Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 4º ESO. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de mayo de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 4º DE ESO 

Escolle con sentidiño as materias de bacharelato. Olla ben os parámetros de orientación para poder subir nota nas ABAU. Mira e remira esta presentación para ir ó seguro.



sábado, 25 de abril de 2020

TELEORIENTANDO EN 4º DE ESO



Xa cubriches algun test OrientaLine no que chegabas a uns resultados:

  • Idoneidade de cursar un Bacharelato
  • Modalidade de bacharelato aconsellada
  • Grupo de carreiras aconsellables
  • Outras suxerencias 



Agora precisas ter informacón. Para esto nesta segunda actividade terás que ver un primeiro video no que aprenderás:  


  • Cálculo da nota media da etapa.
  • Matrícula de honra.
  • Opcións co título da  ESO e sen el.
  • Modalidades do bacharelato.
  • Tipos de materias no bacharelato.
  • Oferta de materias en 1º de Bacharelato.

É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, e comprobar o que aprendes. A vantaxe é, que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Tes unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en plantexar calquer dúbida, preguntar ou  facer comentarios. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas. 


domingo, 28 de abril de 2019

ESTOU EN 4º DE ESO. E DESPOIS, QUE FAGO?

Do 2 ao 22 de maio terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente,  da información que precisaS  para realizar unha axeitada elección. 

Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas DEFINITIVA. 

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubrades este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

RECORDA:  nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.

Se miras a  presentación poderás saber:
  • Percorrido do Sistema Educativo ata chegar a estudos superiores
  • Criterios de titulación
  • Nota media da etapa
  • Repetición de curso
  • Consello Orientador
  • Opcións ao rematar a ESO con título e sen título
  • O Bacharelato: modalidades, tipos de materias, vinculación cos estudos universitarios e de formación profesional
  • Parámetros de ponderación
  • Notas de corte e plazas en cada grao universitario no curso actual
  • Probas ABAU
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
  • Bachibac
  • Ensinanzas de réxime especial: Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas de Idiomas, Ensinanzas Deportivas
  • Outras opcións

lunes, 14 de mayo de 2018

QUE PODO FACER DESPOIS DE 4º DE ESO?


Esta é a presentación que se explicou nos grupos de 4º de ESO, con información sobre os seguintes aspectos: 
  • Criterios de titulación
  • Repetición de curso
  • Nota media da etapa e matrícula de honor
  • Consello Orientador
  • Bacharelato: acceso e modalidades
  • Criterios de promoción e repetición no bacharelato
  • Tipos de materias no bacharelato
  • Elección de materias en 1º de bacharelato
  • Relación das materias de bacharelato coas ramas de coñecemento dos graos universitarios
  • Parámetros de ponderación
  • As probas ABAU
  • O Bachibac
  • O Sistema Universitario en Galicia
  • A Formación Profesional Específica
  • As Ensinanzas de Réximen Especial
  • Outros estudos

miércoles, 17 de mayo de 2017

INFOMACIÓN SOBRE O BACHARELATO E O  ACCESO Á UNIVERSIDADE

Información que aparece neste documento:
  • Un organigrama do Sistema Educativo.
  • Modalidades e tipos de materias do bacharelato.
  • Continuidade das materias de 1º e 2º de bacharelato.
  • Itinerarios educativos do noso centro educativo.
  • Criterios de promoción e repetición.
  • Consideracións fudamentais da ABAU ( Avaliación Bacharelato Acceso Universidade )
  • Parámetros de Ponderación
  • Relación entre as ramas de coñecemento dos graos universitarios e algunhas materias do bacharelato
  • Sistema Universitario Galego

domingo, 1 de mayo de 2016

ORGANIZACIÓN DAS MATERIAS DE CUARTO DA EDUCACIÓN SECUNDARIA SEGUNDO A   LOMCE


4º ESO
ENSINANZAS ACADÉMICASENSINANZAS APLICADAS
MATERIAS TRONCAISMATERIAS TRONCAIS
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Académicas
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Titoría
Escoller dúas entre:
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Economía
  • Física e Química
  • Latín
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Aplicadas
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Titoría
Escoller dúas entre:
  • Ciencias aplicadas á Actividade Profesional
  • Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial
  • Tecnoloxía
MATERIAS ESPECÍFICAS
Escoller dúas:
  • Artes Escénicas e Danza
  • Cultura Científica
  • Cultura Clásica
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual
  • Filosofía
  • Música
  • Segunda Lingua Estranxeira
  • Tecnoloxías da Información e da Comunicación
  • Unha materia do bloque de materias troncais non cursada
MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA
  • Lingua Galega e Literatura

Lexislación que regula a distribución das materias neste curso:

jueves, 8 de mayo de 2014

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...