EMPEZANDO O CURSO
Esta presentación contén aquela información que nos parece máis relevante con motivo do inicio de curso. Son cuestións básicas que as familias deberían coñecer sobre:
- Organización:horarios de entrevistas co titor/a, funcionamento e normativa do centro, criterios de promoción, avaliacións, calendario.
- Suxerencias de colaboración e participación dos pais no centro e no desenvolvemento académico dos alumnos.
- Outras cuestións de interese.
Aproveito tamén, para lembrar outras características específicas da etapa, segundo os distintos cursos e outras máis xerais
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Recordar que aumenta o número de materias con respecto á Educación Primaria, sendo estas:
Educación Plástica e Visual |
Investigación e Tratamento da Información/Programación |
Francés |
Unha hora semanal de Titoría |
É IMPORTANTE saber que a exención de Francés dedícese por lei no centro de secundaria, cando comezan as clases e tras revisar os seus expedientes e segundo os informes de Primaria.
Aumenta o número de profesores que imparten clase: un profesor por materia.
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO
As materias novas en 2º curso son:
Física e Química |
Tecnología |
Música |
Oratoria/Educación Financieira |
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO:
As materias optativas son: Relixión e Cultura Clásica.
Diferéncianse dous tipos de Matemáticas. As que están orientadas ás ensinanzas académicas e aplicadas. Esta elección non é vinculante para 4º de ESO
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
Destacar a importancia de acadar o título de ESO e do cerca que están para elo. Se a situación continúa a ser como o curso pasado independentemente do itinerario cursado en 4º ( académico ou aplicado) poderán escoller bacharelato ou FP.
SECCIÓN BILINGÜE E PLAN PLURILINGÜE
Como xa comprobastes, no noso centro impártese unha sección bilingüe en Física e Química e temos un Plan Plurilingüe na materia de Ciencias Sociais en Francés. Aínda que no documento de matrícula existe a posibilidade de solicitalo, non é acosellable para todo aquel alumnado que ten dificultades nas linguas ou que esté a recibir algunha medida de atención á diversidade.
PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES
Lembrar a existencia do plan de recuperación de pendentes no curso seguinte: exames parciais e finais, boletíns de traballo, atención personalizada en reunións cos xefes do departamento, materias de avaliación continua.
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Dentro das medidas de atención á diversidade, a lexislación contempla a posibilidade de cursar en 2º ou 3º de ESO un Programa de Mellora do Aprendizaxe e Rendemento Académico. Para poder impartirse require que haxa un número determinado de alumnos proposto polos equipos educativos. Aínda que sí houbo algunha proposta, non houbo alumnado suficiente para formar grupo. Outra das medidas que recolle a normativa son os agrupamentos específicos que iniciamos o ano pasado e seguimos a continuar no presente curso.
SABER DETECTAR O ACOSO ESCOLAR
O Colexio Oficial de Psicólogos elaborou unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Dentro da comunidade educativa as familias son as máis vulnerables. Moitas veces non saben que facer e/ou a quen dirixirse ante esta problemática. Téndese a pensar ás veces que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas.