos está máis soterrado e precisamos dalgunha estratexia que nos guíe nesa labor de acompañamento como educadores.

É importante sinalar que este plan está pensado para todos os profesionais que traballamos no ámbito da educación, sen que sexa necesario ter coñecementos previos sobre educación emocional. 

Nel inclúense unha contextualización teórica breve, pistas para detectar e acompañar en caso de malestar e dó,  para rematar con propostas didácticas grupais .

Accede a presentación para ver o índice de contidos e preme neles para saber máis...

sábado, 21 de noviembre de 2020

  AS EMOCIÓNS SON PURA ENERXÍA

As emocións son pura enerxía que van de dentro a fóra. Para tomar pulso delas e ver con qué grao de intensidade se manifestan aquí tes unha clasificación que aprendín de Jon Berástegi. 

Outro mantra que debemos de ter presente é que non somos responsables de sentir emocións pero sí do que facemos con elas.

lunes, 9 de noviembre de 2020

A EMPATÍA TEN QUE SER UN FONDO DE ARMARIO 


A empatía deberia de ser como un uniforme que teríamos que vestir sempre. Sería ese traxe que aínda que pase o tempo, seguimos a levalo porque combina ben con todo. 

Se nos vestimos con el seremos máis empáticos e seremos máis habilidosos nas nosas relacións interpersoais. Por non falar da eficacia en todos os entornos nos que nos movemos, familiares, laborais, educativos...

En realidade forma parte dese constructo que define a intelixencia, entendida como multifactorial e que Howard Gardner denominou como teoría das intelixencias múltiples. Estou falando da intelixencia intrapersoal e interpersoal, na que a empatía ten un papel fundamental.

Hoxe en día sabemos que a nosa capacidade intelectual non é algo fixo, estático, senón que se pode modificar. Así que, aquí tes unha actividade de adestramento.

miércoles, 14 de octubre de 2020

 DEZ COUSAS QUE SANAN

Proba a facer esto,  para poder sair a flote desta pandemia. 

domingo, 11 de octubre de 2020

 NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Este dito que tanto acostumamos a decir, é o que se me ven á cabeza, para presentar esta actividade e traballar nos centros educativos a saúde emocional. Se xa era antes importante, agora máis, polos tempos que estamos a vivir.
Esta é outra das tiritas emocionáis para darlle máis contido ó bloque de educación emocional que forma parte do cartafol dos titores e que poderás atopar no menú superior, nunha das pestanas. 

viernes, 18 de septiembre de 2020

AS TIRITAS EMOCIONAIS CURAN 


Identificar as emocións vividas e tomar conciencia delas é o primeiro paso para saber que nos está pasando. Temos que ser quen de recoñecer eses síntomas emocionais que nos produce malestar, como cando temos dor físico,  para poder explicalo na consulta, cando vamos ó médico. Por suposto, tamén saber todas aquelas que nos aportan benestar. Así saberemos diferencialas unhas das outras.

Unha vez que se teñen controladas, será máis fácil saber cales son as que precisan algo do botiquín. Mira estas pócimas milagreiras... 


miércoles, 16 de septiembre de 2020

O PREGUNTOIRO 


Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás. 
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outos e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas. 
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada . Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ó equipo de convivencia.

viernes, 3 de abril de 2020

 DOBREGAR A CURVA DO MEDO




Quen nos diría que un bicho tan pequeniño, que nin siguiera se ve, nin tampouco o sentimos cando se pousa enriba de nós, é capaz de alterar as nosas vidas, ata facernos ficar nas nosas casas para estar a salvo e sentirnos seguros.

Si... seguros nas nosas casiñas!  Que palabra tan fermosa "casiña"! Neste estado de inquietude e medo que as veces podemos sentir, os fogares deben de ser lugares que nos aportan calma e tranquilidade. 

Temos que pensar que estando nas nosas casiñas,  non hai medo que se nos poña por diante. Así tamén estaremos dobregando a curva do medo para evitar que o coronavirus non cause estrago en nós, facéndonos fortes para axudar a esos soldados que están na primeira liña de combate e que están protexéndonos. Hai quen di, que o medo ou pánico corre máis co coronavirus. É máis CONTAXIOSO. Así que non permitamos que cunda o pánico.


Xa escribín tamén por aquí, que escribir pode chegar a ser terapéutico e sanador. Non se trata de crear ningunha obra literaria, senón de  dobregar a curva do medo da que falábamos antes.    Velaquí os efectos beneficiosos:
  • Axuda a estar máis serenos, menos ansiosos.
  • Mellora o  ánimo se o comparas con antes de empezar a escribir.
  • Axuda a detectar eses avisos que o corpo nos dá, e que xa sabes: sudoración, respiración acelerada, sensación de mareo...
  • Actúa como antídoto para enfermedades mentais máis graves como a depresión
  • Axuda a detectar eses pensamentos que van e veñen nunha viaxe con tanto frenesí que non hai quen lles poña freno. 
  • Pon en orde esas  palabras, que na nosa cabeza poden chegar a ter tal velocidade, que se atropellan unhas a outras, producindo un choque en cadea.
Hai unha última razón que tamén vale a pena. Os momentos que estamos a vivir van ser lembrados na historia, serán as nosas pegadas dentro dun tempo. E quen sabe... ó mellor o que escribas pode ser dun valor incalculable.... para poder transmitirlles ás xeracións futuras estes acontecementos, que sin dúbida se convertirán en históricos.
Podes empezar por facelo a modo de diario,  relatando os teus medos, preocupacións.  Pero tamén cousas boas, sensacións, vivencias positivas e satisfactorias que estás descubrindo estes días.





martes, 24 de marzo de 2020

POÑER NOME Ó QUE ME PASA




Nestes días tan difíciles que nos toca vivir é normal experimentar sentimentos e emocións que nos producen desacougo, malestar, medo, ansiedade. Pois ben, empezando por esta última que estou segura que a escoitaches algunha vez,  o primeiro que debemos de saber é como a definen os psicólogos, que son os profesionais que tratan de mantela á raia:

A ansiedade é unha resposta do noso organismo que se activa cando detectamos un perigo. Póñoche un exemplo para que o entendas mellor:

Imaxina a un home da prehistoria, vestido con peles e camiñando encorvado. De súpeto ve un león. Sen nin siquiera darlle tempo a pensalo, todo o seu corpo se tensa, os latidos do corazón aceléranse, a respiración tamén é moi apurada, empeza a sudar. Todos estos síntomas responden ó que é a ansiedade, pero sen embargo axúdanlle a tomar unha decisión de loitar ou huir para escapar do perigo. A esto chámase supervivencia. Dito así, diríase que neste caso esta reacción de medo ou ansiedade foi necesaria e útil.

Conclusión: Gracias á ansiedade, estamos aquí ti e máis eu porque se este home, que forma parte dos nosos antepasados, se quedase paralizado non estaríamos vivindo neste planeta.

Sen embargo, non sempre é útil. Todo na súa xusta medida. Pode deixar de ser unha alidada e converterse nunha mala compañeira de viaxe, cando se activa ante perigos que non son reais, ou nos que a probabilidade é moi baixa. Dígocho con outro exemplo:

Dous amigos Miguel e Pablo están desexando saber a nota de Matemáticas. Adicáronlle moito tempo porque no examen anterior teñen unha nota baixa e necesitan sacar polo menos un 7 para conseguir aprobar a avaliación. Esta materia non é das súas favoritas e incluso foron xuntos á clases particulares porque non lentenden as explicacións na clase. Cando o profesor lles dá as notas, ningún dos dous consigue aprobar. Ao rematar a clase é a hora do lecer. Miguel en vez de quedar cos seus amigos ,coma tódolos días, vaise  só, por detrás do Instituto, nun sitio apartado, non quere que os demáis o vexan chorando. Polo contrario, Pablo, queda cos seus amigos de sempre, fala con eles, danlle consellos e pouco a pouco consigue olvidarse, sentíndose moito mellor.

Conclusión: A diferencia está nos pensamentos que tiveron Miguel e Juan. No caso de Miguel puido pensar " nunca aprobarei as Mates" "non sirvo para estudar"... No caso de Pablo seguramente pensou " é só un examen" " haberá máis oportunidades"...

Vedes que a situación é a mesma para os dous amigos.  Sen embargo a emoción sentida foi diferente. No caso de Miguel sentiuse triste, abatido, angustiado.

Esto se o aplicamos á situación que estamos vivir nesta cuarentena é semellante. Todas os que vivimos neste mundo mundial estamos pasando polo mesmo, pero reacionamos de maneira diferente.

O truco está en pisar o pé do  freno e non apretar o pé do acelerador para evitar accidentes e fracturas que nos poden provocar moitas doenzas mentais. En todos os casos, estes pensamentos do tipo que tiña Miguel, son irracionais. 
  • Non teñen lóxica, nin sentido.
  • Son automáticos. Véñense á cabeza sen darnos conta. É complicado poñer control sobre eles
  • Non son útiles
  • Producen emocións moi fortes.
  • Normalmente expresamalos con absoluta seguridade. Probabilidade dun 100% " "Son un zoquete"
  • Non están baseados en evidencias, cousas demostrables. Os científicos formulan hipóteses, reúnen datos e probas, e no caso de que se confirmen mantéñense e se non descártanse.
Como podemos mantelos a raia?
  • Colle un lápiz e papel e anota todos estos pensamentos irracionais, intrusivos, tóxicos, venenosos. Axúdate das etiquetas que lles puxen para identificalos
  • Unha vez que os teñas anotados pensa en pensamentos alternativos que se adapten mellor  á realidade.
Algúns exemplos de pensamentos ilóxicos en relación ó coronavirus

  • Seguro que me infecto co Covid-19 ( eu e os meus familiares ): Fíxate outra vez nas etiquetas:
    • Prodúcenme emocións moi intensas de ansiedade e preocupación e non teño control sobre esto
    • Non é un pensamento útil. Poden bloquearme e levarme a realizar condutas que son contrapoducentes dende ver moitas noticias relacionadas con esto, facer caso de todos os bulos que circulan polas redes sociais, mirar síntomas en internet, querer comprar medicamentos en exceso. Esto non me axuda a coidarme, nen tampouo ós que están comigo.
    • Somos moi radicais na linguaxe que utilizamos. Facemos aseveracións xerais e de absoluta seguridade. " Existe un 100% de probabilidade de que me infecte porque os meus pais traballan no CHUAC". Ademáis tamén pensaremos que si nos contaxiamos nós ou os nosos pais, a sintomatoloxía será moi perigosa porque xa morreu unha enfermeira no País Vasco.
  • Qué pensamentos alternativos poderíamos adoptar?
    • Si non presento síntomas é  moi pouco probable que eu ou alguén da miña familia teña o virus.
    • Non me fixeron as probas polo tanto non podo sabelo.
    • Non teño síntomas e non coñezo ningún contaxiado no meu círculo máis cercano.
    • Se tomo as medidas de precuación, non nos vamos a infectar
    • Un só síntoma, como por exemplo a febre non quere dicir que me vaia a infectar
    • Se en última instancia dou positivo no test non quere dicir que sexa mortal.
  • Outras medidas para  autocontrolarte
    • Nada máis levantarte pensa en algo positivo: foi emocionante ver aplaudir á xente nos balcóns. Hoxe teño que acordarme de saír á ventana ás 8 da tarde. Vou facer un arco da vella para poñer nos cristais. #EstamosTodosNesto .Vou facer unha videochamada cos meus amig@s.
    • Se de cando en vez chegan á túa cabeza pensamentos que che producen malestar, párate uns segundos e fai algo para deter ese pensamento. Por exemplo, dar un pequeno golpe na cabeza, apretar os puños... apretar os ollos...
    • Podes tamén poñer posits de cores na túa habitación, mesa de estudo, nevera... con bromas, a infografía que está neste blog con cousas para manter a raia o coronavirus.
    • Outro exercicio que podes proba a facer é debuxar a curva da ansiedade, actividade proposta pola orientadora Rebeca no seu blog.  Fixate na ilustración:



Tamén quero que saibas, que todo esto que podes sentir, pásanos a todos os seres humanos. Ti non eres un bicho raro. 

Ata a túa familia pode experimentar estes medos. Só que ahora xa xogas con vantaxe, xa estás preparado para entendelos e ten en conta que incluso ás veces estes medos poden desencadear irritabilidade  rabia, e desesperación nestes días de tanta inseguridade e incertidumbre. Perdemos o control e a cabeza, que é ese comandante xeral, está fora de xogo. Estar na casa tantas horas xuntos, pode xerar roces  cos irmán, cos teus pais ou outros familiares. 

Por todo esto, se observas na casa algunha destas emocións, ten paciencia sobre todo cando haxa situacións de tensión. Mantente á marxe e busca o momento en que a situación se calme para xestionalo emocionalmente.

As persoas podemos compararnos coas árbores. Precisamos unhas raíces moi fortes para sobrevivir aos golpes do vento, das tormentas....( o coronavirus é unha delas ). Para fortalecer estas raíces temos que axudarnos uns os outros. Recorda #EstamosTodosNesto

Póñoche outra metáfora:

Xa sabes como son os cactus, están cheos de pinchos... e cando te achegas a eles ainda pinchan máis. Pois esto é o que nos pasa a moitos de nós e non nos damos conta de que pinchamos e pinchamos...

Non quero acabar, sen dicirche o importante que son as rutinas para manternos sans e fortes psíquicamente. Apórtannos sentido e seguridade ás nosas vidas e ainda máis se cabe nestes días. Insisto volve a darlle un vistazo á infografía que preparei para ti, por se aínda non a tes en ningún post. 

Fonte de consulta utilizada.

Este material  está elaborado por un grupo de psicólogas e poñen a disposición as súas contas de instagram para resolver calquer dúbida.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...